Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2021 pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación puntual número 1 do proxecto sectorial do parque empresarial do Pousadoiro, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), aprobada mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de febreiro de 2021.

En cumprimento do disposto na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise pública a aprobación definitiva, mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de febreiro de 2021, da modificación puntual número 1 do proxecto sectorial do parque empresarial do Pousadoiro, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), así como das súas disposicións normativas modificadas, para a súa entrada en vigor.

Modifícase o seguinte artigo, que queda como segue:

Artigo 1. Artigo 4.1. Zona industrial

Condicións de edificación:

Tipo A

Tipo B

Tipo C

Superficie

1.000 m2-6.000 m2

6.001-20.000 m2

>20.000 m2

Ocupación máxima

70,00 %

70,00 %

70,00 %

Edificabilidade

0,80 m2/m2

0,80 m2/ m2

0,85 m2/m2

Altura máxima

11 m

16 m

11 m

– Ocupación mínima de parcela: 30 % da parcela, deducidas as zonas de recuamento de fachada a a aliñación de estremas.

– Recuamentos mínimos: os definidos no plano nº P.2.2.1 definición xeométrica e retranqueos.

– Nas parcelas de tipo A a ocupación máxima será a resultante de aplicar os recuamentos definidos no plano correspondente.

– Espazos libres no interior da parcela. Poderán destinarse a aparcadoiro, espazos de carga e descarga e/ou zona axardinada. Poderá, así mesmo, dedicarse á instalación de tanques de combustible.

Prohíbese utilizar estes espazos como depósito de materiais ou vertedoiro de desperdicios.

– Alturas fóra das normas. Permítense os elementos ornamentais de remate de cuberta e os que correspondan a escaleiras, aparellos elevadores ou elementos propios das instalacións do edificio (tanques de almacenamento, acondicionadores, torres de procesos, paneis de captación de enerxía solar, chemineas, etc.), que terán unha altura libre de acordo coa súa función e deseño.

• Engádese o seguinte articulado:

Artigo 41.1. Para a execución de obras e instalacións no contorno das estradas autonómicas, establécese como requisito previo ao outorgamento da licenza municipal a realización dos estudos necesarios para a determinación dos niveis sonoros esperables, así como para o establecemento das limitacións á edificabilidade ou da obrigatoriedade de dispor dos medios de protección acústica necesarios, en caso de superarse os limiares recomendados, segundo o establecido na normativa básica estatal en materia de ruído ou na correspondente normativa autonómica de desenvolvemento.

Artigo 41.2. Deberase asegurar a protección dos bens do patrimonio cultural e, concretamente, o concernente ao conxunto do pazo de Santo Antonio segundo as exixencias da Lei de patrimonio cultural de Galicia, e en especial, dos seus artigos 45 e 46.

Artigo 41.3. Deberase crear unha zona de amortecemento entre o conxunto do pazo de Santo Antonio e as naves máis próximas a el, empregando elementos vexetais que reduzan o impacto das naves.

A devandita documentación poderá consultarse na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada).

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo