Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21173

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 20 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

BDNS (Identif.): 546169.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da Orde do 20 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 15 de xaneiro de 2021, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de presentación da solicitude única

O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2021, iníciase o 1 de febreiro e finalizará o día 15 de maio, ambos incluídos.

Segundo. Prazo de presentación da modificación da solicitude única

Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán presentar solicitudes de modificación ata o día 15 de xuño incluído.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria