Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21730

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2021 pola que se regulan as bases para a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma durante os anos 2021 e 2022, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981B).

O artigo 27.11 do Estatuto de autonomía de Galicia sinala como competencia exclusiva da Comunidade Autónoma de Galicia a promoción e ordenación do turismo dentro da Comunidade.

O Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia terá como obxectivo impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da comunidade.

A importancia do turismo no tecido económico e social de Galicia, así como o incremento da calidade do sector turístico, son considerados elementos primordiais para o crecemento sostido das cotas de competitividade, o que require a realización dun esforzo continuado na formación dos recursos humanos para adaptar as novas demandas ás actuacións dos titulados que inician a súa actividade neste sector.

Entre as iniciativas levadas a cabo neste eido, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, vén dedicando desde o ano 1999 parte dos seus recursos en materia turística á convocatoria de bolsas para que, a través da realización de prácticas na Rede de oficinas españolas de turismo no estranxeiro dependentes do Instituto de Turismo de España (Turespaña), se formen expertos en promoción exterior do turismo e se estableza unha base de apoio á captación de demanda turística a Galicia.

Á vista dos frutíferos resultados obtidos nas anteriores edicións, a Axencia Turismo de Galicia considera de interese continuar con esta medida e seguir fomentando a colaboración desenvolvida na cal se considera prioritario afondar na organización cooperativa de accións en materia de investigación, en particular mediante a formación de bolseiros, o cal se articula a través dun convenio de colaboración asinado entre Turespaña e a propia Axencia.

Atendendo a estas consideracións xerais, e en virtude das competencias que me foron atribuídas, e por proposta da Axencia Turismo de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Convocatoria e bases reguladoras

Aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma durante os anos 2021 e 2022 (código de procedemento TU981B).

Convocar de acordo coas devanditas bases reguladoras a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma.

Segundo. Solicitudes

1. Para poder ser persoa beneficiaria da bolsa deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo III desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 7 das bases reguladoras.

2. As solicitudes deberán presentarse na forma e no prazo establecidos no artigo 6 das bases reguladoras.

Tercero. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Cuarto. Información aos/ás interesados/as

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://www.turismo.gal/canle-institucional

b) Os teléfonos: 981 54 25 67 e 981 54 74 06 ou enderezo electrónico: proxectos.turismo@xunta.gal.

c) Presencialmente: Axencia Turismo de Galicia, Área de Calidade e Proxectos Europeos: estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela.

d) Guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia:
https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención ao presentar os formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.es. Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico proxectos.turismo@xunta.gal.

Quinto. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Sexto. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2021

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo
en Roma durante os anos 2021 e 2022 (código de procedemento TU981B)

Artigo 1. Obxecto, finalidade e duración da bolsa

Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma.

O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2021 e 2022 cunha duración máxima de 18 meses, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira.

A data prevista de incorporación do/da bolseiro/a ao seu destino é o 1 de xullo de 2021, estando condicionada á dispoñibilidade na oficina da Consellería de Turismo en destino, manténdose en todo caso a duración total de 18 meses contados a partir da data de incorporación.

Debido á situación provocada pola COVID-19 poderíanse producir cambios na data de incorporación á bolsa o que sería comunicado en tempo e forma ás persoas interesadas.

Para poder ser persoa beneficiaria da bolsa deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo III desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 7 das bases reguladoras.

Artigo 2. Importe e financiamento da bolsa

A Axencia Turismo de Galicia financiará esta bolsa con cargo ás aplicacións orzamentarias 05.A2.761A.480.0 (39.396,96 euros) e 05.A2.761A.484.0 (cotas da Seguridade Social 1.187,64 euros) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2021 e 2022. A contía máxima prevista será de corenta mil cincocentos oitenta e catro con sesenta euros (40.584,60 euros), que se distribuirá do seguinte xeito:

Anualidade 2021:

05.A2.761A.480.0: 13.132,32 euros.

05.A2.761A.484.0: 395,88 euros.

Anualidade 2022:

05.A2.761A.480.0: 26.264,64 euros.

05.A2.761A.484.0: 791,76 euros.

2. A dotación económica da bolsa será a que se indica no seguinte cadro:

Cidade de destino

Nº de bolsas

Dotación euros (total)

Roma

1

40.584,60 €

Na dotación da bolsa están incluídos os gastos de desprazamento (ata e desde o lugar de destino) e o seguro de accidentes e de responsabilidade civil obrigatorio.

3. Aboamento da axuda: realizaranse catro pagamentos unha vez recibidos de conformidade os documentos que se especifican a continuación a través do modelo normalizado que se inclúe como anexo VI desta resolución. O primeiro pagamento será do 20 % do importe total da bolsa, e realizarase unha vez que a persoa bolseira estea incorporada efectivamente ao seu destino; os dous pagamentos seguintes serán ao 35 % respectivamente, e o cuarto pagamento será do 10 % da bolsa, unha vez finalizadas as prácticas. En ningún caso, o importe dos referidos pagamentos pode exceder o límite previsto en cada anualidade orzamentaria. Ademais, en todos os pagamentos se efectuará a correspondente retención á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas.

3.1. Primeiro pagamento: para o seu aboamento é necesario achegar a seguinte documentación:

a) Declaración responsable, segundo o modelo do anexo V desta resolución, de:

– Non ter ingresos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria ou percepción de prestación ou subsidio por desemprego no momento de incorporación ao lugar de destino da bolsa.

– Non ter solicitada nin concedida ningunha outra subvención, axuda ou ingreso para este mesmo proxecto ou conceptos para os que solicita a bolsa. No caso de que durante a vixencia da bolsa de formación concedida na Axencia Turismo de Galicia, deixase de cumprir a condición anterior por pasar a percibir calquera xénero de compensación económica, obrígase expresamente a poñelo en coñecemento do devandito centro directivo, causando baixa na percepción da bolsa.

– Non ter sido adxudicataria/o da mesma bolsa de formación en edicións anteriores ou ter renunciado á bolsa salvo por causas de forza maior debidamente xustificadas.

c) Copia da tarxeta sanitaria europea e da póliza de seguro, de accidentes e responsabilidade civil, válidas no país onde se realicen as prácticas e que cubran a totalidade do período de duración da bolsa.

d) Copia do billete ata o lugar de destino.

3.2. Pagamentos intermedios (segundo e terceiro): para o seu cobramento será requisito ter presentado:

a) Certificación, expedida polo director ou responsable da oficina onde se realicen as prácticas conforme leva a cabo a súa actividade cun nivel de rendemento satisfactorio.

b) Informe trimestral a que fai referencia o artigo 16.4 desta resolución.

3.3. Pagamento final: para o cobramento do derradeiro pagamento hai que presentar:

a) Certificación expedida polo director ou responsable da oficina onde se realicen as prácticas no mesmo sentido do punto anterior.

b) Memoria realizada pola persoa bolseira visada polo director ou responsable de oficina cunha descrición das tarefas realizadas durante o período de formación e o balance dos resultados obtidos.

4. Os pagamentos primeiro, segundo e terceiro terán o carácter de pagamentos á conta segundo o disposto no artigo 62 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. De conformidade co disposto no número 2 do referido artigo 62 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o importe conxunto dos pagamentos á conta que se concederan non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario, salvo autorización previa do Consello da Xunta de Galicia.

5. De conformidade co disposto no artigo 65.4.f) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), as persoas beneficiarias de bolsas quedan exentas da obriga de constituíren garantía.

6. Durante o tempo de duración da bolsa a persoa bolseira quedará incluída no réxime xeral da Seguridade Social, de acordo co establecido no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación.

Artigo 3. Obxectivo da bolsa

O obxectivo da bolsa é fomentar o perfeccionamento profesional do/da bolseiro/a mediante a realización de prácticas formativas de especialización en mercados turísticos emisores con suxeición as indicacións que lle transmita o titor que teña asignado e a dirección da oficina de destino.

Artigo 4. Condicións xerais

A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

A bolsa será indivisible e improrrogable. Será tamén incompatible con calquera outra bolsa concedida para o mesmo período e con calquera actividade laboral ou remunerada.

O/a adxudicatario/a, no momento de inicio da bolsa, non poderá ser perceptor de salarios ou outros ingresos que impliquen vinculación contractual ou estatutaria. A bolsa é incompatible coa percepción de prestación ou subsidio por desemprego.

As persoas solicitantes non poderán estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para obter subvencións do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A concesión e goce da bolsa non supoñerán vinculación civil, laboral ou funcionarial, entre a persoa bolseira e a Axencia Turismo de Galicia.

A esta bolsa non lle será aplicable o Estatuto do persoal investigador en formación.

Artigo 5. Persoas beneficiarias

Poden solicitar a concesión da bolsa as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

1. Nacionalidade: ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.

2. Titulación: estar en posesión na data de aceptación da bolsa dun grao universitario ou titulación homologada ou equivalente ou xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do título.

O título achegado, non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2015. Tamén serán admitidos/as aqueles/as candidatos/as cuxa titulación fose obtida nunha data anterior e estean en posesión dun mestrado universitario relacionado directamente co turismo expedido a partir do 1 de xaneiro de 2015.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, deberan estar validados ou recoñecidos oficialmente polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

3. Linguas:

a) Galego: os solicitantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

b) Outras linguas:

O coñecemento da lingua acreditarase mediante certificación dunha institución académica oficial. O nivel mínimo será o seguinte:

– Nivel B1 en italiano.

4. En ningún caso poderán ser persoas beneficiarias desta bolsa aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios dela en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios da bolsa e que renunciasen a ela salvo por causas de forza maior debidamente xustificadas.

Artigo 6. Solicitudes e prazo

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de diez (10) días, e indicaralle que, se así non o fixer, se lle terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 7. Documentación complementaria

Para poder ser persoa beneficiaria da bolsa é necesario presentar a seguinte documentación:

1. Solicitude: anexo III. Neste anexo inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) Declaración de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se presentan son certos.

b) Declaración responsable de non estar a persoa incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

c) Declaración de non atoparse a persoa incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia de conformidade co artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Declaración responsable das axudas de bolsas solicitadas ou concedidas polas administracións públicas, ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para o mesmo período.

2. Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Copia do pasaporte no caso de nacionais da Unión Europea residentes fóra de España e que non posúan NIE.

b) Se é o caso, certificación do pagamento dos dereitos de expedición dos títulos universitarios. No caso de presentar un título estranxeiro será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.

c) Certificación académica persoal de carácter oficial do título universitario con que se presenta á selección. Deberase presentar certificado expedido pola universidade en que conste a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no Real decreto 1125/2003 (ata 10 puntos).

d) Copia dos documentos acreditativos computables dos méritos alegados.

e) Relación de méritos puntuables conforme o anexo VII das bases reguladoras. En ningún caso se achegará documentación relativa a méritos non susceptibles de valoración. Non serán computables aqueles méritos que non estean convenientemente xustificados.

f) Copia do certificado do Celga 4 expedido polo centro educativo correspondente.

g) Copia das certificacións oficiais do nivel de idiomas.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Sen prexuízo do disposto no parágrafo 1, a Axencia Turismo de Galicia poderá requirir o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

7. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

8. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días e indicaralle que, se non o fai, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– NIF da entidade representante.

– Título oficial universitario.

– Título oficial non universitario.

– Certificado do Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar as certificacións de estar ao día nas citadas obrigas.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 11. Comisión de valoración

Unha Comisión de Valoración nomeada pola persoa titular da dirección da Axencia Turismo de Galicia será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo 12 e emitirá un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada. A Comisión de Valoración poderá contar co asesoramento de expertos externos que terán voz pero non voto nas sesións en que participen.

1. A Comisión de Valoración estará composta por tres membros todos eles con voz e voto:

a) Presidente: a persoa titular da dirección con competencias en materia de competitividade da Axencia Turismo de Galicia, ou persoa en quen delegue.

b) Secretario: un/unha xefe/a de área da Axencia Turismo de Galicia.

c) Vogal: unha persoa designada pola persoa titular da dirección con competencias en materia de competitividade da Axencia de Turismo de Galicia entre o persoal de área da Axencia Turismo de Galicia.

2. No informe que elabore a Comisión de Valoración farase constar a puntuación obtida polos candidatos no conxunto da probas ordenado de maior a menor. O informe será remitido ao órgano instrutor do procedemento.

Artigo 12. Avaliación e selección das solicitudes

A puntuación máxima que se pode acadar será de 100 puntos.

A comisión fará a avaliación dos coñecementos e aptitudes dos candidatos de acordo cos seguintes criterios:

1.1. Curriculum vitae: máximo 60 puntos.

Formación

Máximo 60 puntos

Expediente académico

(máximo 10 puntos)

Pola nota media do título universitario con que concorre á bolsa segundo o manifestado no anexo VII

– 2 puntos para a cualificación de ben

– 5 puntos para a cualificación de notable

– 10 puntos para a cualificación de sobresaliente ou matrícula de honra

Mestrado/doutoramento

(máximo 15 puntos)

– 15 puntos por mestrado ou doutoramento universitario relacionado con turismo

Diplomatura ou grao en turismo (máximo 15 puntos)

– 15 puntos por unha diplomatura ou grao en turismo

Licenciatura/grao ou mestrado extra (máximo 5 puntos)

– 5 puntos por outras titulacións universitarias de grao ou equivalente, distintas do título universitario con que concorre á bolsa

– 2 puntos por mestrado universitario

Outros estudos relacionados con turismo (máximo 5 puntos)

– 3 puntos por curso de posgrao universitario relacionado con turismo

– 3 puntos por curso de experto ou especialización universitaria ou equivalente en materia de turismo

– 2 puntos por técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas ou equivalente

– 2 puntos por técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos ou equivalente

Idiomas (máximo 20 puntos)

Idioma

Puntuacións por idiomas

B1

B2

C1

C2

Inglés

3

7

10

15

Italiano

0 *

7

10

15

Outros idiomas

2

6

8

12

* Requisito mínimo (non puntuable): as puntuacións por niveis dunha mesma lingua non son acumulativas

1.2. Probas. Máximo 20 puntos.

Test de coñecementos turísticos

Ata 15 puntos

Caso práctico sobre coñecementos turísticos

Ata 5 puntos

1.2.1. O test de coñecementos consistirá nun cuestionario tipo test cun máximo de 50 preguntas sobre as materias incluídas nos temas 1 a 12 do anexo II.

1.2.2. O caso práctico sobre coñecementos turísticos será unha proba escrita sobre as materias incluídas nos temas 13, 14 e 15 do anexo II.

A Comisión de Valoración determinará o nivel mínimo necesario para superar ambas as probas. Os candidatos que non superen as probas quedarán automaticamente excluídos do proceso de selección.

1.3. Entrevista persoal. Máximo 20 puntos.

Coa entrevista preténdese afondar sobre os coñecementos das persoas candidatas sobre os seguintes puntos:

– Coñecementos sobre Italia como mercado emisor de turismo.

– Principais recursos e produtos turísticos de Galicia.

– Comercialización e promoción en destino dos devanditos produtos.

Tamén serán valoradas as súas aptitudes persoais e aqueloutras circunstancias que se consideren de interese para o futuro desenvolvemento da bolsa. A Comisión de Valoración poderá formular preguntas na lingua do destino.

As persoas candidatas que non se presenten á entrevista quedarán automaticamente eliminadas do procedemento de selección. No caso de ser necesario, poderase realizar a entrevista persoal por videoconferencia.

Artigo 13. Instrución do procedemento e tramitación

1. A competencia para resolver as solicitudes de concesión da bolsa, presentadas ao abeiro desta convocatoria, corresponderalle á persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia.

2. O órgano instrutor do procedemento será a Dirección de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia, que de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, realizará cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

3. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección de Competitividade, aprobará as listaxes provisionais coas persoas aspirantes admitidas e excluídas que será publicada no taboleiro de anuncios da páxina web de Turismo de Galicia e nos lugares determinados pola normativa vixente, con indicación dos seus apelidos, nome e número de documento nacional de identidade e das causas determinantes das exclusións que procedan.

As/os aspirantes excluídas/os disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderase implícita coa publicación da listaxe definitiva de aspirantes admitidas/os e excluídas/os. Estas listaxes publicaranse na páxina web de Turismo de Galicia.

Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A Comisión de Valoración convocará os candidatos admitidos á realización das correspondentes probas. A data e o lugar da celebración das probas e da entrevista publicaranse no taboleiro de anuncios da páxina web da Axencia Turismo de Galicia
http://www.turismo.gal/canle-institucional/actualidade/taboleiro-de-anuncios.

5. A concorrencia á proba de coñecementos e á entrevista persoal é obrigatoria. As persoas candidatas que non se presenten ás probas ou á entrevista serán automaticamente excluídas do procedemento de selección.

6. A comisión valorará os méritos alegados polos candidatos conforme o baremo indicado nas bases e formulará un informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada e a puntuación obtida, que será remitida ao órgano instrutor.

7. Á vista do informe da Comisión de Valoración o órgano instrutor elaborará unha proposta de resolución provisional coas puntuacións obtidas que deberá ser notificada aos interesados para que nun prazo de dez (10) dez días poidan presentar alegacións.

8. Transcorrido o trámite de audiencia, e examinadas as alegacións aducidas de ser o caso polos/as interesados/as, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución definitiva onde consten as puntuacións definitivas dos/das candidatos/as ordenadas de maior a menor e proporá para a adxudicación da bolsa a aquel/a candidato/a que obtivese a mellor puntuación.

No caso de empate na puntuación obtida, este resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido das persoas candidatas, comezando pola letra resultante no sorteo realizado en cumprimento do disposto no Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021. Elaborarase unha lista de reserva para o caso de que haxa renuncias á bolsa.

9. A proposta de resolución definitiva seralle notificada á persoa adxudicataria que disporá dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se teña producido manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada. Se a persoa beneficiaria non acepta expresamente a bolsa, esta concederase á/ao seguinte candidata/o con mellor puntuación da lista de reserva.

10. A proposta de resolución definitiva será remitida á persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, que no prazo máximo de quince días resolverá o procedemento de concesión. O prazo máximo para a tramitación e resolución da concesión da bolsa será de cinco meses, desde a data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

11. A resolución da persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

12. A resolución de concesión da bolsa seralle notificada á persoa interesada que poderá renunciar a ela usando o modelo do anexo IV. Se a persoa beneficiaria renuncia expresamente á bolsa, esta concederase á/ao seguinte candidata/o con mellor puntuación da lista de reserva do destino correspondente. Se nalgún dos destinos non hai candidatos na lista de reserva, poderase ofrecer a bolsa ao/á candidato/a con mellor puntuación xeral no conxunto das probas con independencia do destino solicitado.

13. Se durante o desenvolvemento das prácticas se produce unha vacante ou renuncia por parte da persoa beneficiaria, procederase á cobertura desta seguindo a orde establecida nas correspondentes listas de reserva en función da puntuación obtida.

Artigo 14. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 15. Publicidade

A anterior resolución, así como os datos que deban notificarse de forma conxunta, publicaranse na páxina web da Axencia Turismo de Galicia http://www.turismo.gal/canle-institucional/actualidade/taboleiro-de-anuncios.

Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os seus efectos.

Artigo 16. Obrigas da persoa beneficiaria

Ademais das obrigas previstas polo artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa seleccionada queda obrigada pola aceptación da bolsa a:

1. Aceptar en todos os seus termos esta resolución. A comprobación de datos non axustada á realidade, tanto na solicitude como na documentación achegada, poderá supoñer a denegación ou revogación da axuda.

2. Subscribir un seguro de accidentes e de responsabilidade civil válidos no país onde se realicen as prácticas e que cubran a totalidade do período de duración da bolsa, ou ben acreditar por calquera medio admitido en dereito dispor da devandita cobertura.

3. Obter pola súa conta o visado necesario para o acceso e permanencia no país de destino durante o período de goce da bolsa, así como respectar a lexislación correspondente en materia de visados.

Ademais, deberá residir no lugar de destino durante o período da bolsa e non ausentarse deste sen previa comunicación e autorización previa do/da titor/a.

4. Realizar as actividades encomendadas e a cumprir o horario indicado polo/a seu/súa titor/a e a dirección da oficina de destino. Debe remitir á Axencia Turismo de Galicia informes trimestrais sobre as tarefas realizadas e os resultados obtidos e, ao remate da bolsa, presentará unha memoria final sobre as actividades desenvolvidas visada polo/a titor/a ou responsable da oficina onde se realizaron as prácticas con inclusión das melloras que consideren oportunas.

5. Comezar o goce da bolsa dentro do prazo que se sinala en cada caso e desenvolver o seu labor sen que ningún outro compromiso anterior ou futuro o impida ou dificulte.

6. Manter un comportamento que en ningún caso implique un prexuízo para os intereses da Xunta de Galicia nin para a imaxe exterior de Galicia e España.

7. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas de Galicia.

8. Todos os estudos, informes e demais documentos que xere a persoa bolseira durante o desenvolvemento da súa formación quedarán á disposición da Axencia Turismo de Galicia e de Turespaña, as cales serán titulares dos dereitos de explotación e demais relativos á propiedade intelectual dos estudos e informes. A persoa bolseira deberá aceptar por escrito esta atribución de dereitos a favor das devanditas entidades antes da súa incorporación ao país de destino.

Artigo 17. Certificado de aproveitamento

O/a titor/a ou persoa competente na Axencia Turismo de Galicia expedirá un certificado sobre asistencia e aproveitamento da bolsa.

Artigo 18. Incidencias

A Axencia Turismo de Galicia resolverá todas as dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

En calquera momento, a persoa responsable da oficina correspondente ou o/a titor/a poderá propoñerlle á Dirección da Axencia Turismo cancelar a bolsa por falta de rendemento da persoa beneficiaria, incumprimento do plan de actuación aprobado ou inadaptación ás normas de funcionamento da OET. A Dirección da Axencia Turismo de Galicia, logo de dar trámite de audiencia ao/á interesado/a, poderá revogar a concesión da bolsa por incumprimento das obrigas contraídas pola persoa adxudicataria.

A Axencia Turismo de Galicia poderá autorizar a interrupción temporal da bolsa, logo da incorporación do/da bolseiro/a ao destino adxudicado por motivos de forza maior. Se a interrupción supera o 10 % do tempo total de duración da bolsa suporá a súa revogación.

A renuncia durante o goce da bolsa inhabilitará a persoa adxudicataria para os efectos de presentación nas seguintes convocatorias, agás nos casos de forza maior, que serán valorados pola Axencia Turismo de Galicia.

O incumprimento dos compromisos adquiridos de acordo coas bases precedentes dará lugar á revogación da axuda concedida e, de ser o caso, á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto na lexislación vixente. Así mesmo, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa obxecto desta resolución e a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 19. Remisión normativa

En todo o non recollido na presente orde aplicarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia, na Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións, e no seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2007, do 21 de xullo, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificada pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, e na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade correspondente.

ANEXO II

Temario

Tema 1. Principais recursos do patrimonio arquitectónico en Galicia.

Tema 2. Principais recursos do patrimonio cultural inmaterial galego, en especial o folclore.

Tema 3. A gastronomía galega.

Tema 4. Historia de Galicia. Principais feitos históricos.

Tema 5. Elementos principais da rede de museos e centros de interpretación de Galicia.

Tema 6. Os tramos galegos dos Camiños de Santiago.

Tema 7. Áreas naturais no litoral: rías, illas e praias, zonas húmidas e areais, acantilados.

Tema 8. Áreas naturais do interior: as montañas, os vales fluviais, os bosques e as lagoas.

Tema 9. As cidades e vilas galegas como focos de atracción turística.

Tema 10. Os novos produtos turísticos de Galicia (turismo termal, rural, de congresos e convencións, náutico, golf, turismo activo e de natureza, etc.).

Tema 11. Competencias da Administración do Estado e da Xunta en materia turística.

Tema 12. A Administración turística en Galicia. Órganos e funcións.

Tema 13. Nocións básicas sobre planeamento de destinos turísticos.

Tema 14. Ferramentas de promoción e comercialización de produtos e paquetes turísticos

Tema 15. Estratexias de promoción e comercialización de Galicia como destino turístico.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file