Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21759

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 19 de abril de 2021 pola que se regulan as bases para a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma durante os anos 2021 e 2022, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981B).

BDNS (Identif.): 559602.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das bolsas as persoas que reúnan os requisitos previstos no artigo 5 das bases reguladoras.

Segundo. Obxecto e réxime

Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma.

O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2021 e 2022 cunha duración máxima de 18 meses, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 19 de abril de 2021 pola que se regulan as bases para a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma durante os anos 2021 e 2022, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981B).

Cuarto. Importe

A Axencia Turismo de Galicia financiará esta bolsa con cargo ás aplicacións orzamentarias 05.A2.761A.480.0 (39.396,96 euros) e 05.A2.761A.484.0 (cotas da Seguridade Social 1.187,64 euros) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2021 e 2022. A contía máxima prevista será de corenta mil cincocentos oitenta e catro con sesenta euros (40.584,60 euros), que se distribuirá do seguinte xeito:

Anualidade 2021:

05.A2.761A.480.0: 13.132,32 euros.

05.A2.761A.484.0: 395,88 euros.

Anualidade 2022:

05.A2.761A.480.0 : 26.264,64 euros.

05.A2.761A.484.0: 791,76 euros.

A dotación económica da bolsa será a que se indica no seguinte cadro:

Cidade de destino

Nº de bolsas

Dotación euros (total)

Roma

1

40.584,60 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Sexto. Aboamento das axudas

O primeiro pagamento será do 20 % do importe total da bolsa e realizarase unha vez que a persoa bolseira estea incorporada efectivamente ao seu destino; os dous pagamentos seguintes serán o 35 % respectivamente; o cuarto pagamento será o 10 % da bolsa, unha vez finalizadas as prácticas.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2021

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia