Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23092

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 29 de abril de 2021 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares da policía local.

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares da policía local mediante a Orde do 29 de marzo de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 65, do 8 de abril, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares da policía local, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

Proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares da policía local

Tribunal titular:

Presidencia:

Ignacio Saiz Martín.

Fiscal na Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaría:

Susana Martín Iglesias, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección na Agasp.

Vogais:

Óscar Manuel Sánchez Vázquez, oficial do Corpo da Policía Local do Concello de Vigo.

Ana María Pájaro Lago, policía local do Corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Tribunal suplente:

Presidencia:

María Ramos Canosa.

Fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaría:

Ángel Ruibal Pérez, inspector principal da Policía Local do Concello de Pontevedra.

Vogais:

Diego Negral Fernández, oficial do Corpo da Policía Local do Concello da Culleredo.

Begoña del Río Martínez, policía local do Corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Luis Castedo Balsa, xefe do Servizo de Formación en Emerxencias da Academia Galega de Seguridade Pública.