Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23089

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 1 de setembro de 2020 (publicado no BOE do 17 de setembro mediante a Resolución do secretario xeral de Universidades do 3 de setembro de 2020).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade
pola Universidade da Coruña; a Universidade de Santiago de Compostela
e a Universidade de Vigo (4ª ed.)

Código RUCT: 4317354.

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

21

Optativas

24

Prácticas externas OB

6

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Prospección Arqueolóxica

Obrigatorio

3

Módulo xeral

Procesado e Xestión da Evidencia Arqueolóxica

Obrigatorio

3

Paleoambiente e Arqueoloxía

Obrigatorio

3

Lexislación e Xestión da Actividade Arqueolóxica

Obrigatorio

3

Patrimonio Arqueolóxico e Sociedade

Obrigatorio

3

Escavación Arqueolóxica

Obrigatorio

3

Iniciación á Investigación en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade

Obrigatorio

3

Ocupación do Territorio no Noroeste Peninsular

Optativo

3

Módulo de Arqueoloxía

Arqueoloxía Pública

Optativo

3

Etnoarqueoloxía e Arqueoloxía Experimental

Optativo

3

Tecnoloxías Xeoespaciais en Arqueoloxía

Optativo

3

Cultura Material Pre e Protohistórica

Optativo

3

Cultura Material Romana e Tardoantiga

Optativo

3

Necrópoles e Restos Humanos

Optativo

3

Arqueoloxía de Mesopotamia

Optativo

3

Técnicas Instrumentais e Cronolóxicas en Arqueoloxía

Optativo

3

Arqueoloxía da Paisaxe

Optativo

3

Cultura Material Medieval e Moderna

Optativo

3

Arqueobotánica

Optativo

3

Zooarqueoloxía

Optativo

3

A Romanización en Occidente

Optativo

3

Módulo de Historia do mundo clásico

Fontes Literarias para a Historia do Mundo Clásico

Optativo

3

Formas Políticas da Antigüidade Grecorromana

Optativo

3

Historia da Arte Grega

Optativo

3

Epigrafía Latina

Optativo

3

Historia das Relixións Antigas

Optativo

3

Historia Antropolóxica do Mundo Antigo

Optativo

3

Traballo fin de máster

Obrigatorio

9

Prácticum e traballo fin de máster

Prácticum

Obrigatorio

6

Este máster prevé dúas especialidades:

– Especialidade en Arqueoloxía.

– Especialidade en Historia do Mundo Clásico.

Para obter o título nunha especialidade, o alumno deberá cursar un mínimo de 18 créditos optativos do correspondente módulo da especialidade elixida. Se non cumpre este requisito, poderase titular no máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade sen especialidade.