Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23086

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 1 de setembro de 2020 (publicado no BOE do 17 de setembro pola Resolución do secretario xeral de universidades do 3 de setembro de 2020).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Código RUCT: 4317355.

Rama de coñecemento: ciencias da saúde.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias ................................................

21

Optativas ....................................................

18

Prácticas externas OB................................

6

Traballo fin de máster.................................

15

Créditos totais.............................................

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Introdución á Nanociencia e Nanotecnoloxía

6.00

OB

Módulo básico

Materiais e as súas propiedades: de macro a nano

3.00

OB

Ciencia de superficies e coloides

3.00

OB

Introdución ás técnicas de preparación e caracterización de nanoestruturas

3.00

OB

Fundamentos da Bio-Nanotecnoloxía

3.00

OB

Planificación estratéxica e xestión de proxectos

3.00

OB

Simulación computacional

3.00

OP

Tecnoloxía de nanomateriais

Nanoelectrónica: conceptos, materiais e aplicacións

3.00

OP

Nanomagnetismo: conceptos, materiais e aplicacións

3.00

OP

Nanofotónica: conceptos, materiais e aplicacións

3.00

OP

Nanomecánica: dispositivos electromecánicos e aplicacións estruturais

3.00

OP

Nanocatálise: conceptos, materiais e aplicacións

3.00

OP

Modelización computacional de biomateriais

3.00

OP

Bio-Nanotecnoloxía

Nanoterapia I: sistemas de liberación de substancias activas

3.00

OP

Nanoterapia II: nanoterapia física e nanotecnoloxías en produtos sanitarios

3.00

OP

Diagnóstico e Nanoteranose

3.00

OP

Nanofabricación e Rexeneración Tisular

3.00

OP

Nanotoxicoloxía e Ecotoxicoloxía

3.00

OP

Prácticas externas

6.00

OB

Prácticas externas e traballo fin de máster

Traballo fin de máster

15.00

OB

O máster en Nanociencia e Nanotecnoloxía non prevé especialidades, pero si ofrece dous itinerarios que poden axudar a configurar as preferencias do alumnado:

a) Itinerario orientado á formación en Tecnoloxía de Nanomateriais, que cobre: simulación computacional, nanoelectrónica, nanomagnetismo, nanofotónica, nanomecánica e nanocatálise.

b) Itinerario orientado á formación en Bio-Nanotecnoloxía, que abranxe: modelización computacional de biomateriais, nanoterapia, prevención, diagnóstico, nanoteranose (nanoteragnóstico), nanofabricación e rexeneración tisular, nanotoxicoloxía e ecotoxicoloxía.

Para obter a titulación por un itinerario o alumno deberá cursar os 18 créditos optativos do módulo correspondente. Tamén pode obter o título sen itinerario se prefire elixir materias dos dous módulos en función dos seus intereses.