Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23106

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2021 pola que se procede ao nomeamento, como persoal funcionario en prácticas do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

Unha vez rematada a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1.3.2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) e modificado pola Orde do 13.3.2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria, esta consellería, de acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 1.3.2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) e modificado pola Orde do 13.3.2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), que figuran no anexo ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos en prácticas os que figuran nel, unha vez realizada a elección de destino en prácticas realizada consonte a Resolución do 8.4.2021 (DOG núm. 71, do 16 de abril).

O nomeamento terá efectos, segundo establece a base V.5 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulamentado na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de abril de 2021.

A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Nomeamento de persoal funcionario en prácticas e adxudicación de destinos en prácticas
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

1

***0723**

Figueiras Vázquez, Helena

FCC03…15770514

Xefatura do Servizo de Fiscalización e Contabilidade I

FC

Intervención Delegada da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1, A2

28

Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (r.i.)

2

***4136**

Nodar López, Raquel

FCC04…15770505

Técnico/a financeiro/a

FC

SX de Programación Financeira do Sector Público Autonómico e de Seguimento de Políticas de Gasto

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela

A1, A2

25

 

3

***4732**

Mourelle Arnejo, Juan

FCC04…15770504

Analista de custos de persoal II

FC

SX de Custos de Persoal

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela

A1, A2

25

 

4

***3895**

Álvarez Cuíñas, Alejandra

FCA29…36560520

Xefatura de equipo

FC

Delegación de Vigo

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Vigo

A1, A2

25

 

5

***4657**

Fernández Loureiro, David

FCA29…27001505

Xefatura de equipo

FC

Delegación de Lugo

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Lugo

A1, A2

25