Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23528

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 2 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento SI435B, SI435A, SI427B e SI435C).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2021, a través da Resolución do 2 de marzo de 2021 (DOG núm. 49, do 12 de marzo), subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade a través dos seguintes programas:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (SI427B).

d) Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (SI435C).

O artigo 11 da Resolución do 2 de marzo de 2021, que establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes, indica que a presentación das solicitudes se realizará obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Así mesmo, no artigo 12 determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria pola unidade administrativa encargada da tramitación e a instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

De conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o artigo 14 da citada resolución de convocatoria establece que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, requirirase a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, o segundo parágrafo do artigo 14.1 da Resolución do 2 de marzo de 2021 establece que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, do 1 de outubro, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Así mesmo, os requirimentos tamén se publicarán na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución (anexo: requirimentos de emenda de documentación, SI435B, SI435A, SI427B e SI435C).

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se lles terá por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 desta mesma lei.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal ou dos teléfonos indicados no artigo 27 da resolución de convocatoria (procedementos SI435B e SI435C: 981 54 53 12; procedemento SI435A: 881 99 91 63; procedemento SI427B: 981 54 53 56), ou presencialmente.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Requirimentos de emenda de documentación (SI435B, SI435A, SI427B, SI435C)

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).

Nº de expte.

Entidade local

Documentación requirida

SI435B-2021-95

Concello da Guarda

1. Anexo III. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela). Punto 3.6: medios persoais (non está cuberto o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable). Punto 3.7: desagregación dos custos directos de persoal.

SI435B-2021-102

Concello da Laracha

1. Anexo III. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela). Punto 3.7: desagregación dos custos directos de persoal (o importe total dos custos directos de persoal non coincide co indicado no anexo I e II).

2. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-141

Concello da Veiga

1. Indicar o nome da medida con respecto a que se atopa validada no anexo I (Programa de conciliación municipal).

2. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-82

Concello das Neves

1. Anexo III. Punto 3.1: xustificación da perspectiva de xénero con base na cal se realiza a actividade, de ser o caso.

2. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-97

Concello de Aranga

1. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-66

Concello de Baiona

1. Anexo III. Punto 4.1: aclarar cales son os módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir, así como o número de horas de cada un deles.

SI435B-2021-129

Concello de Baralla

1. Anexo II: indicar o nome da medida con respecto a que se atopa validada.

2. Anexo III. Punto 2: indicar o número de persoas participantes. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente a unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela). Punto 3.7: desagregación dos custos directos de persoal (non coincide co indicado nos anexos I e II).

3. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-85

Concello de Bergondo

1. Anexo III: aclarar o número de participantes (os nenos e nenas só se computan unha vez, aínda que asistan a varias actividades) e o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela), xa que non concorda o que indican nos puntos 2 e 3.2. Punto 3.6: medios persoais (non está cuberto o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable, así como o número de horas dedicadas ao programa). Punto 3.7: desagregación dos custos de persoal (o total non coincide co custo directo de persoal indicado nos anexos I e II).

2. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-08

Concello de Boborás

1. Anexo III. Punto 3.2: indicar que o sistema de selección das persoas participantes no programa de conciliación é segundo os ingresos. Punto 3.6: medios persoais (non está cuberto o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable, así como o número de horas dedicadas ao programa).

2. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-46

Concello de Cangas

1. Anexo I: indicar o nome da medida con respecto a que se atopa validada. Indicar se o programa de conciliación percibe algún tipo de ingresos, por axuda ou taxas.

2. Anexo II: o presentado foi modificado despois de ser asinado.

SI435B-2021-128

Concello de Castro Caldelas

1. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-137

Concello de Celanova

1. Indicar o nome da medida con respecto a que se atopa validada (Conciliación e igualdade en Celanova).

2. Anexo I: non constan os custos directos de persoal.

3. Anexo II: non constan os custos directos de persoal e a contía solicitada non coincide co indicado no anexo I.

4. Anexo III. Punto 2: indicar o número de persoas participantes. Punto 3.1: duración da actividade con indicación das datas previstas de inicio e finalización, horario, xustificación da perspectiva de xénero con base na cal se realiza a actividade, de ser o caso. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela) e tamén indicar que o sistema de selección das persoas participantes no programa de conciliación é segundo os ingresos. Punto 3.3.: indicar a persoa do concello responsable da actividade. Punto 3.5: medios materiais (especificar). Punto 3.6: medios persoais: non está cuberto o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable, así como o número de horas dedicadas ao programa.

5. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-96

Concello de Curtis

1. Anexo III. Punto 3.6: medios persoais (non está cuberto o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable, as funcións e a vinculación coa entidade). Punto 4.1: aclarar cales son os módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir. Indicar ademais o número de horas de cada módulo.

SI435B-2021-75

Concello de Esgos

1. Anexo I: indicar o nome da medida con respecto a que se atopa validada (Aprende sorrindo en Esgos). A contía solicita non pode ser superior ao total de custos directos de persoal.

2. Anexo III. Punto 3.7: desagregación dos custos directos de persoal.

3. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-106

Concello de Guitiriz

1. Anexo I: indicar se van ter achegas das persoas participantes (no anexo III indican que teñen taxas).

2. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-139

Concello de Guntín

1. Anexo III: o presentado foi modificado despois de ser asinado. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente a unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela). Punto 3.6: medios persoais (non está cuberto o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable, así como o número de horas dedicadas ao programa). Punto 3.3: sistema de organización, completar e a indicar a persoa responsable do concello.

2. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-142

Concello de Laza

1. De acordo co previsto no artigo 6.4 das bases reguladoras, deberá presentar a solicitude de validación da medida para a cal solicita a axuda (Laza concilia) a través do procedemento SI910A.

2. Anexos II e III.

SI435B-2021-122

Concello de Maceda

1. Anexo III. Punto 2: aclarar o número de persoas participantes.

SI435B-2021-114

Concello de Manzaneda

1. Anexo III.

SI435B-2021-131

Concello de Meaño

1. Anexo I: non constan os custos directos de persoal e a contía da subvención solicitada.

2. Anexo II: a contía solicitada non pode ser superior o total dos custos directos de persoal e o importe máximo de subvención é de 15.000 €.

3. Deben achegar a memoria no anexo III e deben estar cubertos todos os seus puntos.

SI435B-2021-58

Concello de Melón

1. A medida de conciliación validada por esta SXI «Madrugadores, campamento de verán e concilia» non inclúe o programa de actividades realizado polas tardes en períodos lectivos. Se queren incluír este programa na subvención, deben solicitar unha modificación da medida xa validada.

2. Anexo III. Punto 2: aclarar o número de persoas participantes. Punto 3.1: duración con indicación das datas previstas de inicio e finalización, horario, xustificación da perspectiva de xénero con base na cal se realiza a actividade, de ser o caso.

3. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-93

Concello de Mesía

1. A medida de conciliación validada por esta SXI «Programa Respira Mesía» inclúe o programa de actividades realizado en Semana Santa e dúas semanas no verán. Se queren incluír na subvención as actividades realizadas en xullo e agosto, deben solicitar unha modificación da medida xa validada.

2. Anexo III. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente a unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela). Punto 3.6: medios persoais (non está cuberto o número de monitores/as, as funcións, o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable e a vinculación co concello). 3.7: desagregación dos custos directos de persoal.

3. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-100

Concello de Oza-Cesuras

1. Anexo III: deberá estar asinado pola persoa representante do concello ou presentar a acreditación da representación. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente a unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela).

2. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-133

Concello de Pontevedra

1. Anexo II: indicar o nome da medida de conciliación obxecto da solicitude
de subvención.

2. Anexo III. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela) e tamén indicar que o sistema de selección das persoas participantes no programa de conciliación é segundo o ingresos. Punto 3.6: medios persoais (non está cuberto o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable, así como o número de horas dedicadas ao programa e a vinculación coa entidade).

SI435B-2021-91

Concello de Redondela

1. Anexo III. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente a unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela).

2. Aclaración sobre o número de monitores e monitoras, xa que non coincide o que indican no punto 3.6 e no punto 3.7 do anexo III.

3. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-116

Concello de San Xoán de Río

1. Indicar o nome da medida con respecto a que se atopa validada (Familias Madrugadoras-Campamentos).

2. Anexo III. Punto 3.1: duración da actividade con indicación das datas previstas de inicio e finalización e horario. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela). Punto 3.6: medios persoais (non están cubertos os datos da denominación do posto de traballo- sinalando respecto de cada unha deles o perfil, as funcións que realizan, o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable, así como o número de horas dedicadas ao programa). Punto 3.7: desagregación dos custos directos de persoal (non está completo).

3. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-03

Concello de Soutomaior

1. Anexo III. Punto 2: aclarar o número de participantes. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente a unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela). Punto 3.4: obxectivos e resultados. Punto 3.6: medios persoais (non está completo).

2. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-89

Concello de Valdoviño

1. Anexo II: no presentado non se pode comprobar a validez da sinatura electrónica.

2. Anexo III. Punto 3.1: indicar o horario da actividade Concilia Mañás. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente a unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela) e tamén indicar que o sistema de selección das persoas participantes no programa de conciliación é segundo o ingresos. Punto 3.7: desagregación dos custos directos de persoal.

3. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-110

Concello de Verín

1. Anexo I: aclarar o importe das achegas das persoas participantes.

2. Anexo III: o presentado non se corresponde co modelo normalizado da presente convocatoria (é o modelo do ano pasado). Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente a unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela).

SI435B-2021-56

Concello de Viana do Bolo

1. Anexo III. Punto 3.1: xustificación da perspectiva de xénero con base na cal se realiza a actividade. Punto 3.7: desagregación dos custos directos de persoal.

2. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-73

Concello de Vilanova de Arousa

1. Anexo III: o presentado foi modificado despois de ser asinado.

2. Anexo II: o presentado foi modificado despois de ser asinado e non está cuberto o nome da medida de conciliación validada.

SI435B-2021-26

Concello de Vilasantar

1. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-35

Concello de Vimianzo

1. Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada (Ludoteca municipal).

2. A contía solicitada non pode ser superior o total de custos directos de persoal.

3. Anexo II: non está cuberto o punto 1.g).

4. Anexo III. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente a unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela).

5. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-132

Concello do Irixo

1. Memoria de aforro de custos respecto da prestación do servizo de xeito individual (asinada pola persoa representante do concello).

2. Anexo III. Punto 2: indicar o número de persoas participantes desagregados por sexo. Punto 3.1: duración con indicación das datas previstas de inicio e finalización, horario e xustificación da perspectiva de xénero con base na cal se realiza a actividade, de ser o caso. Punto 3.2: deberá indicarse o número de persoas proxenitoras desagregado por sexo (computarase soamente a unha delas, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela). Punto 3.6: medios persoais (non está cuberto o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable, así como o número de horas dedicadas ao programa). Punto 3.7: desagregación dos custos directos de persoal. Punto 4.2: compromiso de incorporación da perspectiva de xénero de maneira transversal (sen cubrir).

3. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

SI435B-2021-113

Concello do Saviñao

1. Anexo III. Punto 3.5: medios materiais (sen cubrir). Punto 3.6: medios persoais (non está cuberta a denominación do posto de traballo- sinalando respecto de cada un deles: o perfil, as funcións que realizan, o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable, así como o número de horas dedicadas ao programa). Punto 3.7: desagregación dos custos directos de persoal (sen cubrir).

SI435B-2021-55

Concello do Valadouro

1. Anexo III. Punto 3.1: xustificación da perspectiva de xénero con base na cal se realiza a actividade. Punto 3.7: desagregación dos custos directos de persoal.

2. Para os efectos da valoración da solicitude, deberán presentar unha aclaración indicando o número de horas dos módulos ou actividades específicas sobre a sensibilización en igualdade que se van impartir.

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (SI435A).

Nº de expte.

Entidade local

Documentación requirida

SI435A 2021/4

Concello de Allariz

1. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar o horario das actividades Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas dos módulos específicos de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/6

Concello de Boiro

1. Anexo II: deberán cubrir o nome e apelidos da persoa de contacto no punto 1.g).

SI435A 2021/7

Concello de Ortigueira

1. Anexo I e anexo II: deberán cubrir o importe total dos custos directos de persoal da actividade.

2. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar as datas previstas de inicio e fin así como o horario previsto da actividade. Punto 3.3. Deberán completar o sistema de organización, xestión e seguimento e identificar a persoa responsable. Punto 3.6. Deberán completar as funcións do persoal contratado, o período de inicio e fin da contratación e o número de horas dedicadas ao programa. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/8

Concello de Gondomar

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 %, polo que deberán corrixir o importe que figura nese recadro.

2. Anexo III. Punto 3.1. Deberán xustificar a perspectiva de xénero e subvencionabilidade neste programa das actividades curso de automoción e manexo de carretillas elevadoras. Punto 3.2. Deberán indicar o sistema de selección das participantes. Punto 3.3. Deberán indicar o sistema de organización, xestión e seguimento e identificar a persoa responsable. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable.

SI435A 2021/10

Concello de Vimianzo

1. Anexo I e anexo II: A subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 %, polo que deberán corrixir o importe que figura nese recadro.

2. Anexo II : ademais do indicado no punto anterior, deberán corrixir no encabezamento o código do procedemento solicitado. Punto 1.g): deberán cubrir os datos da persoa de contacto.

3. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar o horario da actividade Punto 3.2. Deberán completar o sistema de selección das participantes. Punto 3.3. Deberán completar o sistema de organización, xestión e seguimento e identificar a persoa responsable. Punto 3.6. Deberán indicar o perfil, período de inicio e fin da contratación e número de horas dedicadas ao programa polo monitorado. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/11

Concello da Guarda

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 %, polo que deberán corrixir o importe que figura nese recadro. Ademais, no anexo I a cantidade indicada excede do límite máximo de 12.000 € permitido nesta liña de axudas para solicitudes individuais.

2. Anexo III. Punto 4.1 Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/12

Concello de Poio

1. Anexo I: deberán cubrir a casiña de importe total de custos directos de persoal
da actividade.

2. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 %, polo que deberán corrixir o importe que figura nese recadro.

3. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar o horario previsto da actividade. Punto 3.2. Deberán indicar o sistema de selección das participantes. Punto 3.6. Deberán completar as funcións do persoal que se indica. Punto 4. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/13

Concello de Ames

1. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar o horario das actividades. Punto 3.2. Deberán indicar o sistema de selección das participantes.

SI435A 2021/14

Concello de Cangas

1. Anexo I e anexo II: A subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 %, polo que deberán corrixir o importe que figura nese recadro.

2. Anexo III. Punto 2. O número de mulleres participantes maiores de idade é inferior a 10 persoas (mínimo exixido). A suma de participantes menores de idade non dá o total que se indica. Punto 3.1. Deberán indicar as datas previstas de inicio e fin así como o horario previsto da actividade. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas dos módulos específicos de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/15

Concello de Carnota

1. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar o horario previsto da actividade. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable e o número de horas dedicadas á actividade. Punto 3.7. Na táboa deberán indicar a persoa ou no seu defecto o posto de traballo. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/16

Concello de Lobios

1. Anexo III. Punto 2. Deberán aclarar o número total de mulleres participantes na actividade (sen repetir). Teñan en conta que non poden participar homes en actividades do procedemento SI435A. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable e o número de horas dedicadas ao programa.

SI435A 2021/17

Concello de Ponte Caldelas

1. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar as datas previstas de inicio e fin da actividade. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable, as funcións do persoal contratado e o número de horas dedicadas ao programa.

SI435A 2021/18

Concello de Pazos de Borbén

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 %, polo que deberán corrixir o importe que figura nese recadro.

2. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar o horario da actividade.

SI435A 2021/19

Mancomunidade Terra de Celanova

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 %, polo que deberán corrixir o importe que figura nese recadro.

2. Anexo III. Punto 4. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/20

Concello de Melón

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 %, polo que deberán corrixir o importe que figura nese recadro posto que non pode superar os 12000 €.

2. Anexo III. Punto 2. Nas actividades do SI435A só poden participar mulleres tal e como se indica no formulario e nas bases reguladoras, polo que deberán corrixir as persoas participantes. Punto 3.1. Deberán indicar o horario previsto da actividade. Punto 3.3. Deberán completar o sistema de organización, xestión e seguimento. Punto 3.6. Deberán indicar o perfil e funcións do persoal contratado así como o número de horas dedicadas ao programa. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/21

Concello de Teo

1. Anexo I: deberán cubrir o importe dos custos directos de persoal e o importe da subvención solicitada posto que están baleiros.

2. Anexo III. Punto 2. Deberán aclarar se o número total de persoas participantes é 10 ou 30. Punto 3.1. Deberán concretar as datas de inicio e fin das actividades así como o horario Punto 3.3. deberán completar o sistema de organización, xestión e seguimento. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable, así como o número de horas dedicadas ao programa.

SI435A 2021/22

Concello da Peroxa

1. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar o horario das actividades . Punto 3.3. Deberán completar o sistema de organización, xestión e seguimento das participantes.

SI435A 2021/23

Concello de Ponteareas

1. Anexo II: deberá estar asinado pola persoa secretaria da entidade (está asinado polo Asesor xurídico).

2. Anexo III. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas dos módulos específicos de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/24

Concello de Petín

1. Anexo III. Punto 2. Nas actividades do SI435A só poden participar mulleres tal e como se indica no formulario e nas bases reguladoras, polo que deberán corrixir as persoas participantes e indicar o número total (sen repetir). Punto 3.1. Deberán concretar o horario das actividades. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionado e o número de horas dedicadas ao programa.

SI435A 2021/25

Concello de Boborás

1. Anexo III. Punto 2. Deberán aclarar o número total de mulleres participantes na actividade (sen repetir). Punto 3.1. Deberán concretar o horario das actividades . Punto 3.3. Deberán concretar o sistema de organización, xestión e seguimento da actividade. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionado, así como o número de horas dedicadas ao programa

SI435A 2021/26

Concello de San Xoán de Río

1. Anexo III. Punto 2. Deberán aclarar o número total de mulleres participantes na actividade (sen repetir). Punto 3.1. Deberán indicar o período de inicio e fin así como o horario das actividades. Punto 3.3. Deberán completar o sistema de organización, xestión e seguimento. Punto 3.6. Deberán indicar o perfil, funcións, período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionado, así como o número de horas dedicadas ao programa.

SI435A 2021/27

Concello de Lalín

1. Anexo III. Punto 2. Deberán indicar no cadro a denominación da actuación que se vai desenvolver. Punto 3.1. Deberán indicar o horario das actividades. Punto 3.2. Deberán concretar o sistema de selección.

SI435A 2021/28

Concello de Baiona

1. Anexo III. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionado.

SI435A 2021/29

Concello de Monforte de Lemos

1. Anexo III. Punto 3.1. Deberán concretar o número de meses de execución do proxecto posto que no punto 3.6 deste anexo se indica un mes adicional. Punto 3.3. Deberán completar o sistema de organización, xestión e seguimento. Punto 3.6. Deberán indicar as funcións dos medios persoais que se sinalan.

SI435A 2021/30

Concello de Marín

1. Deberán xustificar a subvencionabilidade da medida indicada ao abeiro do programa SI435A e de conformidade co artigo 7 das bases reguladoras.

SI435A 2021/31

Concello de Mos

1. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar o período de inicio e fin do Obradoiro Namórate de ti así como o horario de ambas actividades. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionado. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/32

Concello de Noia

1. Anexo III. Punto 3.1. Deberán xustificar a perspectiva de xénero e subvencionabilidade das actuacións «Curso dependenta comercio» e «Manipulación de alimentos e alérxenos». Punto 3.2. Deberán indicar o sistema de selección das persoas participantes. Punto 3.3. Deberán concretar o sistema de organización, xestión e seguimento das actividades. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionado e o número de horas dedicadas ao programa.

SI435A 2021/33

Concello de Cabana de Bergantiños

1. Anexo I: deberán cubrir o recadro da subvención solicitada.

2. Anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 %, polo que deberán corrixir o importe que figura neste recadro.

3. Anexo III. Punto 2. Deberán aclarar se o número total de participantes son 10 ou 30. Punto 3.6. Deberá indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable e o número de horas dedicadas ao programa. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/34

Concello de Campo Lameiro

1. Anexo II. Punto 1.g): deberán indicar os datos da persoa responsable da coordinación coa SXI.

2. Anexo III. Punto 3.1. Deberán concretar o horario das actividades. Punto 3.2. Falta por concretar o sistema de selección. Punto 4.2. Está sen cubrir.

SI435A 2021/35

Concello de Muxía

1. Anexo II. Punto 2.3. Deberán indicar se o servizo se presta de forma mancomunada ou consorciada.

2. Anexo III. Punto 3.2. Deberán indicar o sistema de selección das participantes. Punto 3.6. Deberán indicar o período o perfil e funcións así como o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable e o número de horas dedicadas ao programa pola contratación externa. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/36

Concello de Coirós

1. Anexo III. Punto 3.2. Deberán indicar o sistema de selección das participantes.

Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/37

Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes

1. Anexo III. Punto 3.1. A campaña informativa Espazo 4.0 dirixido a mulleres non participantes no programa SI435A, non é subvencionable nesta liña de axudas (artigos 7 e 9 das bases reguladoras) polo que deberá reformular a solicitude eliminando esta actividade. Punto 3.6. Deberán indicar as funcións, o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable e o número de horas dedicadas ao programa.

SI435A 2021/38

Concello de Valdoviño

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 %, polo que deberán corrixir o importe que figura no recadro de subvención solicitada.

2. Anexo III. Punto 2. Deberán indicar o número de mulleres maiores de idade participantes neste programa. Punto 3.1. Deberán indicar as datas previstas de inicio e fin así como o horario previsto da actividade. Punto 3.2. Deberán completar o sistema de selección das persoas participantes. Punto 3.3. Completar o sistema de organización, xestión e seguimento da actividade. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable e o número de horas dedicadas ao programa. Punto 3.7. Deberán completar os datos que faltan no cadro (posto de traballo e importe total dos custos de persoal) Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/39

Concello de Manzaneda

1. Anexo I: deberán indicar o importe total de custos directos de persoal da actividade.

2. Anexo II: non o presentan.

3. Anexo III. Punto 2. Deberán aclarar se o número total de persoas participantes previstas é 10 ou 60. Punto 3.1. Deberán concretar o horario das actividades. Punto 3.3. Deberán completar o sistema de organización, xestión e seguimento. Punto 3.6. Deberán indicar as funcións, o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionado e o número de horas dedicadas ao programa.

SI435A 2021/41

Concello de Xinzo de Limia

1. Anexo I: no anexo I o importe de subvención solicitada son 12.000 € por ser a contía máxima, polo que deberán rectificalo.

2. Anexo III: deberá corrixir o número de participantes posto que estas actividades só están dirixidas a mulleres. Punto 4.1. Non indican o número de horas.

SI435A 2021/42

Concello de Redondela

1. Anexo III. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades. 4.2. Non indica o compromiso de incorporación da perspectiva de xénero de xeito transversal.

SI435A 2021/43

Agrupación de Concellos de Curtis, Vilasantar e Sobrado

1. Anexo I: o importe máxima da axuda que pode solicitar son 25.000 €, polo que deberá indicalo no recadro de subvención solicitada.

2. Anexo III. Punto 2. Deberán aclarar o número total de persoas participantes. 3.3. Deberán completar o sistema organización e seguimento. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/44

Concello de Amoeiro

1. Anexo I: non cobre o recadro «total custos directos persoal».

2. Anexo II: non cobre o recadro «total custos directos persoal».

3. Anexo III. Punto 2. Indica 30 mulleres en cada actividade. Aclarar se son as mesmas. 3.7. Non cobre o recadro importe custos persoal. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/45

Concello de Pontedeume

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 %, polo que deberán corrixir o importe que figura nese recadro.

2. Anexo III. Punto 3.1. Faltan datas previstas de inicio e finalización. Punto 3.2. Deberán indicar o sistema de selección das participantes. Punto 3.3. Deberán indicar o sistema de organización, xestión e seguimento e identificar á persoa responsable. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable. Punto 3.7. Non están cubertos os recadros de custos de persoal nin total custos directos persoal. Punto 4.1. Non indican a denominación da actividade nin as horas.

SI435A 2021/46

Concello de Ribadavia

1. Anexo I: e anexo II: non está cuberto o recadro de «total custos directos de persoal».

2. Anexo III. Punto 2. Aclarar o número total de persoas participantes no programa (sen repetición de participantes). Punto 3.1 Indicar o horario e datas aproximadas e metodoloxía de cada taller. Punto 3.3 Explicar o sistema de seguimento dos talleres. Punto 3.6. Indicar as horas que o distinto persoal contratado vai a dedicar a cada taller. 4.1. Indicar horas do módulo.

SI435A 2021/47

Concello de Maside

1. Anexo I e anexo II: falta por cubrir o recadro «Total custos directos persoal da actividade».

2. Anexo III. Punto 2. Non indican lugar de desenvolvemento da actividade. Punto 3.1. Deberán xustificar a perspectiva de xénero e subvencionabilidade dos talleres indicados no Obradoiro de habilidades. Non indican horario aproximado das actividades. Punto 3.3. Deberán completar o sistema de organización, xestión e seguimento. Punto 3.6. Indicar perfil das persoa/s contratadas, funcións, horario e período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable.

SI435A 2021/48

Concello de Bande

1. Anexo III. Punto 3.1. Deberán xustificar a perspectiva de xénero e subvencionabilidade dos talleres indicados no Obradoiro de Habilidades. Ademais faltan as datas previstas inicio e fin e o horario. Punto 3.2. Non indican ningún sistema de selección. Punto 3.3. Indicar o sistema de organización e seguimento. Punto 3.6 Indicar inicio e fin da contratación e número de horas dedicadas.

SI435A 2021/49

Concello de Pontecesures

1. Anexo III. Punto 3.1. Faltan as datas aproximadas de cada módulo e o horario. 3.2 Indicar sistema de selección das participantes.

SI435A 2021/50

Concello de Vilar de Santos

1. Anexo III. Punto 3.1. Falta a data prevista de inicio e fin das actividades e horario. Punto 3.2. Falta o sistema de selección das participantes. Punto 3.3. Completar o sistema de organización, xestión e seguimento. Punto 3.6. Faltan as datas de inicio e fin da contratación do persoal externo e horas dedicadas ao programa.

SI435A 2021/51

Concello de Taboadela

1. Anexo I e anexo II:A subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 %, polo que deberán corrixir o importe que figura nese recadro.

2. Anexo III. Punto 2. Non indica lugar de desenvolvemento da actividade. Punto 3.6. Indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable e as horas dedicadas ao programa por cada unha das persoas contratadas.

Punto 4.1. Indicar número de horas dos módulos.

SI435A 2021/53

Concello de Tui

1. Anexo III. Punto 3.1. Indicar o número total de persoas participantes e aclarar se as participantes nas distintas actividades son as mesmas. Punto 3.6. Non indica data de inicio e fin da contratación. Punto 3.7. O importe de custos de persoal que indica neste anexo (12.039,5 €) non coincide co indicado nos anexos I e II (12.000 €). Punto 4.1. Indicar horas dos módulos.

SI435A 2021/54

Agrupación de Concellos de Avión e Castrelo de Miño

1. Anexo I e anexo II. Como solicita xestión compartida o importe do recadro subvención solicitada serían 16.800 € en lugar de 12.000 €, polo que deberán rectificalo.

2. Anexo III. Punto 2. Lugar da actividade (non especifica). Aclarar o número total de persoas participantes nas actividades. Punto 3.2. Falta sistema de selección das participantes. Punto 3.3. Sistema de organización e seguimento. Punto 3.6. Non indican o perfil/funcións/ horas nin inicio e fin da contratación das persoas que levan cabo a actividade.

3. Copia do convenio de colaboración (artigo 12.1.f).

SI435A 2021/55

Concello de Salceda de Caselas

1 Anexo I: as contías dos tres recadros de «Custos directos de persoal-Subvención solicitada» non coinciden coas indicadas no anexo II, polo que deberán rectificalas.

2. Anexo II: o importe indicado no recadro de subvención solicitada non é correcto.

3. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar as datas previstas de inicio e fin .Os puntos 3.1, 3.3, 3.5 e 3.6 están baleiros. Aínda que indican o contido na memoria anexa deberán empregar o modelo normalizado. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/56

Concello de Cenlle

1. Anexo III. Punto 3.1. Deberán xustificar a perspectiva de xénero e subvencionabilidade neste programa das actividades especificadas no «Obradoiro de Habilidades». 3.3. Sistema de organización e seguimento. 3.6. Datas inicio e fin da contratación e horas dedicadas o programa por cada unha delas.

SI435A 2021/57

Concello de Ramirás

1. Anexo I: falta cubrir recadro «Total custos persoal».

2. Anexo II: non está asinado pola persoa secretaria (asinado pola alcaldesa e o administrativo de rexistro)

3. Anexo III. Punto 3.6. Falta indicar a data de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable.

SI435A 2021/58

Concello de Ribadeo

1. Anexo III. Punto 3.2 Sistema selección participantes. Punto 3.6. Non indica inicio e fin da contratación, horas dedicadas e funcións. Punto 3.7. Non indica total custos persoal nin total custos directos persoal na última fila

SI435A 2021/59

Concello de Cee

1. Anexo III. Punto 2. Non indican lugar de desenvolvemento da actividade. Punto 3.1. Deberán indicar as datas previstas de inicio e fin así como o horario previsto da actividade. 3.2 Sistema de selección (non indican). 3.3. Sistema de organización, xestión e seguimento (non indican). Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/60

Concello de Ribeira

1. Anexo III. 3.1 Non aclara se as persoas participantes nas distintas actividades indicadas no cadro son as mesmas. Ademais, falta o horario da actividade (mañá/tarde). Punto 3.2. Falta o sistema selección participantes. Punto 3.6. Non indica inicio e fin da contratación e faltan as funcións do persoal contratado.

SI435A 2021/61

Concello de Tomiño

1. Anexo I e anexo II: A subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 % (importe máximo 12.000 €) polo que deberán corrixir o importe que figura neste recadro. 2. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar as datas previstas de inicio e fin así como o horario previsto da actividade.

SI435A 2021/62

Concello da Laracha

1. Anexo I e anexo II: falta por cubrir a casiña de importe total de custos directos de persoal da actividade. Ademais a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 % polo que deberán corrixir ambos recadros.

2. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar as datas previstas de inicio e fin así como o horario previsto da actividade. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/63

Concello da Teixeira

1. Anexo II: non o presentan.

2. Anexo III. Punto 2. Deberán aclarar o número de mulleres participantes nas actividades (sen repetir). Punto 3.1. Datas previstas de inicio y finalización das actividades. Punto 3.6. Deberán indicar o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable. Punto 4.1. Indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/64

Concello de Guitiriz

1. Anexo I e anexo II: o importe máximo da subvención solicitada para unha solicitude individual son 12.000 € polo que deberán corrixir o importe que figura neste recadro.

2. Anexo III. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades. Punto 4.2. Non indica o compromiso de incorporación da perspectiva de xénero de xeito transversal.

SI435A 2021/65

Concello de Vedra

1. Anexo III. Punto 2. No recadro deberá desagregar o total de mulleres participantes. Punto 3.1. Deberán indicar as datas previstas de inicio e fin así como o horario previsto da actividade. Punto 3.2. Deberán completar o sistema de selección. Punto 3.6. Falta o período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable e o número de horas dedicadas ao programa. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades. 4.2. Non indica o compromiso de incorporación da perspectiva de xénero de xeito transversal.

SI435A 2021/66

Concello de Cambados

1. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar o horario previsto da actividade. Punto 3.2. Deberán completar o sistema de selección das participantes.

SI435A 2021/67

Concello de Barbadás

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 % (importe máximo 12.000 €) polo que deberán corrixir o importe que figura neste recadro.

2. Anexo III. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/68

Concello de Vilanova de Arousa

1. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar o horario previsto da actividade.

SI435A 2021/69

Concello das Pontes de García Rodríguez

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 % (importe máximo 12.000 €) polo que deberán corrixir o importe que figura neste recadro.

2. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar as datas previstas de inicio e fin.

SI435A 2021/70

Concello da Estrada

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 % (importe máximo 12.000 €) polo que deberán corrixir o importe que figura neste recadro.

2. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar as datas previstas de inicio e fin.

SI435A 2021/71

Concello de Maceda

1. Anexo III. Punto 2. Deberán indicar o número de persoas maiores de idade participantes na actividade no recadro correspondente. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/72

Concello de Entrimo

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 % (importe máximo 12.000 €) polo que deberán corrixir o importe que figura neste recadro.

2. Anexo III. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/73

Concello de Rianxo

1. Anexo I e anexo II. O recadro «total custos directos de persoal da actividade» coincide coa subvención solicitada. A subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita a subvención máis un 40 % para outros custos directos, polo que deberán revisar as contías para verificar a súa corrección. Ademais, presentan dous anexos I.2 con distintas contías no recadro «total custos directos de persoal da actividade».

2. Anexo III. Deberán indicar o número de persoas destinatarias da actividade participantes maiores de idade. De conformidade co artigo 7.1 a) As medidas estarán dirixidas específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade das indicadas na disposición adicional única das bases reguladoras polo que deberán xustificar a subvencionabilidade da actividade de conformidade coas bases reguladoras para este programa. Completar o resto de puntos do anexo tendo en conta as características do programa SI435A. Punto 4.1. Indicar horas do módulo.

SI435A 2021/74

Concello de Parada de Sil

1. Anexo III. Punto 2. Deberán aclarar o número total de persoas participantes nas actuacións (sen repetir). Teñan en conta que neste procedemento só poden participar mulleres. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/75

Mancomunidade de municipios da comarca de Verín

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 %, polo que deberán corrixir o importe que figura no recadro de subvención solicitada.

2. Anexo III. Punto 2. Deberán desagregar o sexo das persoas menores de idade participantes.

SI435A 2021/76

Concello da Merca

1. Anexo I. Non cubriron o recadro importe de custos directos de persoal para os que se solicita a subvención.

2. Anexo I e anexo II: o recadro de subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que solicita subvención máis un 40 % polo que deberán corrixir o importe deste recadro.

3. Anexo III. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/77

Concello de Ribadumia

1. Anexo III. Punto 3.1. Falta o horario das actividades.

SI435A 2021/78

Concello de Santa Comba

1. Anexo III. Punto 2. Deberán aclarar o número total de persoas participantes nas actividades (sen repetir). Punto 3.1. Deberán indicar o horario en que se realizarán as actuacións. Punto 4.1. Indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

2. Acreditación de ter cumprido o requisito de ter remitidas as contas do exercicio 2019 ao Consello de Contas de Galicia.

SI435A 2021/79

Concello de Pontevedra

1. Anexo I: deberán cubrir as casiñas de importe total de custos directos de persoal da actividade e custos de persoal para os que solicita a subvención (están baleiros).

SI435A 2021/80

Concello de Castro Caldelas

1. Anexo III. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/81

Concello de A Pobra de Trives

1. Anexo III. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/84

Concello Carballeda de Avia

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 % (importe máximo 12.000 €) polo que deberán corrixir o importe que figura nese recadro.

2. Anexo III. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades

SI435A 2021/85

Concello de Cuntis

1.Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 % (importe máximo 12.000 €) polo que deberán corrixir o importe que figura no recadro de subvención solicitada).

2. Anexo III. Punto 3.1. Deberán indicar as datas previstas de inicio e fin así como o horario previsto da actividade. Punto 4. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/86

Concello da Pobra do Caramiñal

1. Anexo III. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/87

Concello de Sada

1. Anexo I e anexo II: todos os recadros de «custos directos de persoal-subvención solicitada» figuran sen cubrir.

2. Anexo III. Non presentan o anexo normalizado publicado no Diario Oficial de Galicia correspondente ao programa SI435A, polo que deberán achegalo cumprimentando todos os seus apartados. Ademais deberán revisar a subvencionabilidade das actividades que indican no documento achegado, ao abeiro do programa SI435A de conformidade co artigo 7 das bases reguladoras.

SI435A 2021/88

Concello de Oza-Cesuras

1. Anexo I e anexo II: a subvención solicitada calcúlase como os custos directos de persoal para os que se solicita subvención máis un 40 % (importe máximo 12.000 €) polo que deberán corrixir o importe que figura no recadro de subvención solicitada.

2. Anexo III. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/89

Concello de Celanova

1. Anexo I e anexo II: deberán cubrir os recadros de importe total de custos directos de persoal e custos de persoal para os que solicita a subvención (están baleiros)

2. Anexo III. Punto 2. Deberá indicar o número de persoas participantes na actividade (sen cubrir). Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

SI435A 2021/90

Concello de Larouco

1. Anexo I: deberán cubrir o importe total dos custos directos de persoal posto que está baleiro.

2. Anexo III. Punto 2. Deberá indicar o número de persoas participantes na actividade (sen cubrir). Punto 3.1. Deberán indicar as datas previstas de inicio e fin así como o horario previsto da actividade. Puntos 3.6. e 3.7: sen cubrir. Punto 4.1. Deberán indicar o número de horas do módulo específico de sensibilización en igualdade de oportunidades.

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (SI427B).

Nº de expte.

Entidade local

Documentación requirida

SI427B 2021/26

Concello da Coruña

1. Acreditación da representación que exerce a persoa que asina a solicitude (concelleira) para actuar en nome do concello.

2. Anexo II: o presentado ten cambios despois de ser asinado e non está cuberto o punto 1.g).

3. Anexos IV.2: o resultado da suma das contías solicitadas por períodos non coincide coas contías indicadas no anexo II.

SI427B 2021/66

Concello da Laracha

1. Anexo I.3: a contía do orzamento dos gastos de persoal non coincide coas indicadas no anexo IV.1 e anexos IV.2.

SI427B 2021/84

Concello da Pobra de Trives

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que a contía total indicada no anexo I.3 non coincide coa do anexo II nin coa das fichas individualizadas do persoal do CIM.

2. Anexo IV.1: o presentado non está asinado pola representante legal do concello e no punto 7.1 a contía das cotizacións sociais do 1º período da psicóloga/directora do CIM non coincide coa indicada no anexo IV.2.

3. Memoria de aforro de custos.

SI427B 2021/74

Concello das Pontes de García Rodríguez

1. Acreditación da representación que exerce a persoa que asina a solicitude (concelleira) para actuar en nome do concello.

SI427B 2021/09

Concello de Ames

1. Anexo IV.1: as contías indicadas no punto 7.1 non coinciden coas indicadas nos anexos IV.2.

SI427B 2021/83

Concello de Arteixo

1. Anexos IV.2.

SI427B 2021/65

Concello de Avión

1. Anexo IV.1: no punto 6 non se relacionan todos os postos para os cales solicitan axuda.

SI427B 2021/52

Concello de Baiona

1. Anexo IV.1: no punto 6 non se relacionan todos os postos para os cales solicitan axuda.

SI427B 2021/54

Concello de Boqueixón

1. Convenio/s de colaboración asinado/s polos representantes legais das entidades locais.

2. Anexo II: as contías solicitadas non se corresponden coas indicadas nas fichas individualizadas nin no anexo I.3.

SI427B 2021/49

Concello de Carballo

1. Convenio de colaboración: o presentado está sen asinar polos representantes legais dos catro concellos.

SI427B 2021/38

Concello de Cee

1. Anexos IV.2.

SI427B 2021/78

Concello de Culleredo

1. Acreditación da representación que exerce a persoa que asina a solicitude (concelleira) para actuar en nome do concello.

SI427B 2021/35

Concello de Ferrol

1. Acreditación da representación que exerce a persoa que asina a solicitude (concelleira) para actuar en nome do concello.

2. Anexo II: está sen asinar e as contías solicitadas exceden a contía indicada no anexo I.3.

3. Anexo IV.1: está sen asinar.

4. Anexos IV.2: a suma das contías solicitadas excede a contía indicada no anexo I.3.

SI427B 2021/43

Concello de Marín

1. Anexo II: non é posible verificar o documento na sede electrónica do concello, polo que non é posible comprobar a súa autenticidade.

SI427B 2021/59

Concello de Melide

1. Anexo IV.1: os datos persoais da persoa representante non coinciden cos da persoa que asina o anexo.

2. Anexos IV.2: o resultado da suma das contías solicitadas non coincide coas contías que figuran nos anexos I.3 e II.

SI427B 2021/56

Concello de Muíños

1. Anexo I.3: a contía do orzamento dos gastos de persoal non coincide coas indicadas no anexo IV.1 e anexos IV.2.

2. Anexos IV.2 (avogada e psicóloga): o resultado da suma das contías solicitadas non coincide coas contías indicadas no anexo II.

SI427B 2021/62

Concello de Muros

1. Anexo II bis.

SI427B 2021/57

Concello de Muxía

1. Anexo II: a contía solicitada non coincide coa indicada no anexo I.3.

2. Anexos IV.2: non constan as contías solicitadas por períodos.

SI427B 2021/50

Concello de Nigrán

1. As contías solicitadas que constan tanto no anexo II como nas fichas individualizadas do persoal do CIM non coinciden coa contía indicada no anexo I.3.

SI427B 2021/72

Concello de Outes

1. Anexo II: as contías solicitadas non se corresponden coas indicadas nas fichas individualizadas nin no anexo I.3.

SI427B 2021/82

Concello de Padrón

1. Anexo II: o presentado foi modificado despois de ser asinado e a contía total solicitada non coincide coa indicada no anexo I.3.

2. Anexo II bis: o presentado está sen cubrir.

3. Convenio de colaboración.

4. Memoria de aforro de custos.

5. Anexo IV.1.

6. Anexos IV.2.

SI427B 2021/42

Concello de Ponteareas

1. Anexos IV.2.

SI427B 2021/80

Concello de Pontevedra

1. Anexo IV.1: os custos do asesoramento xurídico reflectidos no punto 7.2 non se corresponden cos indicados na ficha (anexo IV.2) deste posto.

SI427B 2021/68

Concello de Ribadeo

1. Anexo II: o presentado está sen asinar.

2. Anexo II bis: o presentado está sen asinar.

SI427B 2021/81

Concello de Santa Comba

1. Acreditación de ter cumprido o requisito de ter remitidas as contas do exercicio 2019 ao Consello de Contas de Galicia.

SI427B 2021/73

Concello de Silleda

1. Anexo I.3: no presentado non consta nin a contía solicitada nin o orzamento dos gastos de persoal.

2. Anexo II: o presentado está sen cubrir.

3. Anexos IV.2: a suma das contías das cotizacións sociais do 1º período non coincide coa contía indicada no punto 7.1 do anexo IV.1.

SI427B 2021/40

Concello de Teo

1. Anexos IV.2.

SI427B 2021/37

Concello de Viana do Bolo

1. Anexo IV.2 (dinamizador): a denominación do posto de traballo non coincide co indicado no anexo IV.1.

SI427B 2021/48

Concello de Zas

1. Anexo II: a contía total solicitada non é correcta (o resultado da suma das contías solicitadas por períodos non é 45.000 euros).

2. Anexo IV.1: está sen asinar.

3. Anexo IV.2 (directora): non constan as contías solicitadas por períodos.

SI427B 2021/12

Concello do Barco de Valdeorras

1. Anexos IV.2: o resultado da suma das contías solicitadas por períodos non coincide coas contías indicadas no anexo II.

SI427B 2021/51

Concello do Carballiño

1. Anexo I.3: no presentado non consta nin a contía solicitada nin o orzamento dos gastos de persoal, ademais de que indican que se trata dunha xestión individual pero presentan a documentación correspondente á xestión compartida.

2. Anexo II bis: non presentado non está cuberto o punto 3.

SI427B 2021/47

Concello do Grove

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que a contía total indicada no anexo I.3 non coincide coa do anexo II nin coa das fichas individualizadas do persoal do CIM.

SI427B 2021/53

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

1. Anexo II: as contías solicitadas non se corresponden coas indicadas nas fichas individualizadas nin no anexo I.3.

2. Anexo IV.1: no punto 6 non se relacionan todos os postos para os cales solicitan axuda.

SI427B 2021/25

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín

1. Anexos IV.2 (axentes de igualdade e dinamización): o resultado da suma das contías solicitadas por períodos non coincide coas indicadas no anexo II e o resultado da suma do orzamento tampouco coincide coas contías indicadas no punto 7.2 do anexo IV.1.

SI427B 2021/05

Mancomunidade I.V. do Ribeiro

1. Anexos IV.2: o resultado da suma das contías solicitadas e dos orzamentos non coincide coas contías totais indicadas nos anexos I.3 e II.

SI427B 2021/60

Mancomunidade I.V. Conso-Frieiras

1. Convenio de colaboración co Concello da Mezquita.

2. Anexo IV.2 (avogada): os custos non coinciden cos indicados no punto 7.2 do anexo IV.1.

SI427B 2021/06

Mancomunidade Terra de Celanova

1. Anexos IV.2 (axentes de igualdade e de dinamización): o resultado da suma das contías solicitadas non coincide coas contías indicadas no anexo I.3 e II.

2. Anexo IV.1: as contías indicadas no punto 7.1 non coinciden coas indicadas no anexo IV.2.

d) Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (SI435C).

Nº de expte.

Entidade local

Documentación requirida

SI435C-2021-111

Concello da Baña

1. Memoria descritiva. Punto 2: Xustificación de levar a cabo a medida (sen cubrir). Punto 3. Descrición da medida. Incompleto. Deben describir en que consisten as actuacións e indicar a perspectiva de xénero.

SI435C-2021-222

Concello da Fonsagrada

1. Definir a tipoloxía das actuacións do programa para o que se solicita a subvención.

SI435C-2021-152

Concello da Laracha

1. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade

SI435C-2021-164

Concello da Merca

1. O concello tamén está incluído na subvención solicitada pola Mancomunidade de Terras de Celanova e cada entidade local só pode presentar unha solicitude para este programa.

2. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención: puntos 2 sen cubrir.

SI435C-2021-218

Concello da Pobra de Trives

1. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Debe de estar asinada pola persoa representante do concello ou mandar a representación.

2. Anexo II. O presentado foi modificado despois de ser asinado.

SI435C-2021-154

Concello da Teixeira

1. Anexo II publicado na convocatoria.

2. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

SI435C-2021-197

Concello de Abegondo

1. Anexo I.4 e II. Os presentados foron modificados despois de ser asinados.

SI435C-2021-16

Concello de Allariz

1. Anexo II. O presentado foi modificado despois de ser asinado.

SI435C-2021-59

Concello de Ames

1. Enviar delegación de sinatura.

SI435C-2021-189

Concello de Amoeiro

1. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

SI435C-2021-143

Concello de Aranga

1. Anexo II. Está mal cuberto o nome da entidade local, da persoa secretaria do concello e faltan os importes.

SI435C-2021-148

Concello de Boborás

1. Anexo II. Falta por indicar a medida obxecto da subvención.

2. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

SI435C-2021-192

Concello de Castro Caldelas

1. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

2. Anexo II. O presentado foi modificado despois de ser asinado.

SI435C-2021-205

Concello de Celanova

1. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

SI435C-2021-45

Concello de Cerceda

1. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

2. Enviar a delegación de sinatura na concelleira de Benestar Social, Igualdade
e Comunicación.

SI435C-2021-120

Concello de Cortegada

1. Para este programa serán subvencionables os gastos directos derivados da realización das actuación de sensibilización, información e difusión que se leven a cabo (na memoria descritiva do programa inclúen gastos de seguros).

SI435C-2021-199

Concello de Covelo

1. O importe máximo dos gastos derivados da actuación non poden exceder os 6.000 euros no caso de solicitude individual.

2. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención: punto 5 está sen cubrir.

SI435C-2021-193

Concello de Foz

1. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

2. Anexo II.

SI435C-2021-155

Concello de Guitiriz

1. A medida solicitada non coincide no anexo I.4 e no anexo II.

2. A memoria descritiva do programa está sen asinar.

SI435C-2021-180

Concello de Malpica de Bergantiños

1. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

SI435C-2021-121

Concello de Muxía

1. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención: punto 5 sen cubrir.

SI435C-2021-5

Concello de Oímbra

1. O concello tamén está incluído na subvención solicitada pola Mancomunidade de Municipios Comarca de Verín. Cada entidade local só pode presentar unha solicitude para este programa.

SI435C-2021-134

Concello de Oroso

1. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade (cuberta en todos os puntos).

SI435C-2021-194

Concello de Padrón

1. Anexo II. O presentado foi modificado despois de ser asinado.

SI435C-2021-104

Concello de Pedrafita do Cebreiro

1. O importe máximo dos gastos que se presenten e a contía máxima solicitada non poden ser superiores a 6.000 euros

SI435C-2021-135

Concello de Portomarín

1. Anexo II.4. A sinatura da persoa representante do concello ten problemas ao validala.

SI435C-2021-129

Concello de Redondela

1. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

SI435C-2021-98

Concello de Ribadeo

1.Anexo I.4. O importe derivado dos gastos da realización das actividade e superior á contía solicitada.

2. Anexo II: Indicar o importe dos gastos derivados da realización da actuación e contía solicitada.

3. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da igualdade

SI435C-2021-119

Concello de Riotorto

1. Anexo I.4. O importe derivado dos gastos da realización das actividade e superior á contía solicitada.

2. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención: punto 2 sen cubrir.

SI435C-2021-182

Concello de Rois

1.Anexo I.4: non indican o importe dos gastos derivados da actuación e a subvención solicitada.

SI435C-2021-107

Concello de San Xoán de Río

1. Memoria descritiva: non se pode comprobar a validez da sinatura electrónica. Para este programa serán subvencionables os gastos directos derivados da realización das actuación de sensibilización, información e difusión que se leven a cabo. (Na memoria descritiva do programa inclúen gastos de estación emisora-altofalante). Fan referencia a un concello que non é a entidade local solicitante.

SI435C-2021-198

Concello de Santa Comba

1. Non ten remitidas as contas do exercicio 2019 ao Consello de Contas de Galicia.

SI435C-2021-85

Concello de Touro

1. Anexo I.4. O importe derivado dos gastos da realización das actividade é superior á contía solicitada.

SI435C-2021-130

Concello de Triacastela

1. O importe máximo dos gastos derivados da actuación non poden exceder aos 6.000 euros no caso de solicitude individual (anexos I.4, II e III).

SI435C-2021-202

Concello de Val do Dubra

1. Anexo II. Está sen cubrir e sen asinar.

SI435C-2021-201

Concello de Verea

1. Indicar cal é a medida para a que solicitan axuda.

2. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención está incompleta.

3. O concello tamén está incluído na subvención solicitada pola Mancomunidade de Terras de Celanova e cada entidade local só pode presentar unha solicitude para este programa.

SI435C-2021-174

Concello de Vilanova de Arousa

1. Anexo II. O presentado foi modificado despois de ser asinado.

2. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

SI435C-2021-97

Concello de Vilar de Barrio

1. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade

SI435C-2021-19

Concello de Vimianzo

2. Anexo II. Incorrecto o nome da persoa secretaria.

SI435C-2021-207

Concello do Irixo

1. Memoria descritiva do programa para o que se solicita a subvención. Deben de achegar o modelo que aparece publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.