Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23546

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021 pola que se convocan, con carácter extraordinario, actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Convocadas as actividades de formación continua correspondentes ao primeiro semestre do ano 2021 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, rexistrouse un elevado número de solicitudes nalgunhas da actividades formativas que é preciso atender. En consecuencia, a EGAP decidiu responder a esta demanda mediante a realización dunha convocatoria extraordinaria.

Coa oferta de novas prazas nas ditas actividades fornecerase o persoal empregado público dos recursos necesarios para o mellor desenvolvemento das súas tarefas, especialmente para as de tipo específico. Ademais, reforzarase a formación en materias de grande importancia no contexto actual como son a xestión e execución dos fondos europeos para a reactivación económica ou a prevención e loita contra a violencia de xénero. En canto ás actividades formativas en materia de violencia de xénero, cómpre indicar que están a ser financiadas nun 67 % con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade).

Polo exposto e en virtude da competencia atribuída pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP),

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos do persoal participante

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

1. O persoal funcionario e o persoal laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e da Administración institucional, agás o que estea en situación de suspensión de funcións, que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, bombeiros e o persoal do Servizo Galego de Saúde, agás que estea en situación de servizos especiais en calquera das administracións relacionadas no parágrafo anterior. Non se entende por tal os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas a empregados/as públicos/as pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 20 de maio de 2021.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. Nas actividades impartidas na modalidade de telepresenza a presentación da solicitude para participar nelas comportará o consentimento da persoa interesada para a gravación das sesións na plataforma de telepresenza. Esta gravación terá por único fin o de poder ser empregada polo alumnado do curso como recurso formativo e o de poder ser utilizada para resolver posibles reclamacións.

Unicamente poderán acceder ás sesións o persoal docente e o alumnado do curso, así como persoal da EGAP autorizado, cos fins previstos pola normativa vixente en materia de protección de datos.

As gravacións serán borradas unha vez que remate o curso, coas únicas excepcións que estean previstas na normativa vixente en materia de protección de datos.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e/ou telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán, ademais, cun manual de usuario na páxina web da EGAP na seguinte ligazón <https://egap.xunta.gal/formulariosrecursos>, onde se indicará como acceder a esta plataforma de telepresenza e os compoñentes que o equipamento necesita para un funcionamento básico da plataforma.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (como, por exemplo, discapacidade) de acordo cos criterios de selección deberán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A dita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Cuarta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios da EGAP.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución. Terán preferencia as persoas solicitantes que non tivesen sido admitidas nos cursos incluídos nas convocatorias ordinarias do ano en curso

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2021, segundo a Resolución do 29 de xaneiro, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), comezarase pola letra Y.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo
<https://egap.xunta.gal> a lista definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta lista poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes dende a dita publicación, de acordo co disposto nos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. Renuncia. Asistencia e seguimento das actividades formativas

1. Cambios ou substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. Renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Asistencia e seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) Faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación e de telepresenza:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación das actividades formativas

Para poder superar as actividades formativas, será necesario cumprir os seguintes requisitos:

a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: a superación dunha proba de avaliación que se realizará ao final delas.

b) Para as actividades de teleformación:

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.

– A superación dunha proba de avaliación final.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Novena. Certificados

Para lograr o certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declarará apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e poderá suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Persoal destinatario

Modalidade/localidade

Datas e horario

Data e hora de exame

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

FC21148

Avanzado en comunicación e colaboración dixital. Enfoque e uso creativo das tecnoloxías dixitais

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

25.10.2021 ao 26.11.2021

1.12.2021 19.00 h

FC21161

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Que teña coñecementos de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

Teleformación

28.9.2021 ao 17.11.2021

22.11.2021 17.00 h

FC21162

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Que teña coñecementos de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

Teleformación

28.9.2021 ao 17.11.2021

22.11.2021 18.30 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

FC21140

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

10.6.2021 ao 30.6.2021

6.7.2021 17.30 h

FC21147

Atención á cidadanía

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

14.10.2021 ao 10.11.2021

15.11.2021 19.00 h

FC21155

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

29.10.2021 ao 19.11.2021

24.11.2021 17.00 h

Consellería do Mar

FC21144

Actualización de control e inspección pesqueira

20

12

Aproveitamento

Persoal en servizo activo do Servizo de Gardacostas de Galicia

Presencial Santiago de Compostela

4, 5, 6 e 7 de

outubro, das 17.00 ás 20.00 h

7.10.2021 19.00 h

Igualdade e violencia de xénero

FC21141

A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

Teleformación

10.6.2021ao 30.6.2021

5.7.2021 16.30 h

25.10.2021 ao 15.11.2021

18.11.2021 19.00 h

FC21143

Acompañamento social e apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

27.9.2021 ao 21.10.2021

26.10.2021 17.00 h

FC21145

Aproximación á violencia de xénero

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

29.9.2021 ao 29.10.2021

4.11.2021 18.00 h

FC21145

Aproximación á violencia de xénero

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

2.11.2021 ao 30.11.2021

3.12.2021 17.00 h

FC21149

Ciberviolencias sexistas. Novos espazos para a violencia de xénero

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

21.10.2021 ao 15.11.2021

18.11.2021 18.00 h

FC21152

Detección e intervención ante a violencia de xénero nos centros de maiores, centros de día e centros de axuda a domicilio

24

15

Aproveitamento

Persoal en servizo activo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

Presencial Santiago de Compostela

14, 15 e 16 de xuño, das 9.30 ás 14.30 h

16.6.2021 13.30 h

FC21152

Detección e intervención ante a violencia de xénero nos centros de maiores, centros de día e centros de axuda a domicilio

24

15

Aproveitamento

Persoal en servizo activo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

Presencial Santiago de Compostela

21, 22 e 23 de xuño, das 9.30 ás 14.30 h

23.6.2021 13.30 h

FC21159

Violencia de xénero na adolescencia

35

14

Aproveitamento

Persoal en servizo activo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Presencial Santiago de Compostela

14, 15, 21 e 22 de xuño, das 16.30 ás 20.00 h

22.6.2021 19.00 h

FC21160

Violencia de xénero na adolescencia e xuventude

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

28.10.2021 ao 29.11.2021

2.12.2021 18.30 h

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

FC21142

A Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

15.10.2021 a 10.11.2021

15.11.2021 17.00 h

FC21146

Aspectos prácticos da Lei de subvencións de Galicia e o seu regulamento

50

25

Aproveitamento

Persoal en servizo activo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación+
Telepresenza

21.10.2021 ao 10.11.2021 Sesións de telepresenza: 26 de outubro e 2 de novembro, das 17.00 ás 19.30 h

16.11.2021 17.00 h

FC21154

Legalidade das actas de inspección. A función inspectora

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

15.10.2021 ao 10.11.2021

15.11.2021 18.00 h

FC21157

Permisos e licenzas do persoal empregado público. Réxime xurídico e tramitación

50

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Teleformación

4.6.2021 ao 17.6.2021

22.6.2021 17.00 h

FC21158

Revisión dos actos en vía administrativa

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

4.6.2021 ao 30.6.2021

6.7.2021 16.30 h

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

FC21151

Deseño e xestión de proxectos europeos

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

Teleformación

2.11.2021 ao 26.11.2021

1.12.2021 17.00 h

FC21153

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

50

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

Teleformación

21.10.2021 ao 10.11.2021

15.11.2021 19.00 h

FC21156

Os novos fondos europeos COVID. Mecanismo de recuperación e resiliencia: execución e control

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

Teleformación

15.9.2021 ao 14.10.2021

19.10.2021 17.00 h

27.10.2021 ao 26.11.2021

2.12.2021 17.00 h

Vicepresidencia Primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

FC21150

Condución segura

24

9

Aproveitamento

Persoal en servizo activo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

Presencial A Pastoriza (Lugo)

8.6.2021, das 9:00 ás 18.00 h

8.6.2021 17.00 h

Lingua galega

UN21016

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

50

15

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

Teleformación

6.10.2021 ao 21.10.2021

27.10.2021 18.00 h

Portal de idiomas

PI21034

Lingua de signos

30

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal de administración e servizos (PAS) do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Nota: é necesario neste curso dispoñer dun dispositivo co que gravarse

Teleformación

4.6.2021 ao 5.7.2021

5.7.2021 18.00 h

PI21035

Inglés técnico-xurídico para o sector público

20

50

Aproveitamento

Persoal en servizo activo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

Teleformación+
Telepresenza

1.6.2021 ao 6.7.2021
Sesións telepresenza: 8, 15, 22 e 29 de xuño e 6 de xullo, das 16.30 ás19.30 h

8.7.2021 16.30 h