Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 23898

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 29 de abril de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento ED481B e IN606B).

Mediante a Orde do 31 de decembro 2020 (Diario Oficial de Galicia número 17, do 27 de xaneiro de 2021), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación convocaron as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego.

O artigo 15.3 da dita orde indica que a data límite para a sinatura dos contratos, que se establecerá na resolución de adxudicación das axudas, será en todo caso antes do 1 de xuño de 2021, agás para as persoas non comunitarias que poderá ser ata o 31 de agosto de 2021.

Tendo en conta o volume de solicitudes presentadas e a complexidade técnica que implica a avaliación destas solicitudes, que a teñen que realizar persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego alleas aos órganos tramitadores, cómpre modificar a data de sinatura dos contratos establecendo como data límite o 1 de xullo de 2021, agás para as persoas non comunitarias que poderá ser ata o 30 de setembro de 2021. Esta modificación non supón alteración do importe global previsto na convocatoria.

En consecuencia, e no uso das atribucións que temos conferidas,

ACORDAMOS:

Artigo único. Modificación dos artigos 3.1, 15.1, 15.3 e 18.2 da Orde do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021, que quedan redactados como segue:

O artigo 3.1 queda redactado da seguinte maneira:

«1. Poderanse conceder ata 49 axudas (a previsión inicial é de 40 en universidades do SUG e 9 no resto de entidades beneficiarias), dun máximo de tres anos, que comezarán o 1 de xullo de 2021, sen que en ningún caso poidan superar a duración máxima de tres anos e que non poderán ser obxecto de prórroga».

No artigo 15.1 engádese un segundo parágrafo, que queda redactado da seguinte maneira:

«Ademais, xunto co escrito de aceptación da axuda, as entidades beneficiarias terán que achegar un plan de estadías axustado á nova data de comezo do contrato, no caso das persoas investigadoras cuxo plan de estadías se vexa afectado pola modificación da data de sinatura do contrato».

O artigo 15.3 queda redactado da seguinte maneira:

«3. A data de comezo dos contratos será o 1 de xullo de 2021, agás para as persoas non comunitarias que poderá ser ata o 30 de setembro de 2021».

No artigo 18.2 modifícase o crédito para as anualidades de 2021, 2023 e 2024, que queda da seguinte maneira:

Entidade beneficiaria

Nº axudas

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2021

2022

2023

2024

Total

Universidades do SUG

40

10.20.561B.444.0

1.142.000,00

2.224.000,00

1.714.000,00

572.000,00

5.652.000,00

Demais entidades indicadas no artigo 2.1

5

06.A2.561A.403.0

142.000,00

276.500,00

213.500,00

71.500,00

703.500,00

4

06.A2.561A.481.0

114.200,00

222.400,00

171.400,00

57.200,00

565.200,00

Total outras entidades

256.200,00

498.900,00

384.900,00

128.700,00

1.268.700,00

Total convocatoria

1.398.200,00

2.722.900,00

2.098.900,00

700.700,00

6.920.700,00

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día da súa notificación e publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e

Universidade

P.D. (Orde do 9.2.2021)

Manuel Vila López

Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Francisco Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación
e presidente da Axencia Galega
de Innovación