Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24074

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 340/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 340/2019 deste xulgado do social, seguido contra María Josefa Vázquez Sánchez, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo:

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Pentiluvio, S.L. fronte a María Josefa Vázquez Sánchez e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 790,15 euros, que se incrementará co xuro legal computado desde o 22.3.2019.

Contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

E para que lle sirva de notificación na forma legal a María Josefa Vázquez Sánchez, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza