Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24073

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 349/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 349/2019 deste xulgado do social, seguido contra Jerez Noa Elda, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo:

Que debo admitir e admito integramente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Iván Caamaño Pequeño fronte a Jerez Noa Elda e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.317,81 euros, que se incrementará cos xuros moratorios indicados no fundamento terceiro.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, ou por simple manifestación no momento en que se efectúe a notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación na forma legal a Jerez Noa Elda, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza