Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24578

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021

María Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Data sinatura

Importe €

2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización das obras de conservación e mellora da envolvente no conxunto arquitectónico dos colexios de Fonseca e San Xerome

26.2.2021

410.781,44 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e os concellos de Vilanova de Arousa, Pontecesures, Catoira e Valga para o desenvolvemento do proxecto “Mar de Santiago”

17.3.2021

121.250,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o concello de Arzúa para o proxecto de mellora do núcleo de Ribadiso

5.4.2021

271.210,69 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Arcebispado de Santiago de Compostela para o proxecto de restauración do retablo central de Santa María de Nebra, Porto do Son, A Coruña

8.4.2021

47.884,54 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Discamino de Santiago para a adquisición dun vehículo adaptado

24.4.2021

36.813,92 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para a realización de actividades de dinamización turística na provincia de Ourense

26.4.2021

52.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Aspanaes para traballos de urbanización que se realizarán no contorno do Centro de Día para Persoas con Trastornos de Espectro Autista

27.4.2021

139.709,75 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Galicia Turistic, S.L. para a realización conxunta de actividades de posta en marcha do proxecto Turislab de aceleración de empresas turísticas

27.4.2021

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Ulises Proyect Eventos, S.L. para a celebración do Festival «O Marisquiño XX»

26.4.2021

200.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña para apoio á estrutura e ao funcionamento desta entidade durante o ano 2021

28.4.2021

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo para apoio á estrutura e ao funcionamento desta entidade durante o ano 2021

28.4.2021

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra para apoio á estrutura e ao funcionamento desta entidade durante o ano 2021

28.4.2021

60.000,00 €