Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24539

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 10 de maio de 2021 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2021 e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS303A, BS303F, BS303G e BS303H).

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, a Consellería de Política Social inclúe entre os seus obxectivos o de favorecer a participación da xuventude en actividades deste tipo, e para iso convoca, unha vez máis, a Campaña de verán.

Mediante a oferta da devandita campaña, a Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital.

Como xa ocorreu en 2020, as circunstancias derivadas da crise sanitaria da COVID-19 fan moi necesario poder ofertar un recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas que lles permita beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dun espazo de ocio favorable para as súas emocións e sentimentos. Así, a oferta comprenderá actividades que se levarán a cabo coas adaptacións necesarias en canto a limitacións de ocupación máxima nas instalacións xuvenís ofertadas, reforzo das medidas hixiénico sanitarias e incremento das ratios monitor/participante para unha prestación do servizo máis eficiente e con todas as garantías.

Así mesmo, a Consellería de Política Social, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade, considera pertinente que, ademais das actuacións específicas dirixidas ás persoas con discapacidade, se teñan en conta as necesidades e demandas destas persoas nas políticas e liñas de acción de carácter xeral en calquera dos ámbitos de actuación pública, como é o ámbito de actuación das políticas dirixidas á mocidade galega.

Neste sentido cómpre tamén sinalar que a Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade, que entrou en vigor o 3 de maio de 2008, recoñece no seu artigo 30 o dereito das persoas con discapacidade a participaren, en igualdade de condicións coas demais persoas, nas actividades recreativas e de lecer e tempo libre. Así mesmo, o artigo 7 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, versa exclusivamente sobre o dereito á igualdade das persoas con discapacidade.

Con base nestes criterios, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, acordan integrar na presente convocatoria as necesidades da mocidade galega na ocupación do seu tempo de lecer, de maneira que os/as mozos/as galegos/as con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poidan ter a oportunidade de decidir sobre a modalidade de participación a que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Deste xeito preténdese que a inclusión social das persoas mozas con discapacidade sexa unha realidade, ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade.

Por todo isto,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social oferta a programación de actividades para o ano 2021 que se detalla no anexo I (códigos de procedemento BS303A, BS303F, BS303G e BS303H).

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web http://xuventude.xunta.es/.

Artigo 2. Servizos ofertados

1. A participación na oferta da Campaña de verán 2021 realizarase mediante solicitude individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).

2. As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial que posibilite a participación do/da mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) Material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

g) O transporte desde Santiago de Compostela ou lugar que se sinale como punto de saída ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela, nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas.

3. Sen prexuízo do establecido na letra g) do número 2, a incorporación e a recollida das persoas participantes nos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada nos termos que indique a Consellería de Política Social, a través Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, na páxina web xuventude.xunta.es e antes do inicio da actividade, e de conformidade coas medidas de prevención indicadas polas autoridades sanitarias sobre a COVID-19.

Cando a incorporación aos campamentos e albergues teña lugar fóra de Galicia, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada.

No suposto de abandono da actividade ou expulsión da persoa participante, será responsabilidade das persoas proxenitoras ou titoras legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.

Artigo 3. Participantes

1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas residentes en Galicia nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

2. En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2021, as persoas nacidas no ano 2003 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento, e as persoas nacidas no ano 2012 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.

3. Para ser admitido/a no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin sintomatoloxía compatible coa COVID-19, sen prexuízo da documentación que deberán asinar as persoas proxenitoras ou titoras a que se fai referencia no artigo 8. Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades de auga, é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade no número 5.

4. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento nesta convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.

5. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

a) Facer constar a súa condición no apartado que figura no seu anexo de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisar.

b) Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.

c) Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. A programación de actividades e as características das instalacións de cada campamento poderanse consultar na páxina web de xuventude (http://xuventude.xunta.es/).

En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar. Neste suposto, a persoa menor con discapacidade non poderá participar nas actividades de auga.

As persoas solicitantes con discapacidade que cumpran os requisitos sinalados deben optar, de conformidade co artigo seguinte, polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.

6. As persoas menores en situación de tutela ou garda da Administración e que se atopen en acollemento residencial poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.

7. O incumprimento dos requisitos sinalados neste artigo impedirá a participación da persoa solicitante no campamento.

Artigo 4. Tipos de solicitude e forma de presentación

1. As solicitudes poderán presentarse de forma individual ou múltiple e tramitaranse polo procedemento xeral ou polo procedemento de prazas para inclusión de persoas con discapacidade, de ser o caso, como se indica nos números seguintes.

2. As persoas que presenten unha solicitude individual de prazas deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo II, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303A).

As persoas con discapacidade que presenten a súa solicitude individual a través do procedemento xeral poderán elixir exclusivamente as actividades detalladas no anexo I A (campamentos que se desenvolven en Galicia) e exclúense, por tanto, os campamentos que teñen lugar noutras comunidades autónomas, relacionados no anexo I C.

As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (procedemento BS303G).

3. Poderá presentarse unha solicitude múltiple para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás, tanto no procedemento xeral como no de inclusión. Poderán incluírse na solicitude múltiple as persoas menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar, cuxa situación se equipara á dos/das irmás/as.

Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que pidan idéntica instalación, quenda e actividade (mesmo código). Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma solicitude deben cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións e quendas solicitadas.

As persoas que presenten unha solicitude múltiple deben empregar o formulario que se incorpora como anexo III, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303F).

As persoas con discapacidade que presenten a súa solicitude múltiple a través do procedemento xeral poderán elixir exclusivamente as actividades detalladas no anexo I A (campamentos que se desenvolven en Galicia) e exclúense, por tanto, os campamentos que teñen lugar noutras comunidades autónomas, relacionados no anexo I C.

As persoas con discapacidade que presenten unha solicitude múltiple e opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo V (procedemento BS303H).

Cando se trate dunha persoa sen discapacidade que teña irmáns/ás con discapacidade e queiran presentar unha solicitude múltiple, só o poderán facer polo procedemento xeral, para as actividades do anexo I A e en ningún caso unha persoa sen discapacidade poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión.

O incumprimento do disposto neste número por unha das persoas participantes suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma solicitude.

Estas solicitudes múltiples teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación da praza e para xerar as listas de espera. Non obstante, no momento das adxudicacións desde a lista de espera, teranse en conta como solicitudes individuais.

4. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

5. Os anexos de solicitude deben ser cubertos de acordo co seguinte réxime:

a) Cada mozo/a só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I, alíneas A , B e C.

b) Os datos da persoa solicitante deben ser os do/da mozo/a que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples, deberán cubrirse os datos de todos os/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.

c) As solicitudes deberanas asinar as persoas proxenitoras ou titoras dos/das menores solicitantes.

d) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, por tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.

e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á inadmisión de ambas, e a persoa solicitante quedará fóra do sorteo.

6. A persoa interesada deberá comprobar na páxina web http://xuventude.xunta.es/ a correcta mecanización da súa solicitude, co fin de emendar os erros detectados. Nesa páxina aparecerá unha ligazón para consultar o número de expediente asignado á persoa menor solicitante e os datos da solicitude. Para ter acceso a estes deberase incluír o número do DNI da persoa proxenitora ou titora que cubriu a solicitude, así como a data de caducidade dese DNI. Se as persoas interesadas detectan algún erro nos datos mecanizados ou non atopan a solicitude, deben chamar a calquera dos números de teléfono que aparecen no anexo IX. A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días hábiles antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día, non procederá reclamación ningunha.

7. A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Artigo 5. Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 6. Adxudicación de prazas

A adxudicación das prazas, tanto no procedemento xeral como no de prazas reservadas para inclusión, realizarase da seguinte forma:

a) Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

b) Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Efectuaranse dous sorteos independentes segundo o procedemento por que se solicite (o xeral ou o de prazas reservadas para inclusión).

Neste caso o sorteo realizarase ante notario/a. O día de realización do sorteo anunciarase na páxina web de Xuventude (http://xuventude.xunta.es/), e terá lugar ás 12.00 horas dese día na sala de prensa da Consellería de Política Social, sita na terceira planta das dependencias da devandita consellería no edificio administrativo de San Lázaro en Santiago de Compostela.

Mediante este sorteo cubriranse as prazas nas distintas actividades que especifica o anexo I, alíneas A, B e C.

Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha das actividades. Incluirase cada participante unicamente nunha lista de espera para un campamento concreto de entre os que solicitou entre as cinco quendas ou actividades. O número de reservas en cada quenda ou actividade será do 50 % das prazas convocadas. Xerarase a lista de espera tanto no sorteo de prazas do procedemento xeral como no específico de prazas reservadas para inclusión.

c) A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado fará pública a resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, coa adxudicación directa ou co resultado do sorteo, incluídas as listas de espera, e confeccionará a correspondente lista de persoas admitidas para cada quenda e actividade.

O resultado do sorteo publicarase na páxina web http://xuventude.xunta.es/ no prazo máximo de 2 meses desde a publicación da convocatoria.

Para os efectos desta publicación e en virtude da normativa de protección de datos persoais, as persoas admitidas virán identificadas exclusivamente polo número de expediente asignado pola aplicación informática de xestión do procedemento. Procederase do mesmo xeito respecto das persoas incluídas nas listas de espera. O número de expediente asignado á persoa menor solicitante poderase consultar conforme se indica no artigo 4.6.

Artigo 7. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro da presente orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, ou seren impugnadas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa. Non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes, se o acto for expreso, a partir do día seguinte ao da súa publicación. Transcorrido este prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, se for o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se produza o acto presunto.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas admitidas deberán presentar no prazo de cinco (5) días hábiles, desde o día seguinte á súa notificación no suposto de adxudicación directa, de ser o caso, ou desde o día seguinte ao da realización do sorteo, preferiblemente por vía electrónica, a seguinte documentación:

a) Xustificación de pagamento.

b) Se a persoa menor non dispuxer de DNI, deberá achegarse a copia do libro de familia.

c) Copia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.

d) Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI).

e) Declaración sobre a autorización para a captación de imaxes (anexo VII).

f) Declaración responsable de que sabe nadar, nos termos do artigo 3.3, conforme o modelo que se publicará na páxina web xuventude.xunta.es.

g) Declaración responsable sobre a COVID-19, conforme o modelo que se publicará na páxina web xuventude.xunta.es.

2. No caso de persoas con discapacidade, ademais:

a) Certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente, cando os ditos documentos non fosen expedidos nesta comunidade autónoma.

b) Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI), con todas as epígrafes cubertas e a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, se é o caso.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa titular da conta, no caso de solicitude de devolución de cota prevista no artigo 15.

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

b) Título de familia numerosa.

c) Certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental.

d) Carné xove.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Adxudicación de prazas ás listas de espera

1. As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo serán ofrecidas na fase de reservas dos respectivos procedementos, xeral ou de prazas reservadas para inclusión, ás persoas solicitantes que figuran nas listas de espera correspondentes. No caso de que se produzan baixas, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ou o servizo de xuventude correspondente contactarán, seguindo a orde de lista, coas persoas da lista de espera mediante chamada telefónica ao número indicado na solicitude.

Realizaranse 3 chamadas entre as 9.00 e 14.00 horas que serán rexistradas para a constancia da súa realización. De non contactar coa persoa interesada, esta será dada de baixa e chamarase á seguinte na lista de espera.

Unha vez recibida a comunicación e aceptada, na mesma chamada telefónica, a praza ofrecida, deberán presentar a documentación sinalada no artigo 8 nun prazo de dous días hábiles a partir da chamada telefónica. No caso de non presentar a mencionada documentación no prazo indicado, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da lista de espera.

2. A apertura da fase de reservas publicarase na páxina web de Xuventude (http://xuventude.xunta.es/).

Artigo 11. Adxudicación das prazas de resultas

1. As prazas vacantes que non se cubrisen polos procedementos de adxudicación establecidos nos artigos 6 e 10 serán ofertadas na fase de resultas a calquera solicitante que as demande e reúna as condicións e requisitos exixidos nesta orde para participar na convocatoria.

2. Estas prazas estarán expostas na páxina web http://xuventude.xunta.es/, onde se anunciará a apertura da fase de resultas. A oferta de prazas actualizarase en tempo real na páxina web, en función das prazas que vaian quedando dispoñibles.

3. Para solicitar as prazas de resultas, a persoa interesada deberá efectuar a oportuna reserva da praza, no caso de existiren vacantes, por medios electrónicos mediante a presentación dun formulario en liña, conforme se indicará na páxina web xuventude.xunta.es.

As prazas de resultas adxudicaranse por orde de recepción da solicitude.

Se a persoa solicitante figura na lista de espera dalgún campamento, deberá comunicalo na solicitude para, de ser o caso, dala de baixa nesa lista antes da adxudicación da praza solicitada en resultas.

A reserva de praza deberá facerse de maneira individual, para un único solicitante.

No caso de que cada solicitante poida optar a máis dun campamento, en función do ano de nacemento, poderá facer a reserva de, como máximo, tres prazas por orde de preferencia.

4. Unha vez comprobada na aplicación informática a dispoñibilidade da praza solicitada, asignarase esta á persoa interesada e comunicarase mediante correo electrónico ao enderezo indicado na solicitude, que disporá dun prazo máximo de dous días hábiles para presentar a documentación relacionada no artigo 8.

No caso de non aceptar a adxudicación, deberá indicalo contestando o correo electrónico de comunicación da adxudicación, no prazo de dous días.

Para a presentación desta documentación observarase o establecido no artigo 8.3.

Será de aplicación o disposto no artigo 9 en canto á comprobación de datos.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Prezos

1. Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I, alíneas A, B e C, fixados conforme o regulado na Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

2. De conformidade co disposto na Orde do 1 de abril de 2016, os membros de familia que teñan o título de numerosa e os membros de familias monoparentais terán un desconto do 50 % sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I. Neste último caso, para aplicar o desconto deberá acreditarse estar en posesión do certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

3. Así mesmo, conforme o disposto na Orde do 1 de abril de 2016, as persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25 % sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde. Para poder aplicar o desconto, a persoa beneficiaria deberá ser titular do Carné xove, vixente no momento de efectuar o pagamento.

4. Os descontos citados nos puntos anteriores en ningún caso serán acumulables.

Para os efectos da aplicación destes descontos, as persoas solicitantes deberán indicar na súa solicitude, marcando o recadro correspondente do formulario, se teñen ou non o título de familia numerosa, o certificado de familia monoparental ou o Carné xove, para a súa posterior comprobación pola Administración; no caso de que se opoñan a esta comprobación no formulario de solicitude, deberá achegarse a copia do título vixente de familia numerosa, do certificado de familia monoparental ou a do Carné xove, segundo o desconto aplicable.

5. O pagamento da cota efectuarase mediante impreso de autoliquidación e pagamento de taxas e prezos, conforme as indicacións que se publicarán na páxina web xuventude.xunta.es.

Artigo 14. Obrigas das persoas adxudicatarias

As persoas adxudicatarias das prazas están obrigadas:

a) A incorporarse á actividade e regresar polos medios e nos prazos establecidos.

b) A non abandonar a actividade sen o permiso da persoa responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a comparecencia das persoas proxenitoras ou titoras, ou persoa debidamente autorizada por estes/as, e será responsabilidade destes/as o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que por tal causa se ocasionen, tal e como se especifica no artigo 2.3.

c) A respectar as normas establecidas polos equipos de animación, as normas de réxime interior das respectivas instalacións, as relativas ao cumprimento de medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias fronte á COVID-19 e, en xeral, as establecidas pola lexislación vixente na materia. Poderán ser expulsadas do campamento as persoas participantes que non respecten as citadas normas e cando o seu comportamento dificulte ou impida a convivencia.

Artigo 15. Devolución de cota

1. Se unha vez obtida a praza por calquera dos procedementos de adxudicación, directa, por sorteo ou fases de reserva e resultas, e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puider asistir á actividade, só terá dereito á devolución deste nos casos e polas causas seguintes:

a) Renuncia á praza comunicada por escrito sempre e cando solicite a devolución da cantidade aboada polo menos sete días hábiles antes do inicio da actividade.

No caso de prazas adxudicadas en fase de reserva ou de resultas e cando non concorra ningunha das outras causas recollidas neste punto, o prazo para comunicar a renuncia e solicitar a devolución da cota será de 5 días hábiles antes do inicio da actividade, e só se admitirá a devolución de cota cando a data de inicio do campamento permita presentar a solicitude de devolución con esta antelación mínima de cinco días hábiles.

b) Cando, por causas non imputables á persoa interesada, non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade.

c) Cando se produza o ingreso hospitalario ou outra causa médica grave, que afecte a persoa menor e lle impida incorporarse ao campamento, causa que deberá acreditarse con informes médicos e/ou do hospital en que estea ingresada a persoa menor ou, no caso de ter que abandonar a actividade por motivos relacionados coa COVID-19, sempre e cando non teñan transcorrido máis do 50 % dos días de duración do campamento.

d) Por falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata o 2º grao. Esta causa debe estar acreditada con informes médicos e/ou do hospital onde estea ingresado o familiar, ou co certificado de defunción, de ser o caso.

2. Serán denegadas todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas coa antelación mínima sinalada na letra a) do número 1 cando non concorra ningunha das causas recollidas taxativamente no dito número 1.

3. Para estes efectos, as persoas interesadas dispoñen dun modelo normalizado de solicitude de devolución de cota de participación anexo a esta orde (anexo VIII), que se poderá obter na guía de procedementos e servizos, no enderezo electrónico https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos, ou na sede electrónica, no enderezo https://sede.xunta.gal. Estas solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

4. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. As solicitudes de devolución de cota dirixiranse á xefatura territorial da provincia onde se localice a actividade obxecto da solicitude, para a súa resolución pola persoa titular da xefatura territorial, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

No caso de intercambios noutras CC.AA., a solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e será resolta pola persoa titular da dirección xeral.

6. Coa solicitude deberá achegarse a copia do libro de familia e, de ser o caso, os xustificantes sinalados nas letras c) e d).

Disposición derradeira primeira. Habilitación competencial

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde, agás a competencia para resolver as solicitudes de devolución de cota das actividades desenvoltas en Galicia, que se delega na persoa titular da xefatura territorial da provincia onde se localice a actividade obxecto da solicitude.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO I

A. Campamentos de verán 2021-Procedemento xeral

A Coruña

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de nacemento

Importe da praza

Código

Alb. Xuv. Mariña Española

Aventura nas Mariñas

1-8 de xullo

10-11-12

148,00 €

150001

11-18 de xullo

10-11-12

148,00 €

150002

21-28 de xullo

10-11-12

148,00 €

150003

1-8 de agosto

10-11-12

148,00 €

150004

11-18 de agosto

10-11-12

148,00 €

150005

21-28 de agosto

10-11-12

148,00 €

150006

Alb. Xuv. Gandarío

Actividades no mar

1-10 de xullo

06-07-08

193,30 €

150007

15-24 de xullo

04-05-06

193,30 €

150008

29 de xullo-7 de agosto

03-04-05-06

193,30 €

150009

12-21 de agosto

07-08-09

193,30 €

150010

26 de agosto-4 de setembro

06-07-08-09

193,30 €

150011

Creando o meu videoxogo

1-8 de setembro

07-08-09

148,00 €

150012

A vista de paxaro. Primeiros pasos con drons

1-8 de setembro

07-08-09

148,00 €

150013

Adestrando o meu robot

1-8 de setembro

07-08-09

148,00 €

150014

Camp. Xuv. Furelos

Natureza no Camiño

1-10 de xullo

07-08

146,70 €

150015

15-24 de xullo

03-04-05

146,70 €

150016

29 de xullo-7 de agosto

06-07

146,70 €

150017

12-21 de agosto

07-08

146,70 €

150018

26 de agosto-4 de setembro

03-04-05

146,70 €

150019

Camp. Xuv. Virxe de Loreto

Natureza xunto ao mar

1-10 de xullo

06-07

172,50 €

150020

15-24 de xullo

06-07

172,50 €

150021

29 de xullo -7 de agosto

06-07

172,50 €

150022

12-21 de agosto

03-04-05-06

172,50 €

150023

26 de agosto-4 de setembro

03-04-05-06

172,50 €

150024

Camp. Xuv. Espiñeira

Candilexas

1-10 de xullo

09-10

146,70 €

150025

15-24 de xullo

09-10

146,70 €

150026

29 de xullo-7 de agosto

09-10

146,70 €

150027

12-21 de agosto

03-04-05-06

146,70 €

150028

Escola de Agricultura Ecolóxica Vilasantar

Saborea a vida do rural

26 de xullo-2 de agosto

09-10-11-12

148,00 €

150029

3-10 de agosto

09-10-11-12

148,00 €

150030

Granxa Zoo Grixalba

A aldea perdida

1-8 de agosto

09-10-11-12

148,00 €

150031

Aldea do Couto

Un país para pintores e poetas

9-16 de agosto

07-08-09-10-11

148,00 €

150032

Isidro Parga Pondal, ciencia e cultura

17-24 de agosto

07-08-09-10-11

148,00 €

150033

Centro Superior de Hostalaría de Galicia

O sabor do verán

14-21 de agosto

08-09-10-11

148,00 €

150034

22-29 de agosto

08-09-10-11

148,00 €

150035

Albergue Cabana de Bergantiños

Campamento de aventuras

17-26 de xullo

09-10-11-12

185,00 €

150036

Lugo

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de nacemento

Importe da praza

Código

Alb. Xuv. Area

NaturArea: ambiente mariño e náutica

1-10 de xullo

06-07

193,30 €

270001

15-24 de xullo

03-04-05-06

193,30 €

270002

29 de xullo-7 de agosto

06-07

193,30 €

270003

12-21 de agosto

06-07

193,30 €

270004

26 de agosto-4 de setembro

03-04-05-06

193,30 €

270005

Alb. Xuv. Benigno Quiroga

A miña primeira aventura

1-8 de xullo

10-11-12

148,00 €

270006

11-18 de xullo

10-11-12

148,00 €

270007

21-28 de xullo

10-11-12

148,00 €

270008

1-8 de agosto

10-11-12

148,00 €

270009

11-18 de agosto

10-11-12

148,00 €

270010

Camp. Xuv. A Devesa

Multiaventura: ambiente e mar

1-10 de xullo

07-08

146,70 €

270011

Acampada a carón do mar

1-10 de xullo

09-10

146,70 €

270012

Multiaventura: ambiente e mar

15-24 de xullo

07-08

146,70 €

270013

Acampada a carón do mar

15-24 de xullo

09-10

146,70 €

270014

Multiaventura: ambiente e mar

29 de xullo-7 de agosto

07-08

146,70 €

270015

Acampada a carón do mar

29 de xullo-7 de agosto

09-10

146,70 €

270016

Endevésate co mar

12-21 de agosto

08-09-10

146,70 €

270017

Cam. Xuv. Os Chacotes

Multiaventura nos Chacotes

1-10 de xullo

07-08

146,70 €

270018

Aventura-T

15-24 de xullo

03-04-05-06

146,70 €

270019

29 de xullo-7 de agosto

03-04-05-06

146,70 €

270020

Multiaventura nos Chacotes

12-21 de agosto

07-08

146,70 €

270021

Aventura-T

26 de agosto-4 de setembro

03-04-05-06

146,70 €

270022

Concello de Carballedo ou limítrofes

Adventure Camp

1-8 de xullo

10-11-12

148,00 €

270023

11-18 de xullo

10-11-12

148,00 €

270024

21-28 de xullo

06-07-08-09

148,00 €

270025

1-8 de agosto

06-07-08-09

148,00 €

270026

Albergue Municipal Quiroga

Explora o Courel

21-28 de xullo

09-10-11-12

148,00 €

270027

LUG 2

O Musical

11-18 de xullo

03-04-05-06

148,00 €

270028

21-28 de xullo

03-04-05-06

148,00 €

270029

AYCH Tenolóxico

1-8 de agosto

03-04-05-06

148,00 €

270030

11-18 de agosto

03-04-05-06

148,00 €

270031

Ourense

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de nacemento

Importe da praza

Código

Camp. Xuv. Penedos de Xacinto (Entrimo)

Teatro e aventura na natureza

1-10 de xullo

08-09-10-11-12

146,70 €

320001

15-24 de xullo

08-09-10-11-12

146,70 €

320002

29 de xullo-07 de agosto

08-09-10-11-12

146,70 €

320003

12-21 de agosto

08-09-10-11-12

146,70 €

320004

26 de agosto-4 de setembro

08-09-10-11-12

146,70 €

320005

Estación de montaña

Manzaneda

Manzaneda alta montaña

25 de xullo-1 de agosto

09-10-11-12

148,00 €

320006

3-10 de agosto

09-10-11-12

148,00 €

320007

12-19 de agosto

09-10-11-12

148,00 €

320008

21-28 de agosto

06-07-08

148,00 €

320009

30 de agosto-06 de setembro

06-07-08

148,00 €

320010

Albergue Equal

Danza moderna e natureza

1-8 de xullo

10-11-12

148,00 €

320011

11-18 de xullo

10-11-12

148,00 €

320012

Complexo O Corgo

Muíños

Ven explorar con nós

1-8 de agosto

06-07-08-09

148,00 €

320013

Vilariño de Conso

Aventura na montaña

5-14 de xullo

09-10-11-12

185,00 €

320014

Albergue San Xoán de Río

Astronomía e natureza

1-8 de xullo

09-10-11-12

148,00 €

320015

11-18 de xullo

09-10-11-12

148,00 €

320016

Albergue de Bande-Reserva da Biosfera Gerês-Xurés

Eco ciencia-arte

18-25 de xullo

09-10-11-12

148,00 €

320017

Residencia T.L.

O Carballiño

Arte e tecnoloxía

16-23 de xullo

10-11-12

148,00 €

320018

27 de xullo-3 de agosto

10-11-12

148,00 €

320019

Albergue A Fábrica da Luz

Parada de Sil

Descubrindo a Ribeira Sacra

1-8 de xullo

07-08-09-10

148,00 €

320020

9-16 de xullo

07-08-09-10

148,00 €

320021

Pontevedra

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de nacemento

Importe da praza

Código

Alb. Xuv. As Sinas

O mar que imaxinas

1-10 de xullo

06-07

193,30 €

360001

15-24 de xullo

06-07

193,30 €

360002

29 de xullo-7 de agosto

06-07

193,30 €

360003

12-21 de agosto

03-04-05-06

193,30 €

360004

26 de agosto-4 de setembro

03-04-05-06

193,30 €

360005

Camp. Xuv. Pontemaril

Aventura na Natureza

1-10 de xullo

09-10

146,70 €

360006

15-24 de xullo

07-08-09

146,70 €

360007

29 de xullo-7 de agosto

07-08-09

146,70 €

360008

Pequecho aventura

1-8 de xullo

10-11-12

117,36 €

360009

11-18 de xullo

10-11-12

117,36 €

360010

21-28 de xullo

10-11-12

117,36 €

360011

Aventura na Natureza

12-21 de agosto

07-08-09

146,70 €

360012

Camp. Xuv. Illa de Ons

Illa Marabilla

1-8 de xullo

08-09

117,36 €

360013

11-18 de xullo

09-10

117,36 €

360014

21-28 de xullo

07-08

117,36 €

360015

1-8 de agosto

09-10

117,36 €

360016

11-18 de agosto

09-10

117,36 €

360017

21-28 de agosto

08-09

117,36 €

360018

Albergue Municipal Vicente Agulló

Aventura +

17-26 de xullo

09-10-11

185,00 €

360019

Concello de Mondariz-Balneario

Multiaventura

26 de xullo-2 de agosto

03-04-05-06-07

148,00 €

360020

Multideporte

4-11 de agosto

08-09-10-11-12

148,00 €

360021

Multiaventura

13-20 de agosto

03-04-05-06-07

148,00 €

360022

Multideporte

22-29 de agosto

08-09-10-11-12

148,00 €

360023

Granxa Escola-Albergue Tomiño

Aventura na granxa

31 de xullo-7 de agosto

09-10-11-12

148,00 €

360024

21-28 de agosto

05-06-07-08

148,00 €

360025

Residencia T.L. Panxón

Zerowaste

1-8 de xullo

05-06-07

148,00 €

360026

1-8 de setembro

05-06-07

148,00 €

360027

FernvenzAventura-Silleda

Aventura na fervenza

24-31 de xullo

03-04-05-06-07

148,00 €

360028

Centro Edc. ambiental El Kirico (Fornelos de Montes)

Kirico aventura

25 de xullo-1 de agosto

07-08-09-10

148,00 €

360029

B. Campamentos de verán 2021-Prazas reservadas para inclusión

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de nacemento

Importe

praza

Código

A. X. Mariña Española

Aventura nas Mariñas

1-8 de xullo

10-11-12

148,00 €

150001

1-8 de agosto

10-11-12

148,00 €

150004

A.X. Gandarío

Actividades no mar

1-10 de xullo

06-07-08

193,30 €

150007

15-24 de xullo

04-05-06

193,30 €

150008

29 de xullo-7 de agosto

03-04-05-06

193,30 €

150009

12-21 de agosto

07-08-09

193,30 €

150010

26 de agosto-4 de setembro

06-07-08-09

193,30 €

150011

C. X. Espiñeira

Candilexas

1-10 de xullo

09-10

146,70 €

150025

29 de xullo-7 de agosto

09-10

146,70 €

150027

C. X. Os Chacotes

Multiaventura nos Chacotes

1-10 de xullo

07-08

146,70 €

270018

Aventura-T

29 de xullo-7 de agosto

03-04-05-06

146,70 €

270020

A. X. As Sinas

O mar que imaxinas

1-10 de xullo

06-07

193,30 €

360001

15-24 de xullo

06-07

193,30 €

360002

29 de xullo-7 de agosto

06-07

193,30 €

360003

12-21 de agosto

03-04-05-06

193,30 €

360004

26 de agosto-4 de setembro

03-04-05-06

193,30 €

360005

C. X. Pontemaril

Pequecho aventura

1-8 de xullo

10-11-12

117,36 €

360009

11-18 de xullo

10-11-12

117,36 €

360010

21-28 xullo

10-11-12

117,36 €

360011

Aventura na Natureza

1-10 de xullo

09-10

146,70 €

360006

15-24 de xullo

07-08-09

146,70 €

360007

29 de xullo-7 de agosto

07-08-09

146,70 €

360008

12-21 de agosto

07-08-09

146,70 €

360012

C. Campaña de verán 2021-Campamentos noutras comunidades autónomas

Comunidade Autónoma

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de nacemento

Importe da praza

Código

Álava

Albergue Catedral de Vitoria-Gasteiz

Colonia de rock

1-12 de xullo

04-05

284,50 €

500001

Isla de Zuhatza

Náutica

1-11 de agosto

05-06-07

275,13 €

500002

Estremadura

Albergue Sta.María de Guadalupe

(Valencia de Alcántara)

Multiaventura e Portugal

30 de xullo-8 de agosto

06-07

247,50 €

500003

Castela e León

Alb. Xuv. San Martín de Castañeda (Puebla de Sanabria)

Multiaventura e aire libre

21-30 de xullo

07-08

247,50 €

500004

Alb. Xuv. Navarredonda de Gredos

Multiaventura e aire libre

1-10 de agosto

07-08

247,50 €

500005

A Rioxa

Alb. Xuv. Ezcaray

Multiaventura

1-10 de xullo

06-07

247,50 €

500006

Alb. Xuv. Ezcaray

Multiaventura

23 de xullo-3 de agosto

04-05-06

284,50 €

500007

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IX

– Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consellería de Política Social:

Edificio administrativo San Lázaro, s/n, 3º andar, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfonos: 881 99 90 25/881 99 91 94/981 54 52 93/881 99 93 14.

– Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado:

CC Elviña. Rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, 15008 A Coruña,

Teléfonos: 881 88 12 40/881 88 12 38/881 88 12 39.

– Xefatura Territorial de Lugo. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado:

Rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Teléfonos: 982 29 42 24/982 29 45 99.

– Xefatura Territorial de Ourense. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado

Celso Emilio Ferreiro, 27, 32004 Ourense.

Teléfonos: 988 38 61 20/988 38 61 17.

– Xefatura Territorial de Vigo. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado:

Praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo.

Teléfonos: 986 81 70 78/986 81 70 80/986 81 70 79/986 81 77 82.