Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24584

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 7 de maio de 2021 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 28 de novembro de 2019 pola que se regulan as bases para a concesión de quince bolsas de formación práctica en diversas áreas para os anos 2020 e 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981A).

BDNS (Identif.): 484300.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

A Axencia Turismo de Galicia comunicará á actual persoa beneficiaria da bolsa a nova duración, co obxecto de que manifeste por escrito a súa conformidade no prazo de dez días contado desde a recepción da notificación.

No caso de que a persoa beneficiaria manifeste a súa non disposición para a realización total ou parcial da estadía, deberá comunicalo no mesmo prazo á dirección xeral, quen emitirá resolución expresa, autorizando ou denegando as pretensións solicitadas.

A denegación, de ser o caso, dará lugar a unha nova concesión, empregándose a prelación da listaxe de reserva, segundo o disposto no artigo 12 das bases da convocatoria. As persoas adxudicatarias incorporaranse segundo o establecido na dita orde e terán as mesmas obrigas que as persoas candidatas inicialmente seleccionadas.

A renuncia á bolsa dará lugar á perda dos dereitos económicos da parte da bolsa non gozada.

Segundo. Modificación do crédito orzamentario

Habilítase para esta ampliación o importe de vinte e seis mil novecentos vinte e catro euros con sesenta e catro céntimos (26.924,64 €), que se distribuirá do seguinte xeito:

Anualidade 2021:

05.A2.761A.480.0: 10.943,60 €.

05.A2.761A.484.0: 275,00 €.

Anualidade 2022:

05.A2.761A.480.0: 15.321,04 €.

05.A2.761A.484.0: 385,00 €.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2021

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia