Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24468

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

EXTRACTO da Resolución do 6 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas de emerxencia social para o ano 2021 (código de procedemento PR935A).

BDNS (Identif.): 563956.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior, de acordo co establecido no parágrafo seguiente.

Para os efectos desta convocatoria, terán a condición de persoas galegas residentes no exterior aquelas persoas emigrantes que nacesen en Galicia ou ben acrediten que residiron en Galicia de forma continuada durante dez anos, con nacionalidade española, así como tamén os/as seus/súas fillos/as que teñan nacionalidade española e que se encontren vinculados con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).

Excepcionalmente, para o caso de que estas persoas teñan que realizar unha viaxe e non se poidan valer por si mesmas, tamén poderá ser beneficiaria unha persoa acompañante.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar as axudas de emerxencia social para o ano 2021 (código de procedemento PR935A) cuxas bases reguladoras foron publicadas no DOG núm. 58, do 26 de marzo de 2021.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social (código de procedemento administrativo PR935A).

Resolución do 6 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas de emerxencia social para o ano 2021 (código de procedemento PR935A).

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 500.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.0.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de novembro de 2021, ambos incluídos.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2021

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración