Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24470

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e a modernización do sector comercial e artesanal e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código do procedemento CO300C).

Advertidos erros na referida orde, publicada no DOG núm. 83, do martes 4 de maio de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 22332, no artigo 4, no punto 1.2. Intensidade da axuda e investimentos máximos subvencionables, onde di: «A porcentaxe de subvención será o 80 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables:», debe dicir: «A porcentaxe de subvención será o 80 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables, agás a alínea e) que será o 60 %:».