Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24625

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 598/2021).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 598/2021

Xulgado de orixe/autos: DSP despedimento/cesamentos en xeral 378/2020 Xulgado do Social número 6 da Coruña

Recorrente: Jesús Muñiz Rodríguez

Avogada: María Dolores Rodríguez Amoroso

Recorridos: Fogasa, Tepol Seguridad, S.L., Pycseca Seguridad, S.A.

Avogados: letrado de Fogasa, Ana Rodríguez Pérez

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 598/2021 desta sección, seguido por instancia de Jesús Muñiz Rodríguez contra Fogasa, Tepol Seguridad, S.L., Pycseca Seguridad, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por José Luis Muñiz Rodríguez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 6 da Coruña con data do 24 de novembro de 2020 debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co núm. 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao núm. do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, terá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en legal forma a Tepol Seguridad, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza