Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24627

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (398/2018).

Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 398/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Eugenia Fernández Costa contra Pocomaco Mensajeros, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a resolución de data 21.4.2021 en cuxa parte dispositiva consta:

Parte dispositiva

Estímase parcialmente a demanda interposta por María Eugenia Fernández Costa fronte á empresa Pocomaco Mensajeros, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Pocomaco Mensajeros, S.L. a aboar á demandante a cantidade de dous mil oitocentos sesenta e un euros con setenta e tres céntimos de euro (2.861,73 euros), devindicando os xuros moratorios do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes, e fágaselles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pocomaco Mensajeros, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza