Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25814

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 16/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase dar publicidade dos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no primeiro cuadrimestre do ano 2021, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de titulacións de grao e máster universitario oficial da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.

Sen dotación económica

1.3.2021

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas de alumnos/as do máster universitario en lingüística aplicada.

Sen dotación económica

2.3.2021

Convenio de colaboración entre a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega para a publicación do epistolario de Emilia Pardo Bazán.

Sen dotación económica

16.3.2021

Acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega para a realización da exposición Afonso X e Galicia.

81.854,16 €

7.4.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

12.000 €

7.4.2021

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración galega.

Non ten achega do Consello da Cultura Galega

21.4.2021