Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26597

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (recurso de apelación 684/2020).

Eu, M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, fago constar que na peza de apelación 684/2020, dimanante de procedemento ordinario número 201/2019 do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, esta sección ditou sentenza con data do 19 de abril de 2021, desestimando o recurso de apelación interposto por Caixabank, S.A. e confirmando a sentenza ditada en primeira instancia, cuxo texto íntegro se atopa nesta secretaría ao dispor dos interesados.

Contra a sentenza ditada en apelación cabe interpoñer recurso de casación por interese casacional ou, de ser o caso, extraordinario por infracción procesual, no prazo dos 20 días hábiles seguintes á notificación, por medio de escrito con sinatura de letrado e procurador, que se presentará ante esta sección.

Para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Josué Fernández Berges, cuxo domicilio se descoñece, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 26 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza