Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 80, do 29 de abril de 2021, procede facer a oportuna corrección:
Na páxina 21423, onde di Modalidade B (festivais de artes escénicas), letras e), f) e g), onde di:
«e) As compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia teñen que representar, como mínimo, o 60 % do orzamento de contratación profesional artística do festival.
f) O 50 % do total das actuacións profesionais artísticas que se programen deben estar compostas maioritariamente por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade en Galicia, agás no caso daqueles festivais que polas súas características intrínsecas non poidan acadar esta porcentaxe e así se xustifique debidamente na memoria do proxecto.
g) Un mínimo do 30 % das representacións escénicas teñen que ser con entradas de pago, excepto os festivais de rúa».
Debe dicir:
«e) As compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia teñen que representar, como mínimo, o 60 % do orzamento de contratación profesional artística do festival, ou un mínimo do 50 % do total das actuacións profesionais artísticas que se programen deben estar compostas maioritariamente por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade en Galicia, agás no caso daqueles festivais que polas súas características intrínsecas non poidan acadar esta porcentaxe e así se xustifique debidamente na memoria do proxecto.
f) Un mínimo do 30 % das representacións escénicas ten que ser con entradas de pago, excepto os festivais de rúa».