Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29051

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

BDNS (Identif.): 569356.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e empresas, as persoas traballadoras autónomas con dez ou menos persoas traballadoras ou empresas ata vinte e cinco persoas traballadoras que teñan un volume de facturación de ata dous millóns de euros, no exercicio 2020, e que reúnan as condicións establecidas e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, de mais dun 30 % para aquelas que desenvolvan unha actividade económica incluída no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, dun 40 % ou mais, para aquelas que desenvolvan unha actividade económica que non se atope incluída no anexo I Real decreto lei 5/2021.

b) Os demais requisitos establecidos no artigos 6 e 7 desta orde.

Segundo. Obxecto

1. O obxecto deste programa é a concesión dunha axuda económica, financiada con fondos distribuídos polo Goberno de España, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.

2. Serán subvencionables os gastos realizados para:

– O pagamento da débeda a provedores e a outros acredores, financeiros e non financeiros.

– O pagamento da débeda derivada dos custos fixos.

3. Os pagamentos a que se refire o punto anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.

b) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021.

c) Os pagamentos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de € (TR600B), e do Programa III de apoio as persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse cincuenta millóns de euros (50.000.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será do 14 de xuño ao 14 de xullo de 2021, ambos incluídos.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade