Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29054

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

BDNS (Identif.): 569353.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e as empresas, as persoas traballadoras autónomas con máis de dez persoas traballadoras e cun volume de facturación de máis de 2.000.000 de euros no exercicio 2020, ou empresas con mais de vinte e cinco persoas traballadoras que reúnan as condicións establecidas e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, de máis dun 30 % para aquelas que desenvolvan unha actividade económica incluída no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, dun 40 % ou máis, para aquelas que desenvolvan unha actividade económica que non se atope incluída no anexo I Real decreto lei 5/2021.

b) Os demais requisitos establecidos nos artigos 6 e 7 desta orde.

Segundo. Obxecto

1. O obxecto deste programa é a concesión dunha axuda económica, financiada con fondos distribuídos polo Goberno de España, para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.

2. Serán subvencionables os gastos realizados para:

– O pagamento da débeda a provedores e a outros acredores, financeiros e non financeiros.

– O pagamento da débeda derivada dos custos fixos.

3. Os pagamentos a que se refire o punto anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.

b) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.

c) Os pagamentos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de € (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse trinta e catro millóns catrocentos setenta mil oitocentos oitenta euros (34.470.880 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será do 14 de xuño ao 14 de xullo de 2021, ambos incluídos.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade