Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29795

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos

EDICTO de notificación de sentenza (268/2017).

Eu, Sonia María Espiñeira Vilariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos, dou fe de que no procedemento de xuízo verbal número 268/2017 seguido ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Monforte de Lemos, 2 de decembro de 2020.

Vistos por min, Mónica Ferreiro Quintas, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos desta localidade, os autos do xuízo verbal nº 268/2017, sobre reclamación de cantidade, por instancia da Comunidade de Propietarios da rúa Calvo Sotelo nº 80-82 de Monforte de Lemos, asistida pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez, substituída na vista pola Sra. Teijo Figueiras e representada pola procuradora Sra. Franco García, fronte a Antonio Vázquez García, Mónica Vázquez García e Daniel Vázquez García, en rebeldía procesual.

Resolvo:

1º. Admítese a demanda interposta pola Comunidade de Propietarios da rúa Calvo Sotelo nº 80-82 de Monforte de Lemos, representada pola procuradora Sra. Franco García, fronte a Antonio Vázquez García, e condénase o demandado a lle aboar á demandante a cantidade de 3.150,08 euros (3.107,47 € + 42,61 €). Condénase o demandado ao pagamento das custas procesuais.

2º. Rexéitase a demanda interposta pola Comunidade de Propietarios da rúa Calvo Sotelo nº 80-82 de Monforte de Lemos, representada pola procuradora Sra. Franco García, fronte a Mónica Vázquez García e Daniel Vázquez García. Condénase a demandante nas custas causadas ao respecto.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación no termo dos vinte días seguintes ao da súa notificación. Para o cal deberá terse en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual, para a implantación da nova oficina xudicial. Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do paradoiro ignorado dos demandados Antonio Vázquez García, Mónica Vázquez García e Daniel Vázquez García, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Monforte de Lemos, 21 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza