Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de xuño de 2021 pola que se notifica resolución de expediente de caducidade de concesión administrativa no porto de Tragove (Cambados).

Con data do 18 de maio de 2021 a Presidencia de Portos de Galicia, ao abeiro das competencias conferidas polo artigo 12.3.j) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, emite resolución que decreta nesa mesma data a caducidade da concesión administrativa outorgada o 13 de xaneiro de 2004 á empresa Alimentación Projoscar, S.L. con destino á construción dunha planta de engorda de rodaballo no porto de Tragove, Cambados.

A resolución do expediente foi rexeitada no sistema Notifica-gal, non obstante o que se intentou a notificación postal nos últimos domicilios que constan no expediente onde tampouco foi posible a notificación, polo que, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se notifica mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución en que se declara a caducidade emítese pola concorrencia das causas de caducidade previstas na condición xeral do título da concesión 32ª nas súas letras a) e b) a causa de falla de pagamento das taxas por un período superior a un ano e ausencia de actividade.

A declaración de caducidade implica con efectos inmediatos a extinción anticipada do título e a perda das garantías constituídas, así como a reversión a esta Administración gratuítas e libres de cargas das obras e instalacións obxecto da concesión nos termos que se recollen no título da concesión.

Por aplicación do establecido no artigo 91.7 da Lei 6/2017, Portos de Galicia non asumirá ningún tipo de obriga laboral ou económica da persoa titular da concesión, vinculada ou non á actividade obxecto do título extinguido.

Os servizos técnicos competentes de Portos de Galicia realizarán as actuacións precisas que requira a extinción anticipada da concesión administrativa e a formalización da acta de reversión ao dominio público portuario, nun prazo máximo de 3 meses contado desde a notificación da resolución ao interesado agás causa xustificada aceptada por Portos de Galicia.

Antes da data que se sinale para o levantamento da acta de reversión, e de acordo co previsto no artigo 91.1 da Lei 6/2017, senón o houbera feito con anterioridade, o interesado deberá de retirar fora do espazo portuario tódolos materiais, equipos ou elementos que sexan da súa propiedade e que non revertan gratuitamente a Portos de Galicia, sen que as instalacións experimenten quebrantamento ningún; caso de incumprimento a dita retirada efectuaríaa Portos de Galicia de maneira subsidiaria e por conta dos interesados.

Co obxecto do seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central, Praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

A resolución de caducidade que esgota a vía administrativ pode ser obxecto de recurso contencioso-administrativo que deberá de ser interposto nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao da notificación que se teña efectuado á interesada máis arriba sinalado ou, noutro caso, contado desde a publicación desta cédula, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, e tamén pode ser obxecto de recurso potestativo de reposición que se interporá ante esta Presidencia de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia