Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30055

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 4688/2017).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4688/2017, desta sección, seguido por instancia de María Jacaranda de la Fuente Evangelista, contra o Servizo Público de Emprego Estatal e Eurometal Galicia, S.L., sobre desemprego, se recibiu da Sala do Social do Tribunal Supremo sentenza ditada con data do 29 de abril de 2021 pola devandita sala no recurso de casación para a unificación de doutrina número 1731/2018, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

1. Admitir o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto por María Jacaranda de la Fuente Evangelista, representada e asistida polo letrado Luis Ángel Painceira Cortizo.

2. Casar e anular a sentenza ditada o 5 de febreiro de 2018 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de suplicación núm. 4688/2017.

3. Devolver as actuacións á sala de procedencia para que, partindo do contido da presente sentenza, resolva con liberdade de criterio sobre o recurso de suplicación formulado contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, do 26 de abril de 2017, ditada en autos núm. 959/2013, seguidos por instancia de María Jacaranda de la Fuente Evangelista, fronte ao Servizo Público de Emprego Estatal e Eurometal Galicia, S.L., sobre desemprego-sanción de extinción.

4. Non realizar pronunciamento sobre a imposición de custas.

E para que sirva de notificación na forma legal a Eurometal Galicia, S.L, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza