Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 29963

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2021.

Mediante a Orde do 30 de decembro de 2020, da Consellería de Emprego e Igualdade (DOG núm. 20, do 1 de febreiro de 2021), establecéronse as bases reguladoras dos premios á cooperación e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2021.

Nas bases reguladoras establécese que a Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas actuará como tribunal e que a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social resolverá a concesión dos premios, que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez emitida a proposta de concesión dos premios pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión do 26 de maio de 2021, mediante a Resolución da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, do 28 de maio de 2021, aprobouse a concesión dos premios.

Por todo o anterior,

DISPOÑO:

Facer pública a concesión dos premios á cooperación 2021 ás entidades que se indican a continuación:

Premios aos valores cooperativos, a Catro Ventos Editora, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio ao mellor proxecto cooperativo novo, a Cenlitrosmetrocadrado, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio á traxectoria cooperativa, a Productores del Campo de Capela, Sociedade Cooperativa Galega.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social