Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30325

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A).

A disposición adicional sexta da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, autoriza a creación da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) como axencia pública autonómica adscrita á consellería competente en materia de economía, que ten como fins xerais e obxectivos básicos actuar como un instrumento de xestión eficiente no exercicio de funcións relacionadas co impulso da actividade económica asociada ao sector forestal, coa mellora da competitividade e da innovación das empresas do sector e coa coordinación dos centros de investigación en materia forestal.

Nos termos recollidos no artigo 2 do Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos, desde a XERA preténdese incentivar o avance da formación e cualificación do persoal empregado no sector forestal, favorecendo a capacitación profesional e contribuíndo á mellora da produtividade e competitividade das empresas do sector, así como a información/formación sobre actividades coherentes coa conservación do patrimonio natural e a biodiversidade, e coa xestión sustentable dos recursos.

Con este fin, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, está consignado crédito polo importe de 500.000 €, con cargo á aplicación orzamentaria 06.A4.741A.481.0, código de proxecto 2018 00005, para atender as axudas da presente resolución.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Axencia Galega da Industria Forestal e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

1. Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras das axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica da industria forestal, a competitividade, o deseño, a innovación e o desenvolvemento sustentable, en concordancia coa Estratexia de formación e coa Axenda de Impulso da Industria Forestal, e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2021, para o desenvolvemento de proxectos tractores e proxectos singulares (código de procedemento IN501A).

2. A finalidade desta resolución é mellorar e reforzar as habilidades profesionais para incrementar a competitividade e o coñecemento en todas as fases da cadea de valor, así como colaborar coa finalidade das asociacións do sector. Estas axudas teñen como obxectivo estratéxico contribuír a unha concienciación colectiva baseada na percepción da industria forestal como unha industria estratéxica, innovadora, moderna e peza esencial na transición ao novo modelo de economía circular, favorecendo a participación dos axentes clave na divulgación da utilidade da madeira e dos seus produtos derivados.

Artigo 2. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias sempre que, con anterioridade á publicación desta resolución, cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela:

a) As asociacións, organizacións, fundacións de interese galego e entidades sen ánimo de lucro que teñan base asociativa e sexan representativas ou relacionadas coa cadea de valor da industria forestal.

b) As agrupacións empresariais innovadoras (AEI) representativas ou relacionadas coa cadea de valor da industria forestal.

c) Os colexios profesionais cando as actividades subvencionables se correspondan co seu obxecto e cos fins sociais, segundo o disposto nos seus estatutos.

2. Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Estar legalmente constituídas e rexistradas nos rexistros competentes e estar ao día nos deberes referidos ao depósito de documentos e á inscrición de acordos nos devanditos rexistros.

b) Non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma, así como estar ao día nos seus deberes tributarios e coa Seguridade Social.

c) Realizar as actividades obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

d) Ter domicilio social e actividade en Galicia, con data anterior á publicación da presente resolución.

3. As entidades solicitantes poderán concorrer ás axudas de maneira individual ou conxuntamente con outras das sinaladas no parágrafo primeiro deste artigo.

3.1. No caso de proxectos individuais, unicamente poderá presentarse unha solicitude por entidade (ben sexa proxecto tractor ou ben singular). En caso de presentar máis dunha solicitude individual, terase en conta a presentada en último lugar e procederase á inadmisión das restantes presentadas.

3.2. No caso de proxectos conxuntos, non hai límite de presentación de solicitudes por entidade.

Neste caso, todas estas entidades solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento dos deberes que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais, as entidades solicitantes deben compartir polo menos o 80 % das actividades propostas e deberán facer constar os compromisos de execución asumidos por cada unha das entidades solicitantes, así como o importe da subvención que se aplicará por cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poder suficiente para cumprir os deberes que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.

Artigo 3. Actuacións obxecto de apoio

Ao abeiro destas bases reguladoras prevense dúas categorías de apoio:

Proxectos tractores cuxo investimento total subvencionable, tanto para as actividades formativas non regradas como para as actividades divulgativas, terá un mínimo de 15.000 euros e un máximo de 80.000 euros.

Proxectos singulares cuxo investimento total subvencionable, tanto para as actividades formativas non regradas como para as actividades divulgativas, terá un máximo de 15.000 euros.

Artigo 4. Proxectos subvencionables

1. Nos termos desta resolución, tanto no caso de proxectos tractores como singulares, serán subvencionables os proxectos que integren actividades de carácter formativo non regrado, así como actividades de carácter divulgativo que promovan a industria forestal de Galicia como unha industria estratéxica e de futuro.

2. Os proxectos recollerán:

a) A organización de actividades formativas non regradas, tales como cursos ou pílulas formativas relacionados coa industria forestal. En concreto, subvencionaranse exclusivamente as actividades que aborden as seguintes temáticas:

a.1) Formación específica non regrada:

1º. Habilidades e coñecementos na xestión de aproveitamentos madeireiros, na xestión de aproveitamentos non madeireiros tales como a resina (quedan excluídos os alimentarios como fungos, froitos, mel, aromatizantes e medicinais), en tratamentos silvícolas e na utilización de maquinaria forestal.

2º. Habilidades no manexo de maquinaria de primeira transformación, así como do coñecemento dos procesos industriais de serra, secado, clasificación da madeira e tratamentos preventivos e curativos da madeira que contribúan á súa valorización comercial.

3º. Habilidades no manexo de maquinaria de segunda transformación, control numérico CNC, así como no desenvolvemento de proxectos de instalación e amoblamento.

4º. Incorporación do deseño como ferramenta de innovación e diferenciación nos produtos de madeira ao longo de toda a cadea de valor e, en particular, na carpintaría e o moble.

5º. Deseño e cálculo de estruturas de madeira, mecanización, montaxe, así como reparación, rehabilitación e intervencións en estrutura de madeira.

6º. Competencias profesionais para a caracterización e clasificación de madeiras locais.

a.2) Formación non regrada de carácter transversal:

1º. Seguridade e saúde laboral nos procesos da cadea de valor da industria forestal que incorpore as novidades tecnolóxicas da industria e que permita a reciclaxe profesional neste ámbito. Quedan excluídos os cursos de nivel básico establecidos no Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro).

2º. Competencias para o manexo de software e TIC no ámbito da industria forestal.

3º. Habilidades directivas e formación en métodos de xestión, dirección, comercialización e márketing.

4º. Implantación de procesos de certificación forestal (FSC e PEFC), dilixencia debida, así como métodos para monitorizar a orixe e o destino da madeira.

b) Organización de actividades de divulgación: xornadas, conferencias, seminarios, charlas ou visitas instrutivas en colexios, universidades ou outros centros, ou en xeral calquera acción de divulgación sobre a industria forestal. En concreto, subvencionaranse exclusivamente as actividades que aborden as seguintes temáticas:

1º. Difusión das vantaxes ambientais do uso da madeira e da súa contribución á sustentabilidade e á economía circular, así como das ferramentas que facilitan a súa cuantificación e comunicación: análise do ciclo de vida, ecodeseño, etiquetaxes ambientais, etc.

2º. Novos usos da madeira na construción.

3º. Materiais derivados da madeira, as súas últimas innovacións e aplicacións.

4º. Necesidade de certificación (PEFC e FSC) da xestión forestal, implantación da cadea de custodia e dilixencia debida, así como métodos para monitorizar a orixe e o destino da madeira.

5º. Nova demanda de produtos madeireiros: valorización e aproveitamento da biomasa para a produción de enerxía.

6º. O papel da muller na industria forestal: perfís profesionais, impacto e impulso de novas vocacións.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Normas xerais:

a) Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de maneira indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

b) Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de xustificación establecida no artigo 25 destas bases reguladoras. Para os efectos desta resolución considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado pola normativa reguladora da subvención. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior á data de xustificación por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables.

c) Os tributos considéranse gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente e estean directamente relacionados coa actividade subvencionada. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

d) As actividades realizaranse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) No caso dos gastos correspondentes á contratación de docentes, cando o importe do gasto subvencionable supere os 1.000 € (mil euros), a entidade beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación da prestación do servizo ou da entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado número suficiente de entidades que as realicen, presten ou fornezan, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán presentarse na xustificación, ou, de ser o caso, na solicitude da subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa, ou cando non se solicitaron tres ofertas.

f) No caso doutros gastos, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para os contratos menores, a entidade beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación da prestación do servizo ou da entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado número suficiente de entidades que as realicen, presten ou fornezan, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán presentarse na xustificación, ou, de ser o caso, na solicitude da subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

g) Os provedores e os relatores externos contratados non poderán estar vinculados laboralmente coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

h) Os orzamentos e as facturas presentados deben desagregar cada un dos conceptos obxecto de subvención e indicar indubidablemente a actividade á cal se corresponden. En caso de incumprimento deste deber ou no caso de conceptos xenéricos, tales como «outros», o gasto da factura non se considerará subvencionable.

2. Normas específicas para diferentes tipos de gasto.

a) No caso de actividades formativas non regradas, serán subvencionables os gastos correspondentes ás actividades nas que se acredite a asistencia mínima de 10 alumnos (traballadores en activo), xustificada na forma establecida nesta resolución e sempre que polo menos o 70 % do alumnado acredite unha asistencia mínima do 80 % da duración da actividade.

b) No caso de actividades divulgativas, excepto aquelas que teñan un carácter exclusivamente de difusión por medios audiovisuais, serán subvencionables os gastos correspondentes coa condición de que se acredite a asistencia mínima de 20 persoas.

c) En ambos os casos, a) e b), así como no resto de actividades de divulgación, serán subvencionables os custos directos asociados á realización da actividade. Exclusivamente se considerarán custos directos os seguintes:

1º. Recursos humanos:

i) Gastos de persoal propio: o gasto subvencionable calcularase atendendo á duración efectiva da actividade formativa ou de divulgación.

No caso de actividades que non teñan un evento directo asociado (como pode ser a elaboración de vídeos) o gasto subvencionable estimarase segundo a dedicación necesaria para a coordinación da súa execución, e cun máximo de 10 horas.

O importe calcularase segundo os seguintes custos unitarios e baseándose no perfil do traballador asignado:

Perfil

Custo horario

Persoal xestor (xerente, secretario/a...)

23 €/hora

Persoal investigador/profesorado/persoal formador

20 €/hora

Persoal técnico

15 €/hora

Persoal administrativo

11 €/hora

ii) Custos de contratación de relatores externos.

iii) Os gastos por aloxamento e mantemento non superarán os límites seguintes:

Aloxamento

Mantemento

½ día

Día completo

Persoal propio

-

14,11 €

-

Relatores externos

48,95 euros/día

14,11 €

28,21 €

2º. Gastos correspondentes á elaboración de documentación e materiais didácticos, así como á edición de relatorios ou publicacións.

3º. Gastos de desprazamento ao lugar onde se realiza a actividade. No caso de vehículo propio, a contía subvencionable limítase a 0,19 euros por km.

4º. Os gastos de alugamento de edificios, locais, medios audiovisuais e demais materiais que se precisen para levar a cabo a realización das actividades.

5º. Gastos de publicidade para a organización e difusión das actividades subvencionables.

d) Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por cada acción formativa non regrada e divulgativa e xustificaranse os criterios de imputación a esta.

e) Non se subvencionarán custos indirectos, tales como auga, luz, electricidade, etc.

f) Non se subvencionará o desenvolvemento nin o mantemento de páxinas web.

g) Non se subvencionará a adquisición de maquinaria.

h) Non serán subvencionables os gastos realizados en concepto de arrendamento financeiro (leasing), renting ou sistemas similares.

i) Tanto para as actividades divulgativas como formativas non regradas, non serán subvencionables os gastos correspondentes á manutención das persoas asistentes, tales como servizos de comida e pausa-café.

3. No caso de que se obteñan ingresos pola realización das actividades, o gasto subvencionable calcularase minorando o custo real da actividade polos ingresos efectivamente percibidos pola mesma.

4. Así mesmo, deberá respectarse o disposto no artigo 9 sobre compatibilidade e concorrencia con outras axudas.

Artigo 6. Criterios de valoración

1. Para a concesión das axudas realizarase unha avaliación e ordenación en orde decrecente de todos os proxectos incluídos nas solicitudes presentadas, asignándolles a puntuación que corresponda segundo os seguintes criterios de baremación:

a) 20 puntos pola presentación conxunta de solicitudes. Enténdese por presentación conxunta aquela en a que 2 ou máis entidades comparten a organización do 80 % das actividades dun proxecto. O mero feito de presentar un único formulario, con actividades diferenciadas para cada entidade, non se considera presentación conxunta.

b) 20 puntos a proxectos que utilicen un mesmo lema e cancelo (diferente aos recollidos no anexo XV) para promover as actividades realizadas ao amparo da presente convocatoria, co obxecto de maximizar o impacto das iniciativas. Neste caso, os proxectos corresponderanse con solicitudes (ben sexan individuais ou conxuntas) nas que participen polo menos 3 entidades e que estas sexan diferentes. No caso de que haxa entidades que participan en máis dun proxecto, puntuarase sempre que o total de entidades que utiliza o mesmo lema e cancelo sexa maior ou igual a 5.

c) 20 puntos por cada actividade na que participen como docentes: profesorado de universidades, expertos ou expertas de centros de innovación, ou profesionais de recoñecida traxectoria.

Enténdese por participación de profesorado universitario aquel que, na actualidade, imparta na universidade a mesma materia obxecto da actividade, ou a impartira anteriormente por un período superior a 5 anos.

No caso dos centros de innovación, enténdese por expertos ou expertas aqueles que, na actualidade, traballen ou investiguen sobre a mesma materia obxecto da actividade, ou que conten con experiencia anterior por un período superior a 5 anos.

Enténdese por profesionais recoñecidos aqueles cunha traxectoria superior a 5 anos na industria, en postos directamente vinculados á mesma materia obxecto da actividade.

d) 5 puntos por cada actividade na que participe polo menos unha muller como docente ou nun rol principal (entrevistada, protagonista dun vídeo...) diferente ao de presentadora da actividade. Queda excluído o persoal propio.

e) 5 puntos por cada actividade incluída no proxecto en concordancia coa Axenda de Impulso da Industria Forestal.

f) 5 puntos por cada actividade incluída no proxecto en concordancia coa Estratexia de Formación da Industria Forestal e descrita no artigo 4.

g) 5 puntos por cada actividade de formación ou divulgación cuxa temática estea descrita no artigo 4 e resulte nova por non convocarse anteriormente. No anexo XIV recóllense actividades xa realizadas, susceptibles de repetirse e de ser subvencionables, pero que non recibirán a puntuación descrita nesta epígrafe g).

Como excepción, independentemente de que se organizaron previamente, as actividades de seguridade e saúde laboral non figuran no anexo XIV e recibirán sempre a puntuación indicada nesta epígrafe g).

h) 5 puntos por cada actividade de divulgación dirixida exclusivamente a menores de 16 anos.

i) 5 puntos adicionais por cada actividade que empregue a lingua galega nas actividades e/ou nos materiais utilizados nas actividades propostas, tales como trípticos, material didáctico, etc.

j) 5 puntos por cada actividade na que se traduzan a outro idioma (diferente ao galego ou o castelán) os materiais divulgativos desenvolvidos en galego, como vídeos, folletos ou publicacións.

k) 5 puntos por cada edición dunha mesma actividade. Cando unha mesma actividade se replica en distintas localidades ou se repite en datas diferentes (no caso de eventos en liña), a primeira edición puntuarase atendendo á suma dos apartados c), d), e), f), g), h), i), j), segundo corresponda, e as seguintes repeticións valoraranse con 5 puntos.

A puntuación total para cada proxecto será a suma das puntuacións obtidas nas epígrafes a), b), c), d), e), f), g), h), i), j) e k).

2. Como resultado da aplicación dos criterios de valoración obterase unha relación de todas as solicitudes que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, con indicación da puntuación outorgada para as actividades para as que se solicita a subvención, e ordenada e valorada de acordo con ela.

3. O órgano competente para resolver asignará o crédito dispoñible na convocatoria por orde, segundo a listaxe á que se refire o punto anterior, comezando polas solicitudes correspondentes ás actividades que obtivesen a puntuación máis alta e ata o esgotamento do crédito dispoñible.

En caso de empate, resolverase segundo os seguintes criterios:

Primeiro. Proxectos presentados conxuntamente con outras entidades.

Segundo. Proxectos que teñan máis puntos no criterio correspondente ao punto c) relativo á excelencia do profesorado.

Terceiro. Solicitudes de axuda de maior a menor importe.

Artigo 7. Organización e requisitos das actividades

1. As actividades de carácter formativo non regradas deben estar orientadas a profesionais da industria forestal (traballadores en activo).

2. No caso de eventos en liña, deberá utilizarse obrigatoriamente a plataforma ofrecida pola XERA, salvo no caso de actividades xa realizadas con anterioridade á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia

3. Control da asistencia:

a) Actividades formativas non regradas: deberá levar un control diario da asistencia, que será asinado polo alumnado á hora de entrada e saída, así como pola persoa representante da entidade conforme ao anexo X, sen prexuízo do disposto no artigo 26.1.f) para o caso de actividades xa realizadas na data de presentación da solicitude.

No caso de eventos en liña ou mixtos, os asistentes que participen a través da plataforma ofrecida pola XERA non terán que asinar o control de asistencia, aínda que o devandito documento se redactará e asinará igualmente polo representante da entidade conforme ao anexo X.

b) Para as actividades divulgativas, tales como xornadas, conferencias, seminarios, charlas ou visitas a colexios, universidades ou outros centros, ou en xeral calquera acción de divulgación sobre a industria forestal, será suficiente unha certificación do representante da entidade, acompañada, de ser o caso, dos datos de inscrición na actividade.

c) En ambos os casos, será imprescindible recompilar o número de asistentes desagregado por xénero e idade.

Artigo 8. Financiamento

1. As axudas financiaranse con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo á aplicación orzamentaria 06.A4.741A.481.0 no código de proxecto 2018 00005. O orzamento destinado a esta convocatoria do exercicio contable 2021 é de 500.000 euros.

Categoría

Código de proxecto

Aplicación orzamentaria

Orzamento

Proxectos tractores

2018 00005

06.A4.741A.481.0

425.000 €

Proxectos singulares

2018 00005

06.A4.741A.481.0

75.000 €

2. A Axencia Galega da Industria Forestal poderá aumentar o crédito máximo destinado a esta convocatoria cando o aumento veña derivado de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. O incremento de crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, despois da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

4. A distribución de fondos entre as aplicacións orzamentarias sinaladas na táboa anterior é unha previsión que deberá axustarse segundo a evolución da concesión de axudas á vista das solicitudes recibidas, sempre sen incrementar o crédito total.

Artigo 9. Intensidade e compatibilidade das axudas

1. A intensidade máxima da axuda será do 100 % do investimento total subvencionable tanto para as actividades formativas non regradas como para as actividades divulgativas, ata un máximo de 80.000 euros por solicitude e 100.000 euros por persoa beneficiaria.

2. As subvencións reguladas por esta resolución serán compatibles con calquera outra clase de subvencións, axudas ou ingresos obtidos para a mesma finalidade.

3. O importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro desta resolución non poderán ser tal que, illadamente ou en concorrencia con outros ingresos obtidos para a mesma finalidade, coas axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria, no que se incluirán todos os custos directamente derivados dela.

4. O importe máximo das axudas deberá respectar os límites que se establecen nesta resolución.

Artigo 10. Solicitude e prazo de presentación

1. Para poder ser persoa beneficiaria da subvención deberá presentarse unha solicitude dirixida á Axencia Galega da Industria Forestal axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 11 desta resolución. As solicitudes presentaranse co contido mínimo exixido no citado artigo para os efectos de considerarse solicitude completa.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación no DOG desta resolución.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) Declaración responsable de que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

c) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Declaración responsable de estar ao día no pago de deberes por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

f) Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.

g) Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no proxecto para o cal se solicita a axuda.

h) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.

i) Declaración responsable de que ningún dos provedores nin relatores están asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas.

Artigo 11. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán presentar obrigatoriamente coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia dos estatutos da entidade solicitante na que figure o seu obxecto social. Cada entidade presentará a documentación que se indica neste apartado, no caso de solicitudes conxuntas.

b) Certificación do rexistro competente que acredite a súa inscrición nel, así como que están ao día no cumprimento dos deberes referidos ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos devanditos rexistros.

c) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación coa que actúa a persoa que asina a solicitude.

d) Anexo II (pluralidade de solicitantes) para presentar por cada solicitante a maiores do que figura no anexo I, só no caso de solicitudes conxuntas. O devandito anexo II integra, ademais, a autorización á entidade sinalada como representante para a presentación da solicitude en nome do resto.

e) Documento no que se acorde a colaboración entre as entidades solicitantes, a designación da que as representa, as tarefas e os compromisos económicos e/ou materiais asumidos por cada unha delas para a execución das actividades, e o importe da subvención solicitado por cada unha, no caso de solicitudes formuladas conxuntamente por varias entidades.

g) Documentación xustificativa da colaboración na realización das actividades, que inclúa a experiencia e antigüidade do docente na materia para impartir, no caso de actividades nas que participen como docentes profesorado de universidades, expertos ou expertas de centros de innovación, ou profesionais de recoñecida traxectoria.

h) Proxecto no que se recollan as actividades formativas non regradas e de divulgación de cada entidade, que será asinado pola persoa que exerza a representación legal da entidade. Para cada acción ou actividade incluída no índice do proxecto deberá entregarse a seguinte documentación, xunto coa documentación complementaria necesaria, e seguindo a estrutura que se indica a seguir:

1º. Memoria explicativa do proxecto segundo o anexo III (unha soa memoria por solicitude).

2º. Actividades a desenvolver conforme ao anexo IV (cubrir un anexo por cada actividade).

3º. Orzamentos detallados cos gastos e ingresos segundo o anexo V (cubrir un anexo por cada edición).

4º. Certificado de exención do IVE ou da porcentaxe de pro rata, se é o caso.

5º. Orzamento de ingresos para cada unha das actividades realizadas, se é o caso.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario presentar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistema electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vai a presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos establecidos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) Alta no IAE ou certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

c) NIF da entidade solicitante.

d) Certificación de estar ao día nos deberes tributarios coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

e) Certificación de estar ao día nos deberes coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

f) Certificación de estar ao día nos deberes coa Consellería de Facenda.

g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado na solicitude de inicio (anexo I ou II, segundo corresponda), así como enviar os devanditos documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, despois de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento aos deberes de transparencia contidos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a fornecer á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela dos deberes previstos no título da citada lei.

Artigo 14. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

1. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 15. Órganos competentes

1. A dirección da Axencia Galega da Industria Forestal convocará e resolverá as subvencións solicitadas ao abeiro das presentes bases reguladoras, e será o órgano encargado da aplicación do réxime sancionador.

2. A área de Innovación da Axencia Galega da Industria Forestal será a encargada da instrución e do seguimento das subvencións sen prexuízo das funcións de xestión administrativa recoñecidas á Xerencia.

3. A Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal será a encargada da xestión económico-orzamentaria deste programa e do seguimento da súa execución.

Artigo 16. Instrución do procedemento

1. Na fase de instrución realizarase de oficio cantas actuacións sexan necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Requiriráselle aos solicitantes que no prazo máximo de dez días hábiles acheguen a documentación non presentada e no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, os corrixan, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, neste requirimento indicarase que, de non facer o que nel se indica, teráselle por desistido da súa petición, previa notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Expresarase tamén, de forma motivada, a relación de proxectos para os cales non se propón a concesión de subvención, por falta de documentación, por non reunir os requisitos contidos nestas bases ou na normativa de aplicación indicando a causa daquela.

Os expedientes que non cumpran as esixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na que se indicarán as causas da mesma.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á Comisión de Valoración regulada no artigo seguinte para a súa avaliación e valoración en réxime de concorrencia competitiva, conforme aos criterios de adxudicación e valoración previstos nestas bases.

5. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2017.

Artigo 17. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes conforme o procedemento e os criterios establecidos nestas bases reguladoras.

2. A composición da Comisión de Valoración será a seguintes:

a) Presidencia: persoa titular da Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal ou persoa que a substitúa.

b) Tres vocais nomeados pola Axencia Galega da Industria Forestal de entre os seus membros.

c) Secretaría: persoal funcionario da Axencia que actuará con voz, pero sen voto.

3. Os membros da Comisión serán nomeados polo director da Axencia.

4. A Comisión de Valoración elaborará unha relación ordenada de todos os proxectos solicitados que cumpran coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras, con indicación da puntuación outorgada a cada un deles.

De ser o caso, a Comisión elaborará unha lista de agarda coa relación de proxectos aprobados para os cales non se propón a concesión da subvención por esgotamento do orzamento dispoñible. A Xerencia poderá activar a lista de agarda no caso de que algunha persoa beneficiaria renuncie á subvención concedida ou decaia o seu dereito á súa percepción; neste caso os créditos liberados poderán asignarse por orde decrecente de puntuación aos proxectos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto.

5. A Comisión de Valoración emitirá un informe final no que figurarán de forma individualizada e motivada os proxectos para os que se propón a concesión das axudas, con identificación da persoa beneficiaria e a puntuación obtida no proceso de baremación.

Artigo 18. Resolución e recursos

1. Unha vez concluída a instrución, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola Comisión de Valoración ao director da Axencia Galega da Industria Forestal para ditar a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada.

Na proposta de resolución figurarán de maneira individualizada as solicitudes propostas para obter a subvención e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos nestas bases reguladoras. Sinalarase, así mesmo, o importe da subvención para cada unha delas ou, se é o caso, a causa de denegación.

No expediente de concesión de subvencións tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as persoas beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

2. Á vista da proposta e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao non ser tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, e logo da fiscalización preceptiva do expediente, o director da Axencia Galega da Industria Forestal ditará as correspondentes resolucións definitivas de concesión ou denegación, que serán motivadas de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen ditarse resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Notificada a resolución de concesión da axuda, as persoas beneficiarias disporán dun prazo de dez días hábiles para comunicar a aceptación ou renuncia á subvención segundo o anexo VI. Transcorrido o prazo sen que se producira manifestación expresa en contrario, entenderase tacitamente aceptada.

No caso de renuncia á subvención por algunha das persoas beneficiarias, o órgano concedente acordará, sen necesidade dunha nova convocatoria, a concesión da subvención ao solicitante ou solicitantes seguintes a aquel en orde da súa puntuación, coa condición de que coa renuncia por parte dalgunha das persoas beneficiarias, se liberase crédito suficiente para atender polo menos unha das solicitudes aprobadas e denegadas por insuficiencia de crédito.

Presentar a renuncia ás axudas fóra do devandito prazo ou non presentar a renuncia nos casos de inexecución total do proxecto subvencionado suporá que a entidade non poderá solicitar axudas para os investimentos recollidos nesta resolución nas dúas seguintes convocatorias.

5. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fóra expresa, ou en calquera momento contado desde o día seguinte no que se produzan os efectos do silencio administrativo ante o presidente da Axencia Galega da Industria Forestal segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 19. Modificación da resolución

1. Se no transcurso da tramitación do expediente de axudas o solicitante precisase introducir modificacións ao proxecto, solicitará autorización da Axencia Galega da Industria Forestal, xustificando as razóns do cambio e acompañando a oportuna actualización do expediente que contemple as variacións das actividades previstas no proxecto orixinal. O prazo para solicitar a modificación da resolución será ata un (1) mes anterior á finalización do prazo para a xustificación dos investimentos. Poderanse modificar as resolucións individuais de axuda, sempre que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas, sen que poida supoñer discriminación a terceiros e que non supoña a modificación da puntuación conseguida pola aplicación dos criterios de selección.

2. A solicitude de modificación debe formulala a persoa que exerza a representación legal da entidade beneficiaria, na forma sinalada no artigo 10, expresando os motivos e os cambios que se propoñen.

3. A modificación realizarase mediante resolución da Dirección da Axencia Galega da Industria Forestal, previa instrución do correspondente expediente de modificación e proposta motivada da Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle á persoa interesada.

4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión seguindo o principio de proporcionalidade ao que se refire o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter a súa dirección electrónica habilitada única a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear a indicada dirección, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas do seu deber de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 21. Pagos anticipados e pagos a conta

A persoa beneficiaria da subvención no momento de presentación da solicitude poderá solicitar un pago anticipado do 50 % da subvención concedida sempre que non se supere a anualidade prevista para cada exercicio orzamentario.

Así mesmo, realizaranse pagos a conta, igualmente a solicitude dos interesados, de ata un 80 % da porcentaxe subvencionada, correspondentes aos pagos xustificados.

O importe conxunto dos pagos a conta e dos pagos anticipados que no seu caso se concedesen non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagos xustificados.

Tanto os pagos anticipados como os pagos a conta estarán exentos da constitución de garantías conforme dispón o artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Execución das actividades

1. As actuacións subvencionadas deben executarse nas condicións descritas no proxecto a que se refire o artigo 11, sen prexuízo do sinalado no artigo 19.

2. A realización das actividades será responsabilidade exclusiva das entidades solicitantes, ben que a Axencia debe estar informada puntualmente e con suficiente antelación das circunstancias concretas da execución e reserva para si o dereito de solicitar a información complementaria que considere oportuna, así como a comprobación de calquera aspecto relacionado con elas.

3. Con carácter previo á realización de actividades divulgativas ou formativas para as que se concedeu a subvención (excluíndo aquelas que xa fosen realizadas con anterioridade á notificación da resolución de concesión), a entidade beneficiaria deberá poñer en coñecemento da Axencia Galega da Industria Forestal os datos que se indican no anexo VII cunha antelación mínima de sete días hábiles ao seu inicio, no caso de actividades formativas, e de tres días hábiles no caso de actividades divulgativas.

4. De todo o material e documentación obxecto de financiamento pola Axencia Galega da Industria Forestal, esta poderá facer uso coa finalidade de fomento e promoción en toda a comunidade autónoma.

Artigo 23. Subcontratación

Autorízase a subcontratación con terceiros das tarefas de organización das actividades coas condicións e requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 24. Deberes das entidades beneficiarias

1. Son deberes das entidades beneficiarias das axudas e subvencións as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en especial, as seguintes:

a) Realizar as actividades que fundamenta a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención.

c) Estar ao día nos seus deberes tributarios estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pago ningunha débeda, por ningún concepto coa Administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e a realizar a proposta de pago da subvención.

d) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e deberes asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionables. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o idóneo exercicio das facultades de comprobación e control. Salvo que non proceda polo tipo de entidade, as entidades beneficiarias teñen o deber de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable acomodado para os gastos obxecto da subvención.

f) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Axencia Galega da Industria Forestal, nos termos establecidos na normativa vixente sobre actividades de información e publicidade e demais normativa aplicable.

As medidas de difusión consistirán en lendas relativas ao financiamento público en carteis, materiais impresos, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben mencións realizadas en medios de comunicación e nas redes sociais, seguindo o modelo que figura no anexo XV. Para aquelas actividades para as que se solicita subvención e que foron realizadas entre o 1 de xaneiro e a data de notificación da resolución de concesión cumprirase así mesmo con este deber nas publicacións posteriores que se fagan relativas ás devanditas actividades.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos competentes, para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pago da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión, para o que presentará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

i) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo ao que fai referencia o artigo 9 desta resolución.

j) Comunicarlle ao órgano que conceda a axuda calquera modificación das condicións tidas en conta no momento da concesión, así como os compromisos e deberes asumidos pola entidade beneficiaria.

k) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos contemplados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O incumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como atoparse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda de dereito á axuda.

Artigo 25. Xustificación e pago

1. O prazo máximo para presentar a xustificación das actividades subvencionables será o 16 de novembro de 2021.

2. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Axencia Galega da Industria Forestal, antes de proceder ao seu pago, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento das actuacións subvencionadas.

3. Para cobrar a subvención concedida, as entidades beneficiarias deberán presentar electronicamente unha solicitude de pago en función das actividades xustificadas mediante o modelo normalizado do anexo XII, acompañada da documentación sinalada no artigo seguinte. A numeración das actividades que figuran neste anexo seguirá a mesma orde que a indicada no anexo IV.

4. As solicitudes de pago e a documentación xustificativa da subvención presentaranse no prazo fixado nesta resolución e cumprindo co recollido nos artigos 28 e 29 da Lei 9/20017, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen ter presentada esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá á entidade beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito á cobranza da axuda, e se fose o caso, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas, e poderá supoñer a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá ao beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

6. Para os efectos da xustificación, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de xustificación sinalado na convocatoria. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagos deban efectuarse nun momento posterior por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto (factura ou documento equivalente) en que se reflicta o importe da retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación. A entidade beneficiaria quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pago nos dez días seguintes ao final dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario.

7. En todo caso, a forma de xustificación deberá aterse ao previsto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño e no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique mediante documentos bancarios, en que deberán quedar claramente identificadas as persoas ou entidades receptoras e emisoras dos pagos, así como o concepto destes. Non se admitirán pagos en efectivo.

8. A Xerencia da Axencia Galega da industria Forestal analizará a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento e realización da actividade obxecto de subvención e emitirá unha proposta de pago que elevará á Dirección da Axencia, órgano competente para ordenar o pago.

9. O pago efectuarase de forma nominativa a favor das entidades beneficiarias e despois de acreditación dos gastos e pagos realizados, ata o tope máximo da contía concedida como subvención.

10. Se da documentación presentada pola entidade beneficiaria para cada actividade queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pago realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada na devandita actividade.

11. En ningún caso poderá realizarse o pago da subvención mentres as entidades beneficiarias non figuren ao día no cumprimento dos seus deberes tributarios e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pago ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexan debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

Artigo 26. Documentación xustificativa para o pago

1. As entidades beneficiarias deberán presentar, xunto coa solicitude de pago (anexo XII), a documentación xustificativa para acreditar o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, no prazo, termos e na forma que estableza a resolución da concesión e que constará dos seguintes documentos:

a) Memoria resumo da execución do proxecto desagregada por actividades subvencionadas, que inclúa a xustificación da vinculación dos gastos á actividade subvencionada, así como a xustificación dos criterios de imputación, asinada pola persoa que teña a representación da entidade beneficiaria, segundo o anexo VIII.

b) Certificación da relación das facturas e outros documentos xustificativos dos gastos realizados para cada actividade do proxecto, e imputados a ela, conforme ao anexo IX, debidamente asinada pola persoa representante.

Neste anexo, detallaranse os gastos imputados a cada actividade desagregados por gastos de persoal propio da entidade e outros gastos correntes.

As entidades beneficiarias xustificarán os gastos mediante facturas e xustificantes emitidos ao seu nome, conforme os puntos seguintes deste artigo.

c) Copia das facturas ou documentos probatorios de valor equivalente. As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan os deberes de facturación e, en particular, cos seguintes requisitos:

1º. Deben desagregarse por conceptos e indicar a actividade ou as actividades a que se imputan.

2º. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan os deberes de facturación.

3º. Deberán ir identificadas e ordenadas segundo a relación a que se refire a letra b), para o caso de gastos correntes.

d) Copia do xustificante bancario do pagamento pola entidade beneficiaria no cal conste a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, o concepto facturado, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa persoa beneficiaria da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. En todo caso, os xustificantes dos pagamentos deberán ir selados pola entidade financeira.

e) Documentación xustificativa dos gastos de persoal, que consistirá en:

1º. Contrato de traballo e vida laboral do período de realización das actividades correspondentes á persoa contratada.

2º. Partes de traballo asinados pola entidade e a persoa traballadora en que consten as horas dedicadas á actividade subvencionada, con descrición das tarefas realizadas.

f) Relación de persoas asistentes a cada acción, segundo o modelo que figura no anexo X, no caso de actividades formativas non regradas. Este anexo presentarase debidamente asinado por todas as persoas asistentes (salvo no caso de eventos en liña que utilicen a plataforma facilitada pola XERA), coa finalidade de acreditar a asistencia mínima a que se refire o artigo 5.2.a). Tanto nos eventos presenciais como nos que se desenvolvan en liña, a relación de asistentes conterá nome, apelidos, os tres últimos díxitos do DNI, a idade e o número de teléfono.

Para as actividades divulgativas, tanto as xa realizadas antes da presentación da solicitude como as que se vaian realizar con posterioridade, será suficiente a certificación en que o representante da entidade acredite o número de asistentes, así como a asistencia mínima a que fai referencia o artigo 5.2.b).

g) Análise estatística dos asistentes. Independentemente de que sexa unha actividade divulgativa ou formativa, cubrirase a análise estatística segundo o anexo XI que recompila a localidade, o número de asistentes e asistentes desagregados por xénero e idade, entre outros datos.

h) Informe fotográfico acreditativo da concorrencia do número mínimo de asistentes tanto para as actividades de formación como para as de difusión e divulgación.

i) Informe fotográfico acreditativo do cumprimento das medidas de publicidade e difusión recollidas no artigo 24.f) desta resolución.

j) Copia en formato dixital de todos os documentos xerados durante a execución das actividades como, por exemplo, documentos de difusión, materiais entregados, material docente, material audiovisual, reportaxes fotográficas, etc. en que se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citado no artigo 24 destas bases.

k) Documentación acreditativa da repercusión pública das actividades executadas, considerando a presenza nos medios de comunicación e o impacto nas redes sociais.

l) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para as mesmas actividades incluídas no proxecto, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, e declaración de que se manteñen os requisitos para ser persoa beneficiaria, segundo o anexo XIII. Para as solicitudes conxuntas, achegarase un anexo por cada entidade que forme parte da solicitude.

m) Balance provisional de fondos da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada da subvención, no caso de non estar exenta do deber de levar contabilidade.

n) Certificación, emitida polo representante legal, onde se faga constar para cada actividade do proxecto obxecto de subvención que foi de carácter gratuíto ou ben indicar a contía total dos ingresos percibidos por cotas de inscrición dos participantes, ou doutro tipo, para a realización da devandita actividade.

2. Deberá existir unha clara coherencia entre os gastos xustificados e os obxectivos de cada acción subvencionable.

3. No caso de proxectos presentados conxuntamente, a documentación irá asinada polo representante que designasen as entidades interesadas.

Artigo 27. Reintegro e perda de dereito á cobranza da axuda

1. O incumprimento dos deberes contidos nesta resolución, así como das condicións que, se é caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar ao deber de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

2. No caso de condicións referentes á contía ou aos conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 70 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que ese incumprimento é total.

3. Para facer efectiva a devolución a que se refire o parágrafo primeiro tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Son causas de perda do dereito á cobranza ou, se é o caso, de reintegro as seguintes:

a) A falsificación, inexactitude ou omisión dos datos achegados polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade, de tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal a axuda foi concedida.

c) O incumprimento do deber establecido de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables ou outros deberes impostos na resolución de concesión da axuda.

d) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento dos deberes contables, de rexistro ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

e) A obtención de financiamento de distintas orixes ou concorrencia de subvencións por encima do custo das actividades subvencionadas.

f) Calquera das demais causas previstas no Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. O procedemento para declarar a orixe da perda do dereito de cobranza da subvención e para facer efectivo, de ser o caso, o reintegro das cantidades pagadas será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 28. Réxime sancionador

Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 29. Fiscalización e control

1. Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración, a Axencia Galega da Industria Forestal levará a cabo funcións de control, avaliación e seguimento das actuacións.

2. Para realizar as devanditas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á súa disposición para comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados e o cumprimento dos requisitos exixidos nesta resolución e nas demais normas vixentes que resulten de aplicación.

3. A Axencia Galega da Industria Forestal poderá comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para a finalidade da convocatoria e para estes efectos as entidades beneficiarias deberán cumprir os deberes de comprobación que se establezan nesta resolución e na resolución de concesión.

Artigo 30. Definicións

1. Solicitude: conxunto de anexos e documentación complementaria necesarios para tramitar a petición de axuda para a organización de actividades formativas non regradas e divulgación.

2. Tipo de solicitude:

2.1. Solicitude individual se a presenta unha única entidade (artigo 2.3).

2.2. Solicitude conxunta se a presentan varias entidades agrupadas (artigo 2.3).

3. Categoría da solicitude: establécense dúas clases de solicitude, segundo o importe da axuda solicitada:

3.1. Proxectos tractores: aqueles cuxo investimento total subvencionable terá un mínimo de 15.000 euros e un máximo de 80.000 euros (artigo 3).

3.2. Proxectos singulares: aqueles cuxo investimento total subvencionable terá un máximo de 15.000 euros (artigo 3).

4. Proxecto: conxunto de actuacións propostas nunha anualidade e recollidas nunha mesma solicitude.

5. Actividade: cada unha das actuacións propostas, ben sexan cursos, pílulas formativas, xornadas, seminarios, charlas, visitas... que no seu conxunto conforman un proxecto.

6. Edición: cada unha das repeticións dunha mesma actividade, ben sexa porque se organiza nunha localidade diferente ou porque se repite noutra data.

7. Tipo de actividade: formativa ou divulgativa segundo as temáticas específicas recollidas no artigo 4.

8. Modalidade da actividade:

8.1. Modalidade presencial: cando os asistentes se reúnen nunha localización determinada.

8.2. Modalidade en liña, cando a actividade se desenvolve a través dunha rede de telecomunicacións que lles permite a varios interlocutores verse, oírse e compartir información.

8.3. Modalidade mixta: cando, simultaneamente, participa un número de asistentes en modo presencial e unha maior capacidade na modalidade en liña.

8.4. Modalidade sen participación directa: cando, no caso de actividades de divulgación, o público obxectivo non se convoca nun momento determinado, como pode ser o caso das campañas de comunicación, os folletos, contos...

9. Asistentes: no caso de formación non regrada, para efectos de cumprir o mínimo de persoas presentes na actividade (artigo 5, 2.a) só se cuantificarán como participantes na actividade os profesionais en activo.

Artigo 31. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN501A, poderase obter información adicional na Axencia Galega da Industria Forestal, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega da Industria Forestal: www.xera.gal

b) No teléfono 881 99 54 76.

c) O enderezo electrónico: savia.xera@xunta.gal

d) https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

e) Presencialmente na Axencia Galega da Industria Forestal, avda. Fernando de Casas Novoa 38 (San Lázaro), 15781 Santiago de Compostela.

Disposición adicional primeira. Outras regulamentacións

No non previsto nesta resolución observarase o disposto no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións (BDNS)

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición final primeira

Facúltase a Axencia Galega da Industria Forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta resolución.

Disposición final segunda

Esta resolución terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file