Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 27 de maio de 2021 da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Monte da Tella, no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2019/59).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia ese crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galica; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicacións, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Wind Premier Monte da Tella, S.L.U. (CIF: B70595244).

Enderezo social: Praza María Pita, 10, 1º, 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico Monte da Tella.

Municipio afectado/lugar: Concello de Vimianzo.

Potencia a instalar: 4,5 MW.

Núm. de aeroxeradores que se van a instalar: 1 × 4,5 MW de potencia nominal.

Produción neta anual estimada/horas anuais equivalentes: 9.851 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 3.032.860,86 €.

Prazo de execución: 3 meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Monte da Tella

(Vimianzo)

Vértice poligonal

ETRS89 H29

Concello

UTM-X

UTM-Y

1

495.505

4.762.958

Vimianzo

2

495.874

4.762.825

Vimianzo

3

496.004

4.762.846

Vimianzo

4

496.309

4.764.655

Vimianzo

5

495.542

4.764.672

Vimianzo

6

495.580

4.764.072

Vimianzo

7

495.651

4.763.855

Vimianzo

Parque eólico Monte da Tella

(Vimianzo)

Aeroxerador

ETRS89 H29

Concello

UTM-X

UTM-Y

AE 1

495.789

4.764.070

Vimianzo

Parque Eólico Monte da Tella

(Vimianzo)

Centro de control/ seccionamento

ETRS89 H29

Concello

UTM-X

UTM-Y

1

495.800

4.764.087

Vimianzo

Características técnicas básicas das instalacións:

• 1 aeroxerador asíncrono de 4,5 MW de potencia, con velocidade e paso variable, altura ata a buxa de 90 m e un diámetro de rotor de 145 m.

• 1 centro de transformación montado en góndola, de potencia unitaria de 5.500 kVA e relación de transformación de 0,72/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

• Rede eléctrica soterrada a 30 kV composta por:

– 1 circuíto colector con condutor tipo RHZ1 18/30 kV de 1×240 mm2 en sistema trifásico, entre o centro de transformación do aeroxerador e o centro de control e seccionamento do parque eólico.

– 1 circuíto de evacuación, con condutor tipo RHZ1 18/30 kV de 1×240 mm2 en sistema trifásico, entre o centro de control e seccionamento do parque eólico e o centro de seccionamento e control do parque eólico Alto da Croa II (IN661A 2010/4-1).

• Centro de control e seccionamento en envolvente prefabricada que conterá 4 celas coa seguinte configuración: cela servizos auxiliares, cela de entrada liña 1, cela de medida de tensión e cela de protección xeral e saída.

• Rede de terras xeral con condutor Cu-50 mm2, de maneira que as instalacións electromecánicas e o centro de control/colector do parque eólico forman un conxunto equipotencial.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) das instalacións. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (xullo 2019-asdo.19.2.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

1.2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), que figura no anexo que se insire neste acordo.

1.3. Planos individuais dos predios afectadas polo proxecto.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (xullo 2020-asdo.12.2.2021).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (xullo 2019-asdo.19.2.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará ao dispor dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 23), así como no concello de Vimianzo (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón: https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/monte-da-tella

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Coruña, 27 de maio de 2021

Isidoro Martínez Arca
Jefe territorial de A Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Monte da Tella (IN408A 2019/59)
no concello de Vimianzo (A Coruña)

Relación de bens e dereitos afectados

Nº predio

Titular(es)

Datos catastrais

Paraxe

Uso

Nº aeroxer.

Afeccións (m2)

Ocup. temp.

Pol.

Parc.

Pleno dominio

Serv. paso

Serv. voo

Cim.

Plat.

Centro secc.

T. met.

Vieiro

Gabia

Concello de Vimianzo

1

Comunidade Monte Cabral de Baíñas e Val

47

87

Monte do Medio

Piñeiral

AE-1

387

5.746

130

3.458

269

11.690

908

2

Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima

47

1035

Acceso radar

Estrada

33

Afeccións en metros cadrados (m2):

• Superficie de pleno dominio:

Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.

Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.

Centro de seccionamento (Centro secc.): centro de seccionamiento.

Torre meteorolóxica (T. met.): plataforma da torre meteorolóxica.

• Servidume de paso:

Vieiro: dereito de paso polos vieiros en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. Voo).

• Outras afeccións:

Ocupación temporal (Ocup.temp.): ocupación de terreos durante el período de duración das obras. Serve temporalmente como almacén de materiais, montaxe de guindastres, almacén de pas e outros compoñentes dos aeroxeradores, etc.