Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31541

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 10 de xuño de 2021 pola que se lle autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións ao CEDA Profesional Danza 10 Studio, na Coruña.

A representación da titularidade do CEDA (Centro Autorizado de Danza) Profesional Danza 10 Studio solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións da rúa José María Rivera Corral número 1 á rúa Gambrinus número 95, na Coruña.

Conforme a Orde do 28 de febreiro de 2018 (DOG do 21 de marzo) o centro quedou configurado para impartir as ensinanzas elementais de danza (90 postos escolares) e as ensinanzas profesionais de danza (180 postos escolares).

O Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, establece os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas. O Decreto 253/1995, do 29 de setembro, e a Orde do 5 de decembro de 1995 regulan o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, trámites preceptivos iniciados na Xefatura Territorial da Coruña, que achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das devanditas modificacións.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do CEDA Profesional Danza 10 Studio, código 15033095, e autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións da rúa José María Rivera Corral número 1 á rúa Gambrinus número 95, da Coruña.

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade