Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31561

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 11 de xuño de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento TR356A e TR356C).

Mediante a Orde do 31 de decembro de 2020 establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e realizouse a súa convocatoria para o ano 2021 (DOG núm. 29, do 12 de febreiro de 2021).

O artigo 4 da orde establece que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles.

O incremento do crédito, conforme o establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, está condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, procedentes de créditos incorporados do exercicio anterior no mesmo programa e servizo procedentes de fondos finalistas do Estado recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal, e coa finalidade de subvencionar todas as solicitudes que presenten as empresas de inserción e as súas entidades promotoras e, deste xeito, atender o máximo número de solicitudes e de persoas destinatarias finais, procede ampliar o crédito destas axudas.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo 1. Ampliación de crédito

1. Amplíase en 125.000,00 € o crédito consignado no artigo 61 da convocatoria de axudas ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras para o ano 2021, código de proxecto 2015 00561, aplicación orzamentaria 11.04.324C 470.5 para o programa I.

2. O orzamento final das axudas previstas na Orde do 31 de decembro de 2020 para o ano 2021, logo da ampliación, é de 925.000,00 euros, distribuídos do seguinte xeito:

Programa de axudas

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial

1ª ampliación

Crédito final

Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social

11.04.324C 470.5

675.000,00

125.000,00

800.000,00 €

Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social

11.04.324C 470.5

100.000,00

0,00

100.000,00€

11.04.324C 481.5

25.000,00

0,00

25.000,00€

Total

800.000,00

125.000,00

925.000,00€

Artigo 2. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida Orde do 31 de decembro de 2020 para a presentación de solicitudes

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade