De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:
Resolución do 11 de xuño de 2021, da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. S.M.E., M.P. (Tragsa) a realización de actuacións de mellora de seguridade viaria na Raega no ámbito dos Camiños de Santiago.
– Actividade: os traballos que se van realizar baixo a cobertura desta encomenda consistirán na mellora da seguridade viaria na Raega no ámbito dos Camiños de Santiago, mediante a realización dunha serie de actuacións que afectan tanto o tránsito dos usuarios dos camiños como a percepción do peregrino por parte dos usuarios das estradas autonómicas confluentes.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao abeiro do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: dez (10) meses.
– Modalidade de financiamento: esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas para o ano 2021, aplicación orzamentaria 09.A1.512B.610.1.
– Orzamento: 1.420.461,79 €.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2021
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas