A Axencia Galega de Innovación (Gain), dada a súa condición de organismo público de investigación tal e como recolle a Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, poderá contratar persoal investigador en réxime laboral mediante as modalidades contractuais recollidas na Lei 14/2011, do 1 de xuño, de ciencia, tecnoloxía e innovación.
Mediante a Resolución do 30 de outubro de 2020 (DOG núm. 20, do 1 de febreiro de 2021) anunciouse a convocatoria de tres prazas de persoal investigador, conforme o establecido no Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador dotado cunha bolsa do ERC, no marco do programa para a xeración, captación, retención e recuperación de talento investigador en Galicia (programa Oportunius).
Finalizado o proceso de selección da praza número 1 correspondente ao dominio ERC CC Físicas e Enxeñaría, e da praza número 2 correspondente ao dominio ERC Ciencias da Vida, de acordo co sinalado nos artigos 12 e seguintes da convocatoria, o tribunal elevou á Dirección da Axencia Galega de Innovación a proposta a favor do aspirante seleccionado.
Por todo iso, en virtude das atribucións do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta dirección
RESOLVE:
Primeiro. Contratar como persoal laboral da Axencia Galega de Innovación, na modalidade de investigador distinguido, as persoas que se indican no anexo.
Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada perante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2021
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Praza número 1.
Dominio ERC de Ciencias Físicas e Enxeñaría: Javier Montenegro García (***6851**).
Praza número 2.
Dominio ERC de Ciencias da Vida: Sara Varela González (***6945**).