Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 28 de xuño de 2021 Páx. 32585

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 21 de xuño de 2021 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 309, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública do 30 de abril de 2021 (BOE do 10 de maio) e resolto pola Resolución do 11 de xuño de 2021, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 214/2020, do 3 de decembro, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan, para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

• Cristina Rollán Salgado, rexistradora de Cangas para o Rexistro de Pontevedra número 1.

• José Luis Pol Domínguez, rexistrador de Arzúa para o Rexistro da Coruña número 4.