Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 28 de xuño de 2021 Páx. 32493

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 22 de xuño de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

Mediante a Orde do 30 de decembro de 2019 (DOG núm. 18, do 28 de xaneiro de 2020) convocáronse para o ano 2020 as axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

A existencia de crédito incorporado do exercicio anterior posibilita o incremento da dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro, tal e como indica o seu artigo 22, que recolle a posibilidade de incrementar a dotación orzamentaria segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

Por circunstancias extraordinarias derivadas da crise sanitaria provocada pola COVID-19, e declarando a conservación dos actos anteriores, faise necesario, con carácter excepcional, proceder ao reaxuste das anualidades para adaptalas ao prazo de execución.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación da dotación orzamentaria

1. Amplíase a dotación orzamentaria determinada na Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, na aplicación orzamentaria 14.04.712B 772.0 (CP 2016 00182) por importe de 2.400.000 euros, nas seguintes anualidades:

– Ano 2021: 240.000 euros.

– Ano 2022: 2.160.000 euros.

2. A dotación orzamentaria por anualidades queda como segue:

a) 14.04.712B 772.0 (CP 2016 00182), para as axudas previstas aos investimentos nas explotacións agrarias:

a. Ano 2021: 5.040.000 euros.

b. Ano 2022: 21.360.000 euros.

b) 14.04.712B 772.0 (CP 2016 00183) para as axudas previstas á primeira instalación de persoas agricultoras mozas:

a. Ano 2021: 8.400.000 euros.

b. Ano 2022: 4.100.000 euros.

c. Ano 2023: 1.500.000 euros.

c) 14.04.712B 772.0 (CP 2016 00185) para as axudas previstas ao desenvolvemento de pequenas explotacións:

a. Ano 2021: 1.800.000 euros.

b. Ano 2022: 1.200.000 euros.

3. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 2. Prazo de solicitudes

A ampliación prevista no artigo 1 desta orde non afecta ao prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 30 de decembro de 2019.

Disposición transitoria única. Modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Esta ampliación orzamentaria está condicionada á aprobación pola Comisión Europea da modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, presentada de conformidade co artigo 11, letra a) do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento e do Consello e enviada o 10 de maio de 2021 a través de SFC2014.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural