Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 28 de xuño de 2021 Páx. 32490

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no Rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo polo que se actualizan as táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.

Visto o texto do Acordo polo que se actualizan as táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia (82001015012009), subscrito entre a representación empresarial Escena Galega e a Agadic e os representantes das organizacións sindicais AAAG, CIG, CC.OO. e UGT, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010.

Segundo. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Acta da xuntanza da Comisión Paritaria do Convenio de actores
e actrices de teatro de Galicia

Con data 14 de decembro de 2020, ás 16.30 horas, reúnense de xeito telemático as persoas abaixo relacionadas:

Representación empresarial:

Juan Rodríguez Santiago (Escena Galega).

Diego Vázquez Meizoso (Escena Galega).

Francisco Javier Núñez Alonso (Agadic).

Representación sindical:

Pedro Pérez Caride (CIG).

Raimundo Méndez García (UGT).

Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).

Alberto Blanco (AAAG).

José Luís López Roca (AAAG).

Francisco Xabier Deive Martínez (AAAG).

O obxecto da presente xuntanza é a actualización e posterior aprobación das táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.

Logo do oportuno debate e exposición de posturas e pareceres por cada unha das representacións presentes na xuntanza, esta comisión acorda:

Primeiro. Actualizar e aprobar as táboas salariais para o ano 2021 do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia, de conformidade coa táboa que se anexa coa presente acta, da cal forma parte.

Segundo. Delegar en Ignacio Bouzada Gil, funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación deste acordo diante da Autoridade Laboral.

Ao non haber máis asuntos que tratar, finaliza a presente xuntanza ás 19.00 horas e asinan a presente acta as persoas asistentes, en proba de conformidade.

2021 | 1 de xaneiro

2021 | 1 de xullo

Suba 7 %

Suba 3 %

Salario mensual

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Protagonista

2.005,99 €

1.671,94 €

2.062,24 €

1.718,81 €

Principal

1.770,00 €

1.462,94 €

1.819,62 €

1.503,96 €

Secundario

1.455,34 €

1.358,44 €

1.496,14 €

1.396,53 €

Elenco

1.296,90 €

1.149,45 €

1.333,26 €

1.181,68 €

Salario bolo

Compañías grupos A e B

Compañías grupos A e B

Protagonista

183,76 €

188,91 €

Principal

165,24 €

169,87 €

Secundario

147,13 €

151,26 €

Elenco

129,89 €

133,53 €

Retribución por gravación

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Protagonista

422,31 €

401,32 €

434,15 €

412,57 €

Principal

380,34 €

359,36 €

391,01 €

369,44 €

Secundario

333,13 €

327,88 €

342,47 €

337,07 €

Elenco

296,40 €

285,91 €

304,71 €

293,93 €

Axudas de custo Galicia

47,03 €

47,03 €

48,34 €

48,34 €