Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construcción a varias instalacións eléctricas no concello de Melón (expediente IN407A 2021/69-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Tui (Pontevedra) polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado nº 2.880 do Coiti Vigo, en maio de 2021, e con visado nº 22100853, do 1.6.2021, do sinalado colexio profesional.

Solicitante: Distribuidora Eléctrica de Melón, S.L.; CIF: B32011173.

Domicilio: rúa Coruña nº 20, 36700 Tui, Pontevedra.

Denominación: LMTA, LMTS e CT Costa do Cuco (Melón).

Situación: concello de Melón (Ourense).

Orzamento: 122.098,22 €.

Características técnicas: reforma da LMTA a 20 kV (expediente nº 3446-AT).

– Perfil I-LMT, entre apoio 0 e apoio 2, cunha lonxitude de 193 m en condutor tipo LA-56, con 2 novos apoios proxectados, metálicos de celosía; ten a súa orixe no apoio proxectado C-3.000/20 (apoio 0), e o seu remate no apoio de celosía existente (apoio 2) (expediente 3446-AT).

– Perfil II-LMT, entre apoio 3 e apoio 5, en condutor tipo LA-56, con 1 novo apoio proxectado (apoio 4) de celosía metálica; ten a súa orixe no apoio existente do expediente 3446-AT, e finaliza no apoio tamén existente do expediente sinalado.

– CT situado en Costa do Cuco (Melón), en caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA de potencia aparente e R/T 20.000/400-230 V, con celas SF6 serie CGCOSMOS, 3 de liñas motorizadas e 1 de protección de fusibles. Con armario de telecontrol (3L). Illante aceite.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 4 de xuño de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense