Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muxía (expediente-e IN407A 2020/55-1).

Expediente-e: IN407A 2020/55-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: subestación Muxía 66/20 kV, nova subestación.

Concello: Muxía.

Feitos:

1. O 13 de marzo de 2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado: subestación Muxía 66/20 kV, nova subestación.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública e publicouse no Diario Oficial de Galicia do 23 de marzo de 2021 e no Boletín Oficial da provincia do 4 de marzo de 2021.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Muxía. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 39.a) do Decreto 230/2021, do 11 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación aplicable neste expediente é a que a seguir se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

SET de distribución Muxía cos seguintes elementos principais:

– 2 trafos de potencia intemperie, trifásico, de baño en aceite, de potencia nominal 15 MVA ONAN, relación de transformación 66/20 kV e grupo de conexión YNyn0.

– Parque de 66 kV en intemperie (HIS) con 2 posicións con interruptor (2 ocos de reserva):

– 2 posicións de trafo (T-I e T-II) contando para cada posición con 1 módulo de illamento híbrido, 3 autoválvulas e 3 illadores de apoio.

– Parque de 20 kV en interior (GIS) con 7 posicións con interruptor e 4 de reserva, e con celas de MT en edificio dedicado:

– 2 posicións/celas blindadas SF6 de trafo (T-I e T-II) contando para cada unha delas con 1 seccionador tripolar de barras, 3 TI, 3 TT e sistema de detección de tensión.

– 3 posicións/celas blindadas SF6 de liña contando para cada unha delas con 1 interruptor automático tripolar de corte en baleiro, 3 TI, 1 trafo toroidal abrible e sistema de detección de tensión. 2 posicións de medida de tensión de barras, simple barra, con 3 TT indutivos.

– 1 posición/cela blindada SF6 de trafo SS.AA, con 1 interruptor rotativo trifásico de corte en baleiro, 1 xogo de fusibles, 1 seccionador de posta á terra de mando manual e 1 sistema de detección de tensión.

– 1 posición/2 celas blindadas SF6 de acoplamento lonxitudinal, con 2 seccionadores tripolares de barras e un interruptor tripolar de corte en baleiro.

– Transformador de servizos auxiliares de 50 kVA e 20.000/420 V. Instalado en edificio dedicado, xunto co cadro de distribución de BT, os cargadores-batería de 125 e 48 V (c.c.) e os equipamentos de comunicacións e telecontrol.

– Rede de terras xeral que abranguerá toda a extensión da SET (excepto edificios) en condutor Cu-120 mm2. As estruturas de soporte da aparellaxe irán con condutor nu Cu-95 mm².

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 1.847.388,80 €.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 4 de xuño de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña