Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 2 de xullo de 2021 Páx. 33958

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde de 4 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 25 de xuño de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG núm. 201, do 5 de outubro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Detectouse un erro por problemas técnicos na listaxe das notas do 1º exercicio que se xerou no proceso informático de corrección, no cal non se tivo en conta a modificación do modelo de respostas respecto da pregunta 140, que pasaba a ser a resposta correcta a B no lugar da A, tal e como figuraba na nota publicada o 15 de marzo na páxina web, polo que se modifica a Resolución do 9 de xuño publicada na páxina web.

Segundo. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas número 14, 131, 135 e 148 do primeiro exercicio deste proceso selectivo. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas número 151, 154, 155 e 158, respectivamente. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións realizadas ao dito exercicio.

Terceiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, o proceso selectivo celebrado o día 13 de abril de 2021 non tivo alegacións por parte do aspirante que se presentou. As alegacións que se presentaron corresponden aos aspirantes que se presentaron no exercicio no día 14 de marzo de 2021. Desestímanse na súa totalidade estas últimas.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtivesen unha puntuación mínima de trinta puntos (30 puntos). Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, por Resolución deste tribunal, do 24 de febreiro de 2021, pola que se dá publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, estableceuse que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes coas mellores puntuacións ata completar o número máximo de 110 aspirantes na quenda de acceso libre, e sempre que se acaden os mínimos fixados para a parte primeira (8 respostas correctas) e segunda (22 respostas correctas) do exercicio, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Quinto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha vez feita a corrección o día 4 de xuño de 2021. Así mesmo, publicar a relación das persoas aspirantes presentadas que non acadaron os mínimos establecidos.

De acordo cos criterios establecidos no punto terceiro, acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 110 aspirantes no conxunto de quendas, fixándose en 84, 75 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1 da convocatoria.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2021

Felipe García Calvo
Presidente do tribunal