Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 2 de xullo de 2021 Páx. 33773

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 16 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2021 (código de procedemento TR807J).

BDNS (Identif.): 572707.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

As asociacións empresariais intersectoriais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 2 de agosto, sobre regulación do dereito de asociación sindical

As organizacións sindicais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2021, da concesión de subvencións pola Consellería de Emprego e Igualdade, Dirección Xeral de Relacións Laborais, mediante o réxime de concorrencia competitiva, co fin de subvencionar a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial (código de procedemento TR807J).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 16 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2021 (código de procedemento TR807J).

Cuarto. Importe

Cóntase cun orzamento de 400.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 2021.11.03.324A.480.6, código de proxecto 2019 00016, que se distribuirá do seguinte xeito: o 50 % para as asociacións empresarias e o 50 % restante para as organizacións sindicais intersectoriais.

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2021

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade