O artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, establece as medallas que, anualmente, se poderán outorgar nas súas distintas categorías.
Tendo en conta o previsto no artigo antes indicado, o Goberno galego ten a vontade de outorgarlle a súa máis alta distinción a quen se indica a seguir.
Polo tanto, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de xullo de dous mil vinte e un,
DISPOÑO:
Conceder a Medalla de Ouro de Galicia:
– Ás persoas implicadas no dispositivo galego de vacinación fronte á COVID-19.
Santiago de Compostela, oito de xullo de dous mil vinte e un
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo