Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 25 de xuño de 2021 pola que se notifica a resolución sobre o recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no procedemento administrativo sancionador con número de referencia 13-03-20-09.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a María Esther Martínez Bugallo e a Carmelo Vilar Durán, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 24 de maio de 2021 acordou estimar o recurso de alzada interposto contra a resolución da Dirección de Portos de Galicia ditada no procedemento administrativo sancionador con número de referencia 13-03-20-09 por motivos formais que derivan da notificación da resolución e sen entrar en consideracións sobre o fondo do asunto, polo que poderá incoarse novo procedemento sancionador baseado nos mesmos feitos en tanto non se produza a prescrición da infracción.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A citada resolución que esgota a vía administrativa, é firme e executiva, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ante, á escolla do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquela o seu domicilio ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, situados no polígono das Fontiñas, praza Europa, 5 A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia