Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35668

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2021 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 106, do 5 de xuño).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), con corrección de erros no DOG núm. 117, do 20 de xuño, e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 16 de xuño de 2021 (DOG núm. 120, do 25 de xuño), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais ou definitivos segundo o disposto na base IV.6 os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día 19 de xullo de 2021.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Destino

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro de destino

Concello

Subgr.

Nivel

Observ.

1

***1506**

Piñeiro Tubío, Xosé Alberte

 

Definitivo

PRC060000115770030

Xefatura Servizo de Protección Civil

PR

S.X. de Planificación e Protección Civil

D.X. de Emerxencias e Interior

Santiago de Compostela

A1, A2

28

Horario especial

2

***9501**

Rodríguez Vázquez, Pablo

11

Provisional

MRC991070132001004

Xefatura Área Técnica I

MR

Servizo de Montes (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1, A2

26

 

3

***7772**

Araújo Fernández, José Manuel

 

Definitivo

MRC995004015560005

Técnico/a Distrito IV

MR

Distrito forestal: IV - Barbanza

Servizos periféricos

Noia

A1, A2

25

 

4

***7922**

Carral Sánchez, Rocío

3

Provisional

MAC991000227001009

Xefatura Sección Caza e Pesca Fluvial

MA

Servizo Provincial de Patrimonio Natural (Lugo)

Servizos periféricos

Lugo

A1, A2

25

 

5

***3266**

Val Mouriño, Diego

19

Provisional

MRC995016036240003

Técnico/a Distrito II

MR

Distrito Forestal: XVI - Deza - Tabeiros

Servizos periféricos

Lalín

A1, A2

25

 

6

***7070**

Casal Pereira, Bran

1

Provisional

MAC040000215770009

Xefatura Área Técnica de Caza

MA

S.X. de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Santiago de Compostela

A1, A2

26

 

7

***4756**

Martínez Paz, Sandra

8

Provisional

MRC030000215770025

Xefatura Sección de Programación

MR

S.X. de Extinción

Dirección Xeral de Defensa do Monte

Santiago de Compostela

A1, A2

25

 

8

***8891**

Barredo Silva, Hugo

20

Provisional

MRC995010227280001

Técnico/a Distrito III

MR

Comarca forestal: Meira

Servizos periféricos

Meira

A1, A2

25