Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35664

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2021 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) e modificado pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 16 de xuño de 2021 (DOG núm. 120, do 25 de xuño), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais ou definitivos segundo o disposto na base IV.6 os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día 19 de xullo de 2021.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Destino

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro de destino

Concello

Subgr.

Niv.

Formación

Observ.

1

***1557**

Gómez Piñeiro, Isaac

 

Definitivo

PRC991000036001175

Xefatura Área Técnica

PR

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A1, A2

26

Coñecementos en protección civil (mérito); para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (r.i.); permiso de conducir B (r.i.)

Horario especial

2

***3218**

Naya Belio, Laura

3

Provisional

IVA100000015770010

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

 

 

3

***8548**

González Martínez, Iván

2

Provisional

IVA100000015770009

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

 

 

4

***2568**

Álvarez Diñeiro, David

1

Provisional

IVA100000015770008

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

 

 

5

***8908**

Cernadas Soto, Jesús Javier

4

Provisional

IVA100000015770012

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

 

 

6

***0062**

Vila Vilariño, María Isabel

5

Provisional

IVA100000015770020

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

 

 

7

***8006**

Martínez Alfonsín, Leticia

8

Provisional

IVA191000036001009

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Pontevedra

A1

26

 

 

8

***6463**

Fernández Añón, Roi

6

Provisional

IVA100000215770115

Xefatura Unidade Técnica de Expropiacións

IV

Área de Planificación e Proxectos

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1, A2

26

 

 

9

***4793**

López Muiña, Sergio

9

Provisional

MAO110000415770035

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade

IGVS / Dirección Xeral do IGVS

Santiago de Compostela

A1

26

Carné de conducir B1 (mérito)