Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 35898

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 106/2021, do 1 de xullo, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello da Baña da franxa de dominio público viario (DPV) da AC-546, puntos quilométricos 6+310 ao 6+460, marxe dereita.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello da Baña solicita a cesión da parcela existente entre a actual AC-546 no seu punto quilométrico 6+310 da marxe dereita e o antigo trazado destas vías que xa foi cedido ao concello. Esta parcela sitúase nas proximidades dos núcleos de Couto-Carballo e Busto e está enmarcada dentro dunha parcela máis ampla con referencia catastral 15007A512090580000JG. O Concello da Baña basea a súa solicitude de cambio de titularidade na necesidade desta parcela para poder construír unha área de servizo para autocaravanas, xa que se atopa no percorrido coñecido como «Final do Camiño» referente ao Camiño de Santiago e correspondente ao treito Santiago de Compostela a Fisterra. A dita parcela conta con accesos de entrada e saída á AC-546 xa feitos. A construción dunha área de servizo para autocaravanas evitaría o depósito ou amoreamento de madeira nela e melloraría a seguridade viaria e a imaxe da vía sen afectar o seu tráfico.

A estrada AC-546 (Negreira-A Pereira (AC-400), cuxa clave anterior era AC-443, pertence á rede primaria básica da Xunta de Galicia e discorre polo municipio da Baña ao longo de 7,9 km. A súa lonxitude total é de 14,58 km. Conta con numerosos restos derivados do seu antigo trazado e das obras de acondicionamento realizadas en 2002. No ano 2008, tras un proceso iniciado polo Concello da Baña, asinouse a acta de entrega ao seu favor de 12 dos referidos treitos antigos. A franxa de terreo cuxa titularidade solicita o Concello da Baña correspóndese cun sobrante de expropiación sen uso, que carece de funcionalidade dentro da Raega.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade da franxa de dominio público viario que se define no artigo 1, sempre e cando estes terreos sexan destinados á área de servizo de autocaravanas como elemento funcional e se incorpore como dominio público viario asociado ao treito antigo da AC-546, xa transferido en 2008, de referencia AC-443-7.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de xullo de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade da franxa de dominio público viario que se delimita neste artigo, condicionado ao seu uso exclusivo como área de servizo de autocaravanas e elemento funcional da vía xa transferida de referencia AC-443-7, a prol do Concello da Baña:

Referencia en acta de entrega de 25.4.2008

Inicio/final do treito xa transferido

ETRS 89 FUSO 29 N

UTM X

UTM Y

AC-443-7

Inicio 6+310 marxe dereita da AC-546

516.850

4.755.072

Final 6+460 marxe dereita da AC-546

516.712

4.755.129

Franxa de dominio público viario para transferir ao Concello da Baña

Nº de vértice

ETRS 89 FUSO 29

Nº vértice

ETRS 89 FUSO 59

UTM X

UTM Y

UTM X

UTM Y

1

516.718,81

4.755.124,14

17

516.812,78

4.755.100,85

2

516.722,89

4.755.125,97

18

516.823,86

4.755.093,60

3

516.727,58

4.755.126,18

19

516.830,08

4.755.089,01

4

516.733,91

4.755.126,18

20

516.834,88

4.755.084,52

5

516.743,09

4.755.125,77

21

516.838,45

4.755.080,54

6

516.752,28

4.755.125,16

22

516.842,02

4.755.072,48

7

516.763,75

4.755.123,93

23

516.841,36

4.755.069,21

8

516.768,50

4.755.122,96

24

516.825,55

4.755.077,28

9

516.773,91

4.755.121,18

25

516.800,56

4.755.090,04

10

516.779,26

4.755.119,39

26

516.795,37

4.755.092,72

11

516.785,69

4.755.117,07

27

516.787,54

4.755.098,25

12

516.789,88

4.755.115,34

28

516.785,72

4.755.102,81

13

516.792,45

4.755.113,65

29

516.769,79

4.755.107,54

14

516.795,16

4.755.110,44

30

516.751,24

4.755.109,25

15

516.802,17

4.755.106,31

31

516.718,41

4.755.122,81

16

516.809,97

4.755.103,86

32

516.717,22

4.755.123,42

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello da Baña deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello da Baña, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do treito de dominio público cedido, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, un de xullo de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade