Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36538

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2021 pola que se modifica a Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A).

O 9 de marzo de 2020 publicouse a Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A).

Na sección 2ª acórdase a convocatoria para os exercicios 2020 e 2021, conforme o disposto no artigo 5 das bases reguladoras.

O artigo 35 da resolución citada dispón no seu punto 2:

«O importe dos fondos previstos entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios de valoración fixados no artigo 20 das bases reguladoras.

E no punto 3:

3. De producirse a ampliación de crédito, publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) e na páxina web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver».

O 4 de marzo de 2021 tivo lugar a comisión de valoración, constituída segundo o disposto nas bases reguladoras, pola que se acorda a proposta de concesión de subvencións tendo en conta o disposto nos artigos 20 e 21 das bases reguladoras. Con base nesta proposta de concesión de subvencións, e en atención á natureza das entidades beneficiarias, realizouse, mediante Resolución de 16 de abril de 2021, a redistribución dos créditos recollidos nas aplicacións orzamentarias ao abeiro do disposto no artigo 35.1 da convocatoria.

Tendo en conta o elevado número de solicitudes de axuda que se recibiron e logo dunha ampliación do crédito orzamentario dispoñible nas partidas destinadas a estas subvencións, de conformidade co disposto no artigo 35.2 da convocatoria, cómpre ampliar o crédito consignado inicialmente, coa finalidade de poder amparar as solicitudes de axuda presentadas, sempre que cumpran co establecido na Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A).

Con base no anterior, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación orzamentaria prevista na Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A), na contía de 454.706,77 €, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

– 04.A1.571A760.0: 246.380,07 €.

– 04.A1.571A781.0: 208.326,70 €.

Segundo. Modificar o número 1 do artigo 35 da Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A), que queda coa seguinte redacción:

«1. As subvencións que se concedan imputaranse ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.781.0

Anualidade 2021

409.852,20 €

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.745.0

Anualidade 2021

59.628,19 €

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.760.0

Anualidade 2021

702.314,75 €

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.744.0

Anualidade 2021

32.911,63 €

Terceiro. A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia con efectos desde o 10 de marzo de 2020.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2021

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia