Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36520

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 2 de xullo de 2021 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2021.

Mediante a Orde do 16 de marzo de 2020 (DOG do 12 de abril), a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2021.

Reunida a comisión prevista no artigo 14 da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co artigo 13 da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de nais e pais do alumnado e ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial relacionadas no anexo I.

Segundo. Excluír as ANPA que figuran no anexo II por non seren dun centro de educación especial.

Terceiro. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán electronicamente, de acordo co establecido no artigo 12 da orde de convocatoria, dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Xestión de Programas Educativos, antes do día 31 de outubro de 2021, a seguinte documentación:

a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas e/ou nóminas e acreditación documental de que se efectuou o seu aboamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.

b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 16 de marzo de 2021 (DOG do 12 de abril) pola que se convocan as axudas para o ano 2021.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa.

Así mesmo, esta orde poderase impugnar potestativamente en reposición no prazo dun mes, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

CIF

Confederación/Federación/ANPA EE

Beneficiario

Concello

Importe (€)

G15115165

Confapa (Confed. Galega ANPAS Centros Públicos)

Confederación

A Coruña

8.886,50

G70416557

Confederación ANPAS galegas

Confederación

Santiago de Compostela

9.034,50

G15042617

Federación provincial ANPAS centros públicos

Federación provincial

A Coruña

5.471,00

G70366588

Federación centros públicos «A Costa da Morte»

Federación provincial

Carballo

2.457,00

G27019140

Fapacel Federación provincial ANPAS centros públicos

Federación provincial

Lugo

2.831,00

G27043389

Fapa Lugo

Federación provincial

Lugo

1.533,00

G32009037

Federación provincial ANPAS centros públicos «As Burgas»

Federación provincial

Ourense

3.381,00

G94202843

Feapa Pontevedra

Federación provincial

Vilagarcía de Arousa

1.643,00

G36020311

Federación provincial ANPAS centros públicos-Fanpa

Federación provincial

Pontevedra

5.097,00

G70222195

Federación centros públicos «Compostela»

Federación provincial

Santiago de Compostela

2.347,00

G36581841

Fesanpas Federación «Estradense»

Federación comarcal

A Estrada

1.270,00

G36743946

Foanpas Federación ANPAS «Olívica»

Federación comarcal

Vigo

2.678,00

G36537900

Federación ANPAS centros públicos «A Gameliña»

Federación comarcal

Cangas

1.292,00

G15984990

ANPA CEE «Ntra. Sra. del Rosario»

ANPA EE

A Coruña

950,00

G15747678

ANPA CEE «Amicos»

ANPA EE

Ribeira

950,00

G15874290

ANPA Colexio Duques de Lugo

ANPA EE

Santiago de Compostela

950,00

G27159425

ANPA CEE «Santa María»

ANPA EE

Lugo

950,00

V36130169

ANPA CEE «Joaquina Sobrino»

ANPA EE

A Guarda

950,00

G36753895

ANPA La Ilusión del Val Miñor

ANPA EE

Nigrán

950,00

G36152262

ANPA CEE Santísimo Cristo del Amor Aceesca

ANPA EE

O Porriño

950,00

G36180768

ANPA CEE «Juan XIII»

ANPA EE

Pontevedra

950,00

G36630614

ANPA CEE «A Menela»

ANPA EE

Vigo

950,00

G36812063

ANPA CEE «Saladino Cortizo»

ANPA EE

Vigo

950,00

G36024941

ANPA CEE «Os Mecos»

ANPA EE

Vilagarcía de Arousa

950,00

G36131027

ANPA CEE de Vilagarcía de Arousa

ANPA EE

Vilagarcía de Arousa

950,00

G70593991

ANPA CEE Ntra. Sra. de Lourdes

ANPA EE

A Coruña

950,00

Anexo II

Nome da ANPA

Concello

Causa de exclusión

ANPA «Camino Real»

Melide

Non ser ANPA de educación especial

ANPA «Colexio Belén»

Ferrol

Non ser ANPA de educación especial