Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36519

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 29 de xuño de 2021 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro) pola que se dispón a publicación do regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da Consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 7 da dita resolución, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia acordou o nomeamento de dous membros suplentes do Pleno do Consello de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo un. Nomear como membros suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, a Armando Iglesias Rodríguez e a Carmen Adela Sabio Sanz en substitución de José Carlos Hurtado Amador e José Plácido Cazón Lamas.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade